Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 1996 Páx. 1.845

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 74/1996, do 29 de febreiro, sobre asunción da ampliación de medios patrimoniais traspasados á Comunidade Autónoma, en materia de transportes, producida polo Real decreto 88/1996, do 26 xaneiro e a súa asignación a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Polos reais decretos 212/1979, do 26 de maio, 2299/1982, do 24 de xullo, e 3548/1993, do 28 de decembro, foron transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia funcións e servicios en materia de transportes.

Considerada a conveniencia de amplia-los medios adscritos ós servicios transferidos nos devanditos reais decretos a comisión mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía adoptou o correspondente acordo na súa reunión do día 21 de decembro de 1995, acordo que se plasma no Real decreto 88/1996, de 26 de xaneiro.

En virtude do artigo 27.8º do seu Estatuto a Comunidade Autónoma exerce competencias exclusivas en materia de estradas e ferrocarrís non incorporados na rede do Estado e co itinerario que se desenvolva integramente no territorio de Galicia e, nos mesmos termos, o transporte realizado por estes medios ou por cable.

Así mesmo ten competencia en materia de autoorganización do seus entes e órganos de goberno e, por conseguinte, para distribuí-lo exercicio das funcións e servicios asumidos entre aqueles.

Polo tanto, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º.

Asúmese a ampliación dos medios patrimoniais adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de transportes, segundo se especifica no R.D. 88/1996, do 26 de xaneiro, nos termos e condicións especificadas no acordo da Comisión Mixta de transferencias, do 21 de decembro de 1995, publicada como anexo ó devandito real decreto.

Artigo 2º.

Os medios patrimoniais asumidos de conformidade co disposto no artigo anterior asígnanse á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Disposicións derradeiras

1.-O conselleiro da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dictará cantas disposicións cumpran para o desenvolvemento e eficacia do establecido no presente decreto.

2.-Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

1596