Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 2.018

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (836/1995).

Pola presente cédula faise saber que neste Xulgado do Social, número de autos 836/1995, a pedimento de Santiago Castro Verdura, contra Construcciones Miguel y Oscar S.L., se dictou con data 27-12-1995 sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que din:

«Sentencia. Na cidade da Coruña o vintesete de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Beatriz Rama Ínsua, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número catro desta capital, viu os presentes autos sobre despedimento, seguidos a pedimento de Santiago Castro Verdura, representado polo letrado Felipe Martínez Ramonde, contra Construcciones Miguel y Oscar, que non comparece malia estar citada en legal forma.

Parte dispositiva: que admito a demanda formulada por Santiago Castro Verdura contra a empresa Construcciones Miguel y Oscar, S.L. e debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ó demandante, e condeno a demandada a que, no prazo de 5 días contados desde a notificación desta resolución, opte pola readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ó aboamento das seguintes cantidades: 163.414 pesetas (cento sesenta e tres mil catrocentas catorce pesetas) de indemnización, e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta resolución, a razón de 6.497 pesetas (seis mil catrocentas noventa e sete pesetas/día).

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba ante este Xulgado do Social o resgardo acreditativo de ter dapositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na c/c deste xulgado, nº identificador 5.606, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, e sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Débese consignar ademais a cantidade de 25.000 ptas na mesma conta coa clave 65, e entrega-lo resgardo en secretaría, ó tempo de interpo-lo recurso,

declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que nos conste e co fin de que lle sirva para a notificación á empresa Construcciones Miguel

y Oscar, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña, o vintesete de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

96-1667