Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 1996 Páx. 2.016

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (6/1996).

En virtude do acordado por este xulgado nos autos de xuízo de faltas, número 6/1996-V, seguidos neste xulgado sobre lesións en agresión, por medio da presente cédula cítase a Guillermo Aceituno Ortega, co fin de que compareza na sala de audiencia deste xulgado, sito no Pazo de Xustiza, sala de vistas nº 4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o vindeiro día quince de marzo, ás doce horas, en calidade de denunciante/denunciado, e deberá comparecer provisto do seu DNI e cos medios de proba dos que intente valerse, baixo apercibimento de que, se non o fixer, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lle sirva de citación en forma ó mencionado denunciante/denunciado e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o quince de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

866