Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 2.013

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (56/1995).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido, dou fe de que nas dilixencias de xuíxo de faltas nº 56/95, sobre furto, se dictou sentencia cunha decisión que é como segue:

«Que debo absolver e absolvo a Jesús Martínez Carballal dos feitos axuizados nas presentes actuacións, declarando de oficio as custas procesuais ocasionadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes con indicación de que non é firme e poden interpor recurso

de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ó da súa notificación, ante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

Para que lle sirva de notificación ó denunciado, Jesús Martínez Carballal, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Noia, vintenove de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O Secretario

Rubricado

96-383