Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 1996 Páx. 2.085

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1996 pola que se convocan probas selectivas para ingreso na escala auxiliar desta universidade.

Aprobada por Resolución do 10 de agosto de 1995 a oferta de emprego público para 1995 de persoal de administración e servicios da Universidade da Coruña,

Este rectorado, no uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, en relación co artigo 3.2º e) da mesma norma, así como nos estatutos desta universidade, aprobados por Decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17), e co obxecto de atende-las necesidades de persoal funcionario da escala auxiliar, resolve:

Artigo 1º

Convocar probas selectivas para cubrir 66 prazas de funcionarios da escala auxiliar da Universidade da Coruña, grupo D, destinados a realizar tarefas de apoio administrativo no ámbito da administración da universidade.

Do total de prazas convocadas reservaranse 17 prazas para seren cubertas por funcionarios da Universidade da Coruña, pertencentes a corpos ou escalas do grupo E, e dúas prazas para seren cubertas entre persoas con minusvalidez de grao igual ou superior ó 33 por cento, de conformidade co previsto na disposición adicional décimo novena da Lei 30/1984, do 2 de agosto. As prazas non cubertas polas quendas de promoción interna e de minusválidos, acumularanse ás de acceso libre.

As probas selectivas realizaranse con suxeición ás seguintes bases:

Bases da convocatoria

1. Solicitudes

1.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán facelo constar na instancia segundo modelo que figura como anexo IV (impreso que se facilita no rexistro xeral da universidade). Á instancia achegarase focotopia do documento nacional de identidade, acreditándose ademais o pagamento dos dereitos de exame na forma prevista no punto 1.2.

As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

A presentación das solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade da Coruña (Rúa da Maestranza, s/n), ou nas restantes formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

1.2. Os dereitos de exame serán de 5.735 pesetas que se ingresarán, directamente ou mediante transferencia, en calquera das oficinas da Caixa Postal, na conta corrente número 17957982, probas selectivas para ingreso na escala auxiliar, ó nome da Universidade da Coruña. Á solicitude deberá achegárselle o resgardo acreditativo do pagamento dos dereitos de exame, dos que a súa falta determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso o pagamento suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude perante o órgano expresado na base 1.1.

1.3. Os aspirantes que aleguen méritos na fase de concurso deberán acreditalos mediante certificación expedida pola Xerencia da Universidade da Coruña. Esta certificación deberá presentarse unida á solicitude.

1.4. Os aspirantes que concorran ás prazas reservadas para quen teñan a condición legal de minusvalidez deberán formula-la correspondente opción coa declaración expresa de reuniren a condición esixida ó respecto.

1.5 Os aspirantes que padezan algunha discapacidade, poderán indicalo no recadro número 14 da solicitude e solicitar, se é o caso, as posibles adaptacións de tempos e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria, expresándoo no recadro número 15.

1.6. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fagan constar nas súas solicitudes, e poderán unicamente demanda-la súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 1.1. para a presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo, non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada polo tribunal.

2. Requisitos dos candidatos

2.1. Para ser admitido á realización destas probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e menos de sesenta e cinco.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación das solicitudes.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas por sentencia firme.

2.2. Os aspirantes pola quenda de promoción interna deberán ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos no corpo ou escala a que pertenzan.

2.3. Tódolos requisitos deberán posuírse no momento de finaliza-lo prazo de presentación das solicitudes e gozar deles durante o proceso selectivo.

3. Discapacidades

3.1. Para a realización das probas selectivas o tribunal cualificador destas establecerá, para as persoas con minusvalidez que o demandasen na solicitude de admisión, as adaptacións posibles de tempos e medios.

