Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 2.017

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (335/1995).

Jaime Balado Vázquez, secretario do Xulgado do Social número 2 dos da Coruña, fai saber: que nos autos nº 335/1995, seguidos a pedimento de Luisa Navajas Díaz, contra Fernando Román Vega, Cervecería Poseidón, sobre cantidade, se dictou auto con data 23 de xaneiro de 1996, do que a súa parte dispositiva di:

Antonio Fernández-Montells y Fernández, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número dous da Coruña, dispón:

Decreta-la execución polos seus trámites legais correspondentes, derivada da sentencia dictada nos presentes autos, solicitada por Luisa Navajas Díaz e, en consecuencia, requiri-la empresa Fernando Román Vega-Cervecería Poseidón, para que satisfaga a cantidade de 115.690 que se reclama de principal e os xuros que se devenguen desde a sentencia ata o momento do pagamento, a 12.726 máis 11.569 que se calculan para gastos e custas e, de non veri

ficalo no acto, requírese o executado ou os seus administradores ou representantes, de tratárense de persoas xurídicas ou grupos sen personalidade para que, no prazo máximo de tres días hábiles contados desde a notificación deste auto, de non ter aboada a cantidade obxecto de constrinximento, efectúe manifestación sobre os seus bens ou dereitos coa precisión necesaria para garanti-las súas responsabilidades, e deberá, así mesmo, indica-las persoas que ostenten dereitos de calquera natureza sobre os seus bens e, de estaren suxeitos a outro proceso, concreta-los extremos deste que poidan interesarlle á execución. Advírtaselle ó executado que, se deixa transcorrer inxustificadamente os prazos concedidos nos anteriores requirimentos sen efectua-lo ordenado, e mentres non cumpra ou acredite a imposibilidade de facelo, co fin de obter e asegura-lo cumprimento da obriga que se executa, poderase, tras audiencia das partes, imporlle o aboamento de constrinximentos pecuniarios de ata 100.000

ptas por cada día que se retrase na entrega das sumas de diñeiro obxecto de constrinximento ou no cumprimento das obrigas legais que se lle impoñen na presente resolución xudicial.

En virtude dos artigos 270 LOPX e 23 e 273 LPL, notifíqueselle este auto ó fondo de garantía salarial, debendo, nun prazo máximo de quince días, insta-lo que ó seu dereito conveña e designa-los bens do debedor principal que lle consten.

De non efectua-lo aboamento dos prazos sinalados, procédase ó embargo dos bens da súa propiedade en contía suficiente para cubri-las ditas sumas, e servirá a presente resolución de mandamento en forma para a comisión executiva.

Reclámanse dos organismos, rexistros públicos, as certificacións de tódolos bens, dereitos do debedor dos que se teña constancia, facéndose por estes, se fose preciso, as averiguacións legalemente posibles como dispón o artigo 248 da LPL.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, e fágao a empresa demandada a través do Diario Oficial de Galicia, sinalando que, contra esta resolución, cabe interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ó da súa notificación, ante o propio órgano que resolve.

Así o acorda, manda e asina S.Sª e dá fe.

E para que lle sirva de notificación a Fernando Román Vega-Cervecería Poseidón, que se atopa en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, que asino na Coruña o 26 de xaneiro de 1996.

O secretario

Rubricado

932