Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 2.016

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de auto (359/1995).

Jaime Balado Yáñez, secretario do Xulgado do Social número dous dos da Coruña,

Fai saber que nos autos nº 359/1995, seguidos a pedimento de Roberto Rouco Expósito, contra as empresas Colaboraciones Ferroviarias Martínez, S.L. e Mel, S.L., sobre diferencias base reguladora, se dictou o 16 de xaneiro de 1996, auto de execución do que a súa parte dispositiva di:

O maxistrado-xuíz do social número dous Antonio Fernández-Montells dispón.

Decreta-la execución polos seus trámites legais correspondentes, derivada da sentencia dictada nos presentes autos, solicitada por Roberto Rouco Expósito e, en consecuencia, requiri-las empresas Colaboraciones Ferroviarias Martínez S.L. e Mel, S.L., para que satisfagan a cantidade de 18.672 ptas. que se reclama de principal e os xuros que se devenguen desde a sentencia ata o momento do pagamento, ó 11% (2.054 ptas.) anual máis 1.867 ptas. que se calculan para gastos e custas e, de non verificalo no acto, requírese o executado ou os seus administradores ou representantes, de tratárense de persoas xurídicas ou grupos sen personalidade para que, no prazo máximo de tres días hábiles contados desde a notificación deste auto, de non ter aboada a cantidade obxecto de constrinximento, efectúen manifestación sobre os seus bens ou dereitos coa precisión necesaria para garanti-las súas responsabilidades, e deberán, así mesmo, indica-las persoas que ostenten dereitos de calquera natureza sobre

os seus bens e, de estaren suxeitos a outro proceso, concreta-los extremos deste que poidan interesarlle á execución. Advírtaselle ó executado que, se deixa transcorrer inxustificadamente os prazos concedidos nos anteriores requirimentos sen efectua-lo ordenado, e mentres non cumpra ou acredite a imposibilidade de facelo, co fin de obter e asegura-lo cumprimento da obriga que se executa, poderáselle, tras audiencia

das partes, impo-lo aboamento de constrinximentos pecuniarios de ata 100.000 ptas por cada día que se retrase na entrega das sumas de diñeiro obxecto de constrinximento ou no cumprimento das obrigas legais que se lle impoñen na presente resolución xudicial.

En virtude dos artigos 270 LOPX e 23 e 273 da Lei de procedemento laboral, notifíqueselle este auto ó fondo de garantía salarial, debendo, nun prazo máximo de quince días, insta-lo que ó seu dereito conveña e designa-los bens do debedor principal que lle consten.

De non efectua-lo aboamento nos prazos sinalados, procédase ó embargo dos bens da súa propiedade en contía suficiente para cubri-las ditas sumas, e sirva a presente resolución de mandamento en forma para a comisión executiva.

Procédase ó envío dos despachos ós distintos organismos públicos co fin de que certifiquen sobre a existencia de bens das empresas demandadas. Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, advertíndolles de que, contra o presente auto, cabe interpor recurso de reposición no termo de tres días contados a partir do seguinte ó da notificación da presente cédula. Así, por este meu auto, pronúncioo, mándoo e asínoo. Seguen sinaturas.

E para que lles sirva de notificación ás empresas Colaboraciones Ferroviarias Martínez, S.L. e Mel, S.L., que se atopan en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula para a súa inserción no BOP, e advírtolles a estas que as seguintes notificacións que non revistan a forma de sentencia, auto ou emprazamento, se farán nos estrados deste xulgado, asino a presente cédula na Coruña, o 16 de xaneiro de 1996.

O secretario

Rubricado

843