Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 2.013

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

CÉDULA de citación (129/1995).

Mª Coral Rodríguez Liñares, xuíza de instrucción número un dos de Padrón, fai saber:

Que neste xulgado se seguen dilixencias de xuízo de faltas 129/1995, en relación a malos tratos, con data 10 de xuño de 1995.

E sendo descoñecido o domicilio do denunciado Carlos Darío Castro Villar, pola presente cédula cítase de comparecencia, perante este xulgado sito na rúa Tetuán, s/n, o vindeiro día trece de marzo de 1996, ás nove trinta horas, co fin de que asista á celebración do xuízo de faltas, e prevéñoo de que deberá comparecer cos medios de proba dos que intente valerse (testemuñas, documentos, facturas, etc.) e que, de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

Dado en Padrón o quince de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

850