4. Listas de admitidos e excluídos

4.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade dictará resolución, que será publicada no Boletín Oficial del Estado, declarando aprobadas as listas provisionais de aspirantes admitidos e excluídos, que serán feitas públicas no taboleiro de anuncios do Rectorado da Universidade e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol, con mención expresa dos apelidos, nome, documento nacional de identidade e, se é o caso, as causas da exclusión.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación no Boletín Oficial del Estado da referida resolución, para remedia-lo defecto que motivase a exclusión. Transcorrido o dito prazo, o rector dictará resolución declarando aprobada a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, contra a que os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

4.2. O feito de figuraren na lista de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos, cuestión que terán que acreditar no seu momento, de acordo co previsto na base 9.1 desta convocatoria.

5. Sistema selectivo

5.1. O procedemento de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición libre, coa valoración de méritos, exercicios e puntuacións que se especifican no anexo I.

5.2. O programa dos exercicios da fase de oposición é o que figura como anexo II.

6. Tribunal cualificador

6.1. O tribunal cualificador é o que figura como anexo III da presente convocatoria.

6.2. O tribunal na súa constitución, composición e funcionamento aterase ó disposto no Art. 13 do R.D. 364/1995 e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

6.3. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas no número que considere necesario. Así mesmo, tamén poderá dispoñe-la incorporación de funcionarios que colaboren no desenvolvemento dos procesos de selección.

6.4. O tribunal terá a categoría cuarta nas recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño).

7. Calendario das probas

7.1. O lugar e data de comezo dos exercicios será feito público na resolución que aprobe as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos.

7.2. A duración máxima das probas selectivas será dun ano desde a data de publicación da presente convocatoria.

7.3. Desde a total conclusión dun exercicio ou proba ata o comezo do seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 72 horas e máximo de 45 días naturais.

7.4. A orde de actuación dos aspirantes será a que determine a Dirección Xeral da Función Pública da Comunidade Autónoma para o ano en que se realice a proba.

8. Lista de aprobados

8.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará públicas, no lugar ou lugares de celebración dos exercicios e naqueloutros que considere oportuno, as relacións de aspirantes que teñan superasen cada un deles, con indicación da puntuación obtida.

8.2. A lista coa valoración dos méritos da fase de concurso farase pública unha vez celebrado o último exercicio da fase de oposición.

8.3. O tribunal fará pública, na sede do Rectorado na Coruña e do Vicerrectorado do Campus de Ferrol, a lista dos aspirantes que superaron o proceso selectivo, constituída polos opositores que obtivesen maior puntuación nel, de acordo co sistema de puntuación previsto no anexo I. Estas listas serán confeccionadas segundo a orde de puntuación final acadada por cada aspirante, a que en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas. Os opositores que non se encontren incluídos nesta relación terán a consideración de non aptos para tódolos efectos, único extremo acerca do que poderá o tribunal certificar.

8.4. O tribunal elevaralle ó rector a relación definitiva dos aspirantes aprobados pola orde desta puntuación final, na que se especificarán, ademais, as cualificacións das fases de concurso e de oposición, con proposta de que se extenda ó seu favor nomeamento de funcionarios de carreira.

9. Presentación de documentos e nomeamento de funcionarios.

9.1 No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte ó que se fixese pública a relación definitiva de aprobados nas probas selectivas, estes deberán presentar na Xerencia da Universidade da Coruña (Rúa da Maestranza, s/n) os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido para acceder ás probas.

b) Declaración xurada ou promesa de non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

c) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que imposibiliten para o servicio.

d) Certificado dos órganos competentes da Comunidade Autónoma que acredite a condición legal de minusvalidez, se é o caso.

9.2 Cumpridos debidamente polos aspirantes que superaron as probas selectivas os trámites de presentación de documentos, serán nomeados funcionarios de carreira da escala auxiliar da Universidade da Coruña, mediante resolución do Rectorado da Universidade que se publicará no Boletín Oficial del Estado.

Artigo 2º

As presentes probas selectivas axustaranse ó disposto na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia; o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril), que aproba o Regulamento xeral de ingreso de persoal ó servicio da Administración xeral do Estado; o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, (DOG do 25); a Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), os estatutos desta universidade, aprobados por Decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17 de setembro) e as bases desta convocatoria.

