Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (72/1991-01).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que nos autos de procedemento hipotecario seguidos neste xulgado co número 72/1991, promovidos polo procurador García Boado, en nome e representación de Banco Hipotecario de España, acordouse sacar a pública poxa por tres veces e por termo de vinte días cada unha delas, o seguinte predio:

No lugar de Faxilde, parroquia de Sobrán-Vilaxoán, concello de Vilagarcía de Arousa.

Rústica, no que se coñece como Granxa, labradío cunha superficie dunha área e trinta e catro centiáreas. Linda: norte, sur, leste e oeste, Manuel Rial Rosales, Rita Cardala Diz, Ramón Antonio González, María Esther Martínez Guerra, José María Pita Orduña e Mercedes Rasilla Buhigas. Hoxe, polo sur e oeste, linda con rúas de nova construcción. Sobre parte do predio descrito iniciouse a seguinte construcción:

Casa, destinada a vivenda unifamiliar, que linda: norte, resto de predio sen edificar; sur e oeste, rúa de nova construcción, e leste, Manuel Rial Rosales, Rita Cardalda Diz, Ramón Antonio González, María Esther Martínez Guerra, José María Pita Orduña e Mercedes Rasilla Buhigas. Componse dos seguintes elementos: A) Vivenda unifamiliar, distribuída en planta baixa e planta alta, cunha superficie útil de oitenta e sete metros con quince decímetros cadrados. B) Garaxe vinculado á vivenda, sito na planta baixa, cunha superficie útil de dezanove metros con cincuenta e seis decímetros cadrados. C) Trasteiro, sito na planta baixa, cunha superficie útil de sete metros con oitenta e catro decímetros cadrados.

Inscrición: inscrito no terreo no tomo 504, libro 110, folio 21 Vto., predio 9.936, inscrición segunda; e a casa, no tomo 502, libro 110, folio 21 Vto., predio 9.936, inscrición terceira, do Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa.

A poxa terá lugar o día vintetrés de abril, ás doce horas, na sala de audiencia deste xulgado, ó prezo taxado na escritura de constitución de hipoteca, que é de oito millóns de pesetas. De non concorreren ofertantes, sinálase para a segunda o día vintecatro de maio, ás doce horas, co tipo de taxación do setenta e cinco por cento do tipo da primeira; de non haber ofertantes na segunda, sinálase para a terceira o día vinteseis de xuño, ás doce horas, sen suxeición a tipo.

Fáiselles saber ós posibles licitadores que as condicións da poxa son as que a seguir se expresan:

1. Non se admitirá oferta inferior á cantidade de oito millóns de pesetas, que é o tipo pactado na mencionada escritura. En canto á segunda poxa, o setenta e cinco por cento desta suma, se é o caso. En canto á terceira poxa, admitiranse sen suxeición a tipo.

2. Que tódolos ofertantes, agás o acredor ou demandante, deberán consignar no establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do tipo.

3. Tódalas ofertas poderán facerse en calidade de cederlle o remate a un terceiro e realizarse por escrito en prego pechado, desde a publicación do presente edicto ata a celebración da poxa da que se trata, depositando xunto a aquel o resgardo acreditativo de ter executada a consignación á que se refire a anterior condición.

4. Que os autos e certificación do rexistro ós que se refire a regra cuarta do artigo 131 da L.H., están de manifesto en secretaría, e que se entenderá que

todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades destes, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

5. Prevese que na acta de poxa se fará constar que o rematante acepta as obrigas antes expresadas e, se non as acepta, non lle será admitida a proposición; tampouco se admitirá oferta por escrito que non conteña a aceptación expresa desas obrigas.

6. Sen prexuízo da que se leva a cabo no predio hipotecado conforme os artigos 262 ó 279 da LAC, de non atoparse nela, este edicto servirá igualmente para notificación ó debedor do triple sinalamento do lugar, día e hora para o remate.

Santiago de Compostela, vintecatro de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

96-865