Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 1996 Páx. 1.845

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 73/1996, do 29 de febreiro, sobre asunción de funcións e servicios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia mediante reais decretos 89/1996, e 90/1996, ámbolos dous do 26 de xaneiro, en materia de ensinanzas subacuático-deportivas e instalacións radiactivas de segunda e terceira categorías e a súa asignación á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Por Real decreto 89/1996, do 26 de xaneiro, traspásanse funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ensinanzas naútico-deportivas e subacuático-deportivas.

Por Real decreto 90/1996, do 26 de xaneiro, trapásanse funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de instalacións radiactivas de segunda e terceira categorías.

Procede, en virtude do citado trapaso, asumir de forma expresa as funcións e servicios correpondentes ás competencias atribuídas á Consellería da Presidencia e Administración Pública e ós centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Por isto, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Quedan asumidas as funcións e servicios traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 89/1996, do 26 de xaneiro, en materia de ensinanzas subacuático-deportivas, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias publicado como anexo ó dito real decreto.

2. Quedan asumidas as funcións e servicios traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 90/1996, do 26 de xaneiro, en materia de instalacións radiactivas de segunda e terceira categorías, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias publicado como anexo ó dito real decreto.

Artigo 2º

1. Asígnanselle á Consellería da Presidencia e Administración Pública as funcións e servicios asumidos de conformidade co disposto no artigo anterior.

2. Os órganos da Consellería da Presidencia e Administración Pública así como os correpondentes centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, exercerán as atribucións que lles correpondan conforme as normas que regulen a súa estructura.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro da Presidencia e Administración Pública para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o densenvolvemento e execución do presente decreto a para adopta-las medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica das funcións traspasadas.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia de Administración Pública

1595