Artigo 3º.

A presente convocatoria, as súas bases, e cantos actos administrativos se deriven delas poderán ser impugnados ante a xurisdicción do contencioso administrativo nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 27).

Así mesmo, os interesados poderán interpor recurso ordinario contra os actos do tribunal cualificador perante o rector da Universidade da Coruña, nos termos previstos no artigo 114 e concordantes da mencionada lei.

A Coruña, 13 de febreiro de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO I

Procedemento de selección

Fase de oposición

A) Exercicios

A fase de oposición constará dos tres exercicios que se indican a continuación, salvo para os aspirantes pola quenda de promoción interna que estarán exentos da realización do primeiro exercicio.

1º exercicio: consistirá na realización dun suposto práctico elixido polo aspirante de entre seis propostos polo tribunal, dous por cada unha das materias de xestión universitaria, xestión económica e xestión de persoal, e que poderán incluír tamén cuestións de procedemento administrativo.

2º exercicio: constará de dúas probas:

1ª proba: consistirá na contestación a un cuestionario de preguntas tipo test, proposto polo tribunal, sobre o contido da totalidade do programa do anexo II.

2ª proba: consistirá na realización dunha proba de tratamento de textos (sistema WP.5.1).

3º exercicio: consistirá na traducción de dous textos propostos polo tribunal, un do galego ó castelán e outro do castelán ó galego, sen diccionario.

B). Valoración e tempo de realización dos exercicios

Tódolos exercicios son obrigatorios, e serán eliminatorios os dous primeiros.

O primeiro exercicio será valorado de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos.

Segundo exercicio: a primeira parte valorarase de 0 a 20 puntos, puntuándose negativamente as respostas incorrectas; a segunda parte valorarase de 0 a 10 puntos. A nota final será o resultado da suma das puntuacións obtidas en ambas probas, sendo necesario para supera-lo exercicio obter unha puntuación mínima de 9 puntos.

O terceiro exercicio valorarase de 0 a 3 puntos.

O tempo de realización de cada un dos exercicios será establecido discrecionalmente polo tribunal cualificador.

Naqueles exercicios en que para establece-la puntuación final sexa preciso achegaren por cada un dos membros do tribunal a súa puntuación particular, a dita puntuación obterase coa media aritmética das outorgadas por cada un dos membros do tribunal, debendo desbotarse para estes efectos a máxima e a mínima concedidas ou, se é o caso, unha das que aparezan repetidas como tales.

Fase de concurso

Quenda de promoción interna: valoraranse os servicios prestados como funcionario de carreira na Universidade da Coruña, en calquera corpo ou escala do grupo E a razón de 0,15 puntos por cada mes completo, ata un máximo de 10 puntos.

Quenda libre: valoraranse os servicios prestados na Universidade da Coruña como auxiliar administrativo, en réxime de contrato temporal ou funcionario interino, a razón de 0,40 puntos por cada mes completo, ata un máximo de 10 puntos.

Sistema de puntuación

A puntuación final de cada aspirante virá determinada pola suma total de tódalas puntuacións acadadas na fase de concurso e nos exercicios da fase de oposición.

No caso de empate na puntuación final entre dous aspirantes, daráselle preferencia ó que tivese unha maior puntuación na fase de oposición, e de persisti-lo empate, ó que acadase unha puntuación superior no primeiro exercicio.

ANEXO II

Programa

1. Normas básicas e procedemento.

Tema 1.-A Constitución española. O Estatuto de Autonomía de Galicia. Os estatutos da Universidade da Coruña.

Tema 2.-O procedemento administrativo: As administracións públicas e as súas relacións. Órganos das administracións públicas: Principios xerais e competencia. Organos colexiados. Abstención e recusación. Normas xerais da actividade das administracións públicas. Termos e prazos. Disposicións e actos administrativos. Requisitos e eficacia dos actos. Nulidade e anulabilidade.

Tema 3.-O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción do expediente, participación dos interesados, finalización e execución. Revisión dos actos administrativos: revisión de oficio. Os recursos administrativos: los recursos ordinario e de revisión.

Tema 4.-A responsabilidade das administracións públicas: a responsabilidade patrimonial da Administración. Esixencia da responsabilidade do persoal ó servicio das administracións públicas.

2. Xestión de persoal

Tema 1.-O persoal ó servicio das universidades públicas: pesoal docente: corpos docentes universitarios e persoal en réxime de contratación administrativa. Persoal de administración e servicios: persoal funcionario e persoal laboral.

Tema 2.-O persoal docente e o persoal de administración e servicios: creación de prazas. Procedementos de selección e contratación. Sistemas de provisión de postos de traballo. Promoción profesional.

Tema 3.-Situacións administrativas do persoal funcionario. Servicio activo. Servicios especiales. Excedencias. Expectativa de destino. Suspensión de funcións. O rexistro central de persoal.

Tema 4.-Réxime retributivo do persoal docente e funcionario e laboral de Administración e servicios: conceptos retributivos. Alta en nómina. Afiliación e cotización.

3. Xestión económica

Tema 1.-Os contratos administrativos: natureza, caracteres e clases. Elementos, suxeitos, obxecto, causa e forma. Formas de adxudicación dos contratos.

Tema 2.-Contido e efectos dos contratos administrativos: Prerrogativas da Administración e equilibrio financeiro. Cumprimento dos contratos administrativos, resolución, rescisión e renuncia.

Tema 3.-O orzamento: contido e xustificación. Principios orzamentarios. Lexislación orzamentaria do Estado e Comunidade Autónoma de Galicia. Os orzamentos das universidades.

Tema 4.-Modificacións orzamentarias. Execución orzamentaria. O control orzamentario.

4. Xestión universitaria.

Tema 1.-O acceso á universidade: probas de aptitude para acceso ás facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias. Outras vías de acceso.

Tema 2.-Procedementos de ingreso en centros universitarios con límite de prazas: distrito único. Distrito compartido. Ingreso en centros sen límite de prazas. Traslados de expediente.

Tema 3.-Estructura dos estudios universitarios: de primeiro ciclo. De primeiro a segundo ciclo. De só segundo ciclo. Estudios de doctorado e postgrao.

Tema 4.-Plans de estudio: elaboración, aprobación e homologación. Duración e ordenación cíclica das ensinanzas. Incorporación a segundos ciclos. Contido dos plans de estudio. Modificación dos plans de estudio.

Tema 5.-Bolsas e axudas ó estudio: clases. Requisitos de carácter económico e académico. Procedemento. Outras axudas. Programa Erasmus.

Tema 6.-Obtención, expedición e homologación de títulos. Validación de estudios.

Tema 7.-Transferencia de tecnoloxía. Xestión de proxectos de investigación. Patentes

Tema 8.-Actividades culturais. Conferencias e congresos. Formas de organización pola universidade. Actividades centralizadas e descentralizadas

ANEXO III

Tribunal cualificador

Titulares:

Presidente: José Luis Meilán Gil. Rector da Universidade da Coruña

Vocales: José María Pujalte Giménez. Xerente da Universidade da Coruña

Víctor Manuel Cabrera Sánchez. Vicesecretario xeral da universidade

Silverio Díaz Vázquez. En representación sindical

Secretario: Justiniano Rodríguez Soto. Xefe do Servicio de Persoal da Universidade

Suplentes:

Presidente: José Eduardo López Pereira. Secretario xeral da universidade

Vocales: María Ángeles Campos Rodríguez. Xefa do Servicio de Biblioteca e Arquivo

Juan Manuel Sánchez-Quinzá Torroja. Xefe do Servicio de Xestión Universitaria

Dª. María José Gutiérrez Calvete. En representación sindical

Secretario: Daniel Miguélez Costa. Xefe da Sección de Selección e Formación de Persoal

934