Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 1996 Páx. 1.846

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 75/1996, do 29 de febreiro, sobre asunción da ampliación de servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de ensino, e a súa asignación á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, determina, segundo os termos do seu artigo 4.4º e disposición final primeira, que os títulos académicos e profesionais correspondentes son expedidos polas administra

cións educativas que se atopen no pleno exercicio de súas competencias educativas, nas condicións previstas nesa lei e polas normas básicas e específicas que para o efecto se dicten. Tales normas básicas e específicas foron establecidas polo Real decreto 733/1995, do 5 de maio.

O Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, dispón no seu artigo 31 que esta Comunidade Autónoma ten competencia plena en materia de ensino.

Polo Real decreto 87/1996, do 26 de xaneiro, sobre a ampliación de servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, en materia de ensino, transfírese a esta Comunidade Autónoma a función de expedición dos títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas reguladas pola citada Lei orgánica 1/1990, e os servicios inherentes a esta.

En consecuencia, procede asumir expresamente tal función, e asignar tal servicio ós órganos correspondentes da Administración autónomica de Galicia.

Na súa virtude, por proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Asúmense as funcións e os servicios traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, acordados mediante o Real decreto 87/1996, do 26 de xaneiro.

Artigo 2º

As competencias transferidas serán exercidas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da división de atribucións que determine a súa estructura orgánica e das demais normas aplicables.

Artigo 3º

A ampliación da función e dos servicios obxecto deste decreto terán efectividade a partir do 1 de xaneiro de 1996.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria poderá adopta-las medidas pertinentes para a executividade das funcións e servicios traspasados.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

1597