Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 1996 Páx. 1.849

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 79/1996, do 29 de febreiro, sobre asunción da ampliación de medios producida polo Real decreto 91/1996, do 26 de xaneiro, de medios adscritos ós servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 2834/1983, do 5 de outubro, en materia de protección á muller e a súa asignación á Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Por Real decreto 91/1996, de 26 de xaneiro, amplíanse os medios adscritos ós servicios da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 2834/1983, en materia de protección á muller.

Parece, pois, conveniente asumir de forma expresa tales medios, que se consignan no Real decreto 91/1996, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencia, e consignárllelos ós órganos correspondentes da Administración galega.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Quedan asumidos os medios persoais e os créditos traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 91/1996, do 26 de xaneiro, en materia de protección á muller, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencia que se publica como anexo ó dito real decreto.

Os bens, dereitos e obrigas, así como o persoal e créditos orzamentarios que figuran nas relacións adxuntas ó anexo do real decreto citado asígnanse ó Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, organismo autónomo adscrito á Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A Consellería de Familia, Muller e Xuventude dictará cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento e execución do presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintenove de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

1468