Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 2.015

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (329/1995).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela,

Dou fe de que nos autos de que se fará mérito se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

Sentencia. En Santiago de Compostela o oito de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas núm. 329/1995, seguidos por estafa; sendo denunciante José Leis Martínez, maior de idade, e aparecendo como parte denunciada Sara Romero Serodio, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal,

Resolvo que debo absolver e absolvo libremente a Sara Romero Serodio da falta incialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación para interpoñer no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Privincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a José Leis Martínez, que se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

96-840