Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 1996 Páx. 1.848

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 77/1996, do 29 de febreiro, sobre asunción de funcións e servicios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia mediante Real decreto 89/1996, do 26 de xaneiro, en materia de ensinanzas náutico-deportivas e a súa asignación á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Polo Real decreto 89/1996, do 26 de xaneiro, traspásanse funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ensinanzas náutico-deportivas.

Parece, pois, conveniente asumir de forma expresa tales funcións e servicios, nos termos e condicións especificadas no acordo da Comisión Mixta de Transferencias e asignalas ós órganos correspondentes da Administración galega.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Quedan asumidas as funcións e servicios traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 89/1996, do 26 de xaneiro, en materia de ensinanzas náutico-deportivas nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias publicado como anexo ó dito real decreto.

Artigo 2º

1. Asígnanselle á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura as funcións e servicios asumidos de conformidade co artigo anterior.

2.Os órganos da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura exercerán as atribucións que lles correspondan conforme as normas que regulen a súa estructura.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do previsto no presente decreto e para adopta-las medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica das funcións e servicios traspasados.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

1599