Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 1996 Páx. 2.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1996 pola que se anuncia a licitación polo sistema de poxa polo procedemento aberto -trámite de urxencia- das obras que se citan (claves: OH.336.333 e dúas máis).

A) Obra

1 Saneamento de Rozas e Granxa en Sela. (Arbo-Pontevedra)

Clave: OH.336.333

Orzamento: trinta e sete millóns trescentas unha mil duascentas cincuenta e sete pesetas (37.301.257)

Prazo de execucion: 6 meses

Clasificacion: grupo e, subgrupo 1, categoria d

Fianza provisional: 746.025

2 Saneamento de Couto, Coruxa e Cividá en Barcela (Arbo-Pontevedra)

Clave: OH.336.334

Orzamento: vintecatro millóns catrocentas vintecatro mil corenta e cinco pesetas (24.424.045)

Prazo de execución: 6 meses

Clasificacion: grupo e, subgrupo 1, categoria c

Fianza provisional: 488.481

3 Saneamento de Eidos de arriba e Eidos de abaixo en Sela. (Arbo-Pontevedra)

Clave: OH.336.335

Orzamento: trinta e dous millóns cento corenta e nove mil setecentas sesenta e duas pesetas (32.149.762)

Prazo de execución: 6 meses

Clasificación: grupo e, subgrupo 1, categoria d

Fianza provisional: 642.995

(Declaradas urxentes en base o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interés para os licitadores

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se esixen os licitadores

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2º do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente o 4% do presuposto de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposicióon

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se adxunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme ó disposto no A100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións

A apertura das proposicions realizarase pola Mesa de Contratación ás dez horas do décimo día natural que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

O Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

1188