Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 1996 Páx. 1.771

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1996 pola que se conceden axudas para o desenvolvemento de proxectos educativos conxuntos no marco do Programa Sócrates, Lingua, Acción E, para realizar entre o 25 de xaneiro e o 30 de xuño de 1996.

Por orde do Ministerio de Educación y Ciencia do 31 de maio de 1995 (BOE do 8 de xuño) foron convocadas axudas para o desenvolvemento de proxectos educativos conxuntos dentro do Programa Sócrates, Lingua, Acción E.

De conformidade co disposto nos apartados noveno e décimo da citada orde, correspóndelle a esta Comunidade Autónoma a resolución desta convocatoria no ámbito das súas competencias.

Na súa virtude, vista a proposta de adxudicación feita pola comisión de avaliación, esta secretaría xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicar axudas, pola contía que se indica, para a realización de intercambios e encontros escolares e para visitas preparatorias, para desenvolver entre o 25 de xaneiro e o 30 de xuño de 1996, ós centros que figuran relacionados no anexo I. A cantidade para repartir é de 126.207 ecus (a 158,5 pesetas).

Segundo.-Por non ter obtida suficiente puntuación, os centros que aparecen relacionados no anexo II, e que solicitan axudas para visitas preparatorias, quedan en reserva ante as posibles renuncias dos centros seleccionados. Nesta circunstancia, adxudicarase a axuda seguindo a orde de centros establecida no devandito anexo.

Terceiro.-O libramento das axudas ós centros realizarase a través das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, de acordo coa seguinte distribución:

a) O 70% do total das axudas correspondente a cada centro beneficiario, librarase despois da publicación no DOG da presente resolución.

b) O 30% restante, unha vez recibida a memoria á que se refire o apartado cuarto 3.1 da presente resolución.

Cuarto.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios deste tipo de axudas quedan obrigados a:

1. Comunicar, se é o caso, a obtención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade de calquera das administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

2. Someterse ás actuacións de comprobación que, se é o caso, poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como a de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Administración do Estado e facilitar canta información lles fose requirida polo Tribunal de Contas.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memorias.

3.1.1. Visitas preparatorias: os centros beneficiarios deste tipo de axuda enviarán unha breve memoria (orixinal e copia) das actividades levadas a cabo durante a estadía co profesorado do centro asociado, indicando os futuros proxectos de colaboración acordados.

3.1.2. Intercambios e encontros: os centros beneficiarios enviarán orixinal e copia da memoria descritiva da viaxe e estadía realizadas, cunha extensión máxima de 25 folios.

A devandita memoria reflectirá o grao de cumprimento dos obxectivos programados, o número de alumnos e alumnas participantes e a avaliación das actividades desenvolvidas, incluíndo elementos de análise por parte do alumnado. Poderase xuntar material audiovisual.

3.1.3. A documentación a que se refiren os apartados 3.1.1 e 3.1.2 deberá ser remitida antes do 15 de xullo de 1996, á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, edificio San Lázaro nº 107, 15771 Santiago de Compostela, precisando Programa Sócrates, Lingua, Acción E.

3.2. Certificado da dirección do centro que exprese que se cumpriu a finalidade que motivou a concesión da axuda.

3.3. Carpeta-índice que inclúa tódolos orixinais de nóminas, recibos, facturas e calquera outro xustificante de gasto realizado que, legalmente admitido, sexa imputable á axuda concedida.

Unicamente cando os beneficiarios destas axudas sexan alumnos de centros públicos, a documentación esixida no apartado 3.3 poderá ser substituída por unha certificación do consello escolar sobre a aplicación dada á axuda recibida, que substituirá os xustificantes orixinais contidos na carpeta-índice. Estes xustificantes orixinais quedarán en poder dos centros a disposición do Tribunal de Contas e da Intervención Xeral da Administración do Estado para a realización das comprobacións oportunas no ámbito das súas respectivas competencias.

3.4. A documentación a que se refiren os apartados 3.2. e 3.3 terá que serlle remitida antes do 15 de novembro de 1996 á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, antes citada.

Quinto.-A non xustificación da axuda percibida de acordo co disposto nestas bases levará ó reintegro das cantidades non xustificadas e ás esixencias dos xuros de demora, sen prexuízo das responsabilidades administrativas nas que poida incorrer de acordo cos artigos 81 e 82 da vixente Lei xeral orzamentaria.

Sexto.-Calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Sétimo.-A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Oitavo.-Contra esta resolución, os interesados poderán interpoñer, no prazo dun mes, recurso ordinario perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1996.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

A) INTERCAMBIOS OU ENCONTROS. RELACIÓN DE CENTROS SELECCIONADOS

860