Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 2.015

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (418/1992).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que no xuízo de xustiza gratuíta, tramitada neste xulgado co número 418/1992, dictouse a sentencia que ten como encabezado e parte dispositiva o seguinte:

«Santiago de Compostela o 16 de xaneiro de 1996, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil incidental de xustiza gratuíta, substanciada polos trámites do xuízo verbal co número 418/1992, no que actuou como parte demandante Rosa Neira Castro, representada pola procuradora dos tribunais Ángeles Regueiro Muñoz e asistida

polo letrado José María Penabad Otero, nomeados ámbolos dous de oficio, e no que se deu audiencia a Santiago Cañete iglesias e ó avogado da Xunta de Galicia.

Decido que considerando a demanda presentada, debo declarar e declaro o dereito á xustiza gratuíta de Rosa Neira Castro co obxecto de presenta-la demanda de divorcio contra Santiago Cañete Iglesias, sen prexuízo do disposto nos artigos 28, 45 e 48 da LEC.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación perante a Audiencia Provincial deste xulgado no prazo de cinco días desde a notificación, conforme o trámite previsto no artigo 733 LEC.

Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado Santiago Cañete Iglesias, en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o 31 de xaneiro de 1995, dou fe.

Rubricado

96-1367