Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 2.014

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (1247/1990).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela,

Dou fe de que no xuízo de faltas que neste xulgado se segue co núm. 1247/1990, recaeu sentencia da audiencia provincial en grao de apelación cun encabezamento e parte dispositiva que son do seguinte teor literal:

A Coruña, dezanove de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Javier Cambón García, maxistrado, como tribunal unipersoal da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, pronunciou en nome de El-Rei a seguinte sentencia:

No recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo Xulgado de Instrucción número 4 de Santiago de Compostela, en xuízo de faltas número 1247/1990, seguido por falta de ameazas, figurando como apelante o Ministerio Fiscal e como apelados José Ignacio Hernández Yáñez e Ramón Pereiro Botana,

Resolvo que desestimando o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo maxistrado xuíz de instrucción número catro de Santiago de Compostela, en data 15-9-1990, resolvendo o xuízo de faltas nº 1247/90, debo confirmar e confirmo a dita resolución en canto absolve o denunciado, se ben co alcance dunha falta do Art. 590 do Código

Penal, a imputada, e non da de ameazas, declarando de oficio as custas desta alzada.

Líbreselle ó xulgado expresado certificación desta resolución, con devolución das dilixencias que remitiu, para a súa execución.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a José Ignacio Hernández Yáñez, que se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o vintenove de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

96-867