Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 1996 Páx. 1.848

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 78/1996, do 29 de febreiro, sobre asunción do traspaso complementario en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza efectuado polo Real decreto 94/l996, do 26 de xaneiro, e a súa asignación á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Polo Real decreto 2l66/l994, do 4 de novembro, traspasáronse á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios que, dentro do seu territorio, viña desempeñando a Administración do Estado en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza.

En consonancia co anterior, a Comunidade Autónoma asumiu tales funcións en virtude do Decreto 394/l994, do 29 de decembro, asignándoas á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Corresponde agora, por medio do presente decreto, acepta-la transferencia da partida orzamentaria pendente e correspondente a l995, que se contén no anexo do Real decreto 94/l996, do 26 de xaneiro, sobre traspaso complementario ó aprobado polo Real decreto 2l66/l994, do 4 de novembro, anexo que foi subscrito na sesión plenaria da Comisión Mixta de Transferencias, que tivo lugar o 2l de decembro de l995, (BOE e DOG de data 28-2-1996), e procede-la súa asignación ós órganos competentes da Comunidade Autónoma.

Por iso, e por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo lº.-Asunción do traspaso.

Queda asumido o crédito orzamentario traspasado pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia como complementario ás transferencias de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza, que se consigna no anexo do Real decreto 94/l996, correspondente ó ano l995 e que vai destinado ó investimento en infraestructuras de edificios, sedes de órganos xudiciais, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias do 2l de decembro de l995.

Artigo 2º.-Asignación dos medios.

Asígnase á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o crédito orzamentario referido no anterior artigo.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

1600