Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 1996 Páx. 1.847

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 76/1996, do 29 de febreiro, sobre asunción de servicios transferidos á Comunidade Autónoma mediante reais decretos 92/1996 e 93/1996, ámbolos dous do 26 de xaneiro, sobre ampliación dos medios adscritos ós servicios traspasados en materia de agricultura (FEGA, antigo SENPA, e desenvolvemento rural), e sobre asignación dos medios asumidos á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Polo Real decreto 92/1996, do 26 de xaneiro, amplíanse os medios adscritos ós servicios traspasados da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de agricultura (FEGA, antigo SENPA), polos reais decretos 3318/1982, do 24 de xullo, e 4189/1982, do 29 de decembro.

Polo Real decreto 93/1996, do 26 de xaneiro, amplíanse os medios adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de agricultura (desenvolvemento rural), mediante os reais decretos 2423/1982, do 24 de xullo; 1124/1985, do 30 de abril; 167/1981, do 9 de xaneiro, e 1535/1984, do 20 de xuño.

Semella, pois, conveniente asumir de forma expresa tales medios, que se consignan relacionados nos reais decretos aludidos, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias, e asignárllelos ós órganos correspondentes da Administración galega.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Quedan asumidas as funcións e servicios traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto

92/1996, do 26 de xaneiro, en materia de agricultura (FEGA, antigo SENPA) nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias publicado coma anexo ó devandito real decreto.

2. Quedan asumidos os medios persoais e orzamentos traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 92/1996, do 26 de xaneiro, en materia de agricultura (FEGA, antigo SENPA), nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias publicado coma anexo ó devandito real decreto.

Os bens, dereitos e obrigas, así coma o persoal e créditos orzamentarios que figuran nas relacións adxuntas ó anexo do real decreto citado asígnanse á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Artigo 2º

1. Quedan asumidas as funcións e servicios traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 93/1996, do 26 de xaneiro, en materia de agricultura (desenvolvemento rural) nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias publicado como anexo ó dito real decreto.

2. Quedan asumidos os medios persoais e orzamentarios traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 93/1996, do 26 de xaneiro, en materia de agricultura (desenvolvemento rural) nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias publicado como anexo ó devandito real decreto.

Os bens, dereitos e obrigas, así coma o persoal e créditos orzamentarios que figuran nas relacións adxuntas ó anexo do real decreto citado asígnanse á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes dictará cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento e execución do presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

1598