O artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199 do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
1.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación da canteira el Cañotal, situada na parroquia de Ladra, no concello de Vilalba, provincia de Lugo.
2.-Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposisición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
* Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
* Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Lugo.
* Concello de Vilalba.
3.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.
4.-Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 1996.
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente
1197