Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 2.015

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (362/1995).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número catro dos de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial,

Fai saber que no xuízo executivo número 362/1995, promovido polo Banco Central Hispano-Americano, S.A., con DNI/CIF A-28000446, domiciliado na r/ Compostela, número 8, 4º esq. (A Coruña), representado polo procurador dos tribunais Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Mapirso, S.L., Carlos González Camino e María del Mar Piñeiro Sobrido, en reclamación de cantidades por importe de 3.810.050 pesetas, por principal, xuros e custas orzadas, acordei, por providencia desta data, citar de remate a dita parte demandada, Mapirso, SL, con DNI/CIF B-15333511, domiciliado en r/ Rodríguez de Viguri, número 11 (Santiago de Compostela), de quen se descoñece o domicilio actual, para que no termo de nove días se constitúa en parte nos autos por medio de procurador que o represente e avogado que o defenda, e se opoña, se lle conviñer, á execución contra el despachada, practicado xa o embargo dos seus bens sen previo requirimento de pagamento, dado o seu ignorado paradoiro. De igual xeito, faise saber

que as copias da demanda e os documentos acompañados están ó seu dispor na secretaría deste xulgado. De non comparecer en legal forma, será declarado en rebeldía, seguindo o xuízo o seu curso sen volvelo citar nin facer outra notificación máis cás que a lei determina.

Dado en Santiago de Compostela o trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Lorenzo Villalpando Lucas

Secretario

Bens embargados

* Dereito de crédito que ostente Mapirso, S.L. da axencia estatal tributaria, delegación da Coruña, administración 15079 de Santiago de Compostela, en concepto de devolución de IVE.

889