Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 1996 Páx. 2.090

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (66/1994).

Lorenzo Villalando Lucas, secretario do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita un procedemento de

medidas provisionalísimas número 66/1994, a instancia de Guadalupe del Pino Villamarín, contra Juan Luis López Vilacoba, no que se dictou acto, sendo o encabezamento, e a parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Auto. Santiago de Compostela, vinte de abril de mil novecentos noventa e catro.

Dispoño que se acorde a adopción das seguintes medidas provisionalísimas:

1º. Os cónxuxes Guadalupe del Pino Villamarín e José Luis López Vilacoba poden vivir separados, así como o cesamento efectivo da convivencia conxugal.

2º. A revogación do consentimento e poderes de calquera dos cónxuxes outorgara ó outro, así como o cesamento da posinilidade de vincula-los bens privativos do outro cónxuxe no exercicio da potestade doméstica.

3º. Que se determine que o único fillo do amtrimonio, Gabriel López Villmamarín, de 3 anos de idade, quedará ó coidado do pai, e poderá a nai visitalo diariamente e telo na súa compaña durante as fins de semana, desde as horas do sábado ata as dezanove horas do domingo e a metade das vacacións escolares, todo iso en canto a nai poida telo na súa compaña.

4º. Que a esposa siga usando a vivenda conxugal, sita na rúa Poza de Bar número 9-1º, A, desta cidade, co seu mobiliario.

5º. Logo do inventario detrermina-las roupas, utensilios e mobles do enxoval que continúan na dita vivenda e os aque levará o outro cónxuxe, así como as medidas cautelares pertinentes para conserva-lo respectivo dereito.

6º. Non haberá ningunha prestación económica a cargo de esposo nin da esposa. Que da única conta bancaria existente na Caixa Postal desta cidade, e que figura a nome do esposo, retirará cada un dos esposos a súa metade.

As medidas acordadas perderán os seus efectos se no prazo de trinta días a partir da notificación deste auto, non se acredita a interposición da demanda correspondente, e todo iso sen custas.

Así, por este auto, dispóñoo e asino eu, María Alicia Mansilla Pérez, xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela e o seu partido».

E para que así conste e lle sirva de notificación a Guadalupe del Pino Villamarín, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

832