Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 1996 Páx. 2.052

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se publica a relación de coutos de pesca fluvial das augas continentais galegas e as súas normas básicas de funcionamento para a tempada de pesca de 1996.

De acordo coa Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, e vistas as propostas formuladas polos servicios provinciais de Medio Ambiente Natural para a ordenación dos recursos piscícolas das augas continentais, cómpre modifica-los límites xeográficos e o réxime de funcionamento dalgúns dos coutos de pesca fluvial. Deste xeito, durante a tempada de 1996 estarán coutadas as masas de auga que se relacionan nos anexos á presente resolución, nos que tamén se inclúe o número de permisos que expide o Servicio de Medio Ambiente Natural de cada provincia e a súa categoría.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1996.

Carlos del Álamo Jiménez

Director xeal de Montes e Medio Ambiente Natural

ANEXO I

COUTOS DE PESCA FLUVIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA

1322