Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 1996 Páx. 2.052

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0000209/1996, interposto por Teresa de Blas Rivera.

O 9 de febreiro de 1996 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0000209/1996, interposto por Teresa de Blas Rivera, contra resolución da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e centros da Consellería de Educación do 22 de decembro de 1995 pola que non se admite a trámite tres recursos, sobre resolucións da Delegación Provincial de Lugo de 10 e 13 de outubro de 1995 relativa a tres alumnas.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e,

emprázaselles para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 1996.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

1590