De conformidade co establecido no punto dous das normas de procedemento do acordo subscrito en Santiago de Compostela o 6 de xuño de 1995 polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de
Negociación de Funcionarios e do Comité Intercentros do Persoal Laboral, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 16 de xuño de 1995 e publicado por Resolución do 22 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 126, do 3-7-1995) deben publicarse as listas provisionais das axudas da acción social do ano 1995.
De conformidade con isto, esta dirección xeral,
ACORDA:
Primeiro.-Facer publicas as listas provisionais das solicitudes aprobadas e denegadas das prestacións correspondentes ás continxencias de xubilación, diminuídos, estudios do traballador e vivenda da acción social do ano 1995, que están expostas no taboleiro de anuncios de tódalas consellerías, así como nas delegacións provinciais e relativas ó seu persoal.
Segundo.-Poderase presentar escrito e, se é o caso, documentos de reparación de faltas e erros no prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ó da publicación desta resoluicón no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e na base 6-2 do acordo sobre criterios de reparto do Fondo de Acción Social para o exercicio de 1995 (DOG nº 126, do 3-7-1995) no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos, segundo establece o artigo 38 da mencionada Lei 30/1992, do 26 de novembro, e dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública (edificios administrativos de San Caetano), Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1996.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública
1207