Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 1996 Páx. 1.694

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 29 de febreiro de 1996 pola que se regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ó servicio da Comunidade Autónoma de Galicia, nas eleccións xerais do día 3 de marzo de 1996.

Convocadas eleccións xerais polo Real decreto 1/1996, do 8 de xaneiro, da Presidencia do Goberno, que terán lugar o vindeiro día 3 de marzo do presente ano, é preciso adopta-las medidas oportunas para facilita-lo exercicio dos dereitos e deberes do persoal ó servicio desta Administración autonómica.

En consecuencia, en virtude do previsto nos artigos

28, 76, e 78 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño,

do réxime electoral xeral, e no artigo 14 de Real

decreto 421/1991, do 5 de abril, modificado polo

Real decreto 563/1993, do 16 de abril, polo que

se dictan normas reguladoras dos procesos electo-rais,

e demáis disposicións concordantes, esta con-sellería,

de conformidade coas facultades que lle

confire o artigo 13 da Lei 4/1988, do 26 de maio,

da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.–O persoal ó servicio da Administración

pública da Galicia que o día das eleccións non des-frute

do seu descanso semanal terá dereito a un per-miso

retribuído de catro horas libres para exerce–lo

seu dereito ó voto, sempre que a súa quenda de

traballo, o día 3 de marzo de 1996, coincida polo

menos en catro horas co tempo no que permanecerán

abertas as mesas electorais.

Segundo.

1. O persoal nomeado presidente ou vocal de mesas

electorais e os que acrediten a súa condición de

interventores teñen dereito, durante o día da vota-ción,

a un permiso retribuído de xornada completa

se non desfrutan en tal data de descanso semanal,

e a unha reducción da súa xornada de traballo de

cinco horas o día inmediatamente posterior.

2. Os que acrediten a súa condición de apoderados

teñen dereito a un permiso retribuído durante o día

da votación, se non desfrutan nese día de descanso

semanal.

Terceiro.–Os directores ou xefes de persoal das

dependencias nas que presta os seus servicios o per-soal

afectado por esta orde, esixiránlle ó mencionado

persoal os oportunos xustificantes expedidos polas

mesas electorais de que foi exercido o seu dereito

ó voto.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día da súa publi-cación

no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

943