Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 1996 Páx. 1.694

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ratifican os estatutos da Federación Galega de Balonmán.

Visto os estatutos da Federación Galega de Balon-mán

e a acta de aprobación da súa asemblea xeral

extraordinaria de 30–12–1995.

Visto o informe da sección de Rexistro de Clubs

e Asuntos Xurídicos, a Orde do 28 de xullo de 1995

de desenvolvemento do Decreto 228/1994, do 14

de xullo, regulador das federacións deportivas gale-gas,

a Lei 10/1990, xeral do deporte e demáis nor-mativa

aplicable,

RESOLVO:

Ratificar con efectos desde a aprobación da súa

asemblea os estatutos aprobados de conformidade

co artigo 8 da Orde do 28 de xullo de 1995 e auto-rizala

publicación dos estatutos no Diario Oficial

de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1996.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

Estatutos da Federación Galega de Balonmán

(Aprobados pola asemblea xeral extraordinaria do

30–12–1995).

Adaptación ó Decreto 228/1994, Orde do

28–7–1995 (Xunta de Galicia)

TÏTULO I

Principios xerais e réxime xurídico

Capítulo I

Definición e réxime xurídico

Artigo 1º

A Federación Galega de Balonmán é unha entidade

de dereito privado que reúne a clubs, xogadores,

adestradores e árbitros dedicados á práctica do

balonmán, así como ás asociacións e demais enti-dades

relacionadas con este deporte que se adscriban

a ela.

Artigo 2º

A Federación Galega de Balonmán goza de per-sonalidade

xurídica e de plena capacidade de obrar

para o cumprimento dos seus fins rexéndose pola

Lei do deporte, as propias da Comunidade Autónoma

de Galicia, e disposicións complementarias, polos

presentes estatutos, as normas regulamentarias dic-tadas

no seu desenvolvemento e os acordos vali-damente

adoptados polos seus órganos de goberno.

Artigo 3º

A Federación Galega de Balonmán está afiliada

á Real Federación Española de Balonmano, á que

pertence como membro, obrigándose ó cumprimento

das normas dictadas por ela, en todo canto afecte

á orde técnica e disciplinaria.

A Federación Galega de Balonmán ostentará, con

carácter exclusivo, a representación da Real Fede-ración

Española de Balonmano na Comunidade

Autónoma de Galicia.

Artigo 4º

A Federación Galega de Balonmán é a única com-petente

dentro da Comunidade Autónoma de Galicia

para a organización e control das competicións de

balonmán.

Capítulo II

Domicilio

Artigo 5º

A Federación Galega de Balonmán estará domi-ciliada

en Vigo, rúa Paraguai, 20 – entrechán.

Autorízase a xunta directiva para modifica–lo dito

domicilio sempre que sexa dentro do mesmo termo

municipal.

Capítulo III

Ámbito de aplicación

Artigo 6º

Quedan sometidos á disciplina da Federación Gale-ga

de Balonmán os seus directivos e, en canto

actúen dentro do seu ámbito competencial, os direc-tivos

das súas delegacións, os dos clubs, xogadores,

adestradores, árbitros e demais entidades e asocia-cións

afiliadas.

Artigo 7º

1. A Federación Galega de Balonmán tén plena

xurisdicción en todo o territorio da Comunidade

Autónoma de Galicia, dentro do seu ámbito material

de competencias.

2. A Federación Galega de Balonmán articúlase

a través de delegacións provinciais, que o ámbito

de actuación, acomodándose á organización da

Comunidade Autónoma, se corresponde coas pro-vincias

naturais. Poderanse establecer zonas e sub-delegacións

segundo as necesidades organizativas

ou de competición, podendo ser estas de carácter

interprovincial.

Capítulo IV

Funcións

Artigo 8º

É competencia da Federación Galega de Balonmán

a ordenación e dirección da actividade do balonmán

galego, en coordinación coa Real Federación Espa-ñola

de Balonmano e coa Secretaría Xeral para o

Deporte da Xunta de Galicia.

Artigo 9º

Son funcións propias da Federación Galega de

Balonmán :

a) Fomenta–lo desenvolvemento e práctica do

balonmán, promovendo, divulgando e organizando

competicións en coordinación coa Real Federación

Española de Balonmano.

b) Aplicar, dentro da súa competencia, o seu réxi-me

xurídico, velar polo seu cumprimento