Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 1996 Páx. 2.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación das propostas de resolución, formuladas polo instructor, nos expedientes sancionadores de caza números C-37/1995, C-39/1995 e C-40/1995.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución do procedemento sancionador que se instruén por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza, (BOE nº 82 do 6-4-1970), e mais do seu Regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE nº 76 do 30-3-1971).

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

ANEXO

-Expediente Nº: C-37/1995

Denunciado: Enrique Alonso López

DNI: 76.577.437

Enderezo: Donis-Cervantes; Lugo - 27664.

Feito denunciado: non impedir que un can vague sen control por terreo cinexético especial, en época de veda; feitos ocorridos o día 28-6-95 en Campa Hortigoso (Reserva Nacional de Caza).

Precepto sancionador: artigos 48.1º 18 e 48.2º 1 do Regulamento de caza.

Cualificación: grave.

Sanción: 5.000 ptas. de multa e 1.000 ptas. en sustitución do decomiso dun can.

-Expediente Nº: C-39/1995.

Denunciado: Raul López López

DNI: 34.251.832

Enderezo: Castro de Sobreda, 11 - O Saviñao; Lugo.

Feito denunciado: entrenar cinco cans de caza en época de veda, o día 2-7-95 en Broza-O Saviñao.

Precepto sancionador: artigo 48.2º 25 do Regulamento de caza.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 2.000 ptas. de multa e 5.000 ptas. en sustitución do decomiso de cinco cans.

-Expediente Nº: C-40/1995.

Denunciado: Juncal Sola Beorlegui.

DNI: 18.202.663

Enderezo: Campa da Braña, 1 - Cervantes; Lugo.

Feito denunciado: non impedir que un can vague sen control por terreo cinexético especial; feitos ocorridos o día 8-7-95 en Campa de Feiró (Reserva Nacional de Ancares).

Precepto sancionador: artigos 48.1º 18 e 48.2º 1 do Regulamento de caza.

Cualificación: grave.

Sanción: 5.000 ptas. de multa e 1.000 ptas. en sustitución do decomiso dun can.

En Lugo, 9 de febreiro de 1996.

José Ángel Madarro Río

Instructor

1850