Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 1996 Páx. 2.090

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (308/1995).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela.

Dou fe de que nos autos a que se fai mención se dictou a sentencia que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

«En Santiago de Compostela o vintetrés de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

En nome de El Rei:

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas número 308/1995, dimanante do procedemento seguido por substración, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, Marcial Aut Gallardo como denunciante, con domicilio descoñecido, José Luis Figueras García, como denunciado, con paradoiro descoñecido.

Decido que debo absolver e absolvo do feito orixe destas actuacións ó denunciado José Luis Figueiras García, declarando de oficio as custas desta instancia.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación perante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, período no cal quedarán as actuacións na secretaría a disposición das partes. (O recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal) e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Marcial Aut Gallardo e José Luis Figueiras García, ámbolos dous con paradoiro descoñecido.

Expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Secretario xudicial

Rubricado

933