Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 1996 Páx. 2.082

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 15 de febreiro de 1996 pola que se clasifican postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Vista a proposta e a documentación aportada polo Concello de Pontevedra, relativa á clasificación do posto de viceinterventor.

Por acordo do Pleno do Concello de Pontevedra de data 25 de xaneiro de 1996, aprobouse a modificación da relación de postos de traballo do dito concello, acordándose a creación do posto de colaboración de viceinterventor, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

De conformidade co establecido no artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13.2º.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería,

DISPÓN:

Clasifica-lo posto de colaboración de viceinterventor do Concello de Pontevedra, conforme se especifica no anexo que se acompaña á presente orde.

Contra a presente orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Corporación: Concello de Pontevedra.

Posto de traballo: viceinterventor.

Clase: primeira.

Subescala: intervención-tesourería.

Categoría: superior.

Forma de provisión: concurso de méritos.

1671