Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 1996 Páx. 2.082

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 4 de marzo de 1996 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991 do 8 de marzo, e 3/1995 do 10 de abril, artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral desta consellería (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto.-Os/as aspirantes deberanlle xuntar á petición un curriculum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non seran tidos en conta.

Quinto.-No caso de que resulten seleccionados/as para ocupa-los postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde funcionarios/as con destino noutras administracións, se requirirase o informe favorable do departamento onde presten servicios, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, podendo, de considerarse oportuno, declararse desertos os postos de traballo.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo, ou dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ó da publicación da resolución.

Oitavo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1996.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

CódigoDenominación do posto de traballoCentro directivoLocalidadeCorpo ou escalaGrupoNivelEspecíficoTitulaciónFormación

específica

OT.CO2.00.000.15770.023Xefe servicio Coord. Téc. e InspecciónSecretaría XeralSantiago de

Compostela

Admón.

Xeral./Esp.

A/B281.639.104

OT.CO3.00.000.15770.001Sub. xeral de Urbanismo e ArquitecturaDirección Xeral de Calidade Medioambiental e UrbanismoSantiago de

Compostela

Admón.

Xeral./Esp.

A302.229.156

OT.CO3.00.001.15770.005Servicio Planificación UrbanísticaDirección Xeral de Calidade Medioambiental e UrbanismoSantiago de

Compostela

Admón.

Xeral./Esp.

A/B281.639.104Coñecementos urbanismo

OT.CO3.00.001.15770.016Servicio de Dictames e InformesDirección Xeral de Calidade Meidoambiental e UrbanismoSantiago de

Compostela

Admón.

Xeral./Esp.

A/B281.639.104Coñecementos medio ambiente

OT.CO4.00.007.15770.007Servicio Xestión Suridico-Adva.Dirección Xeral de Obras PúblicasSantiago de

Compostela

Admón.

Xeral.

A/B281.639.104Lic. Dereito

96-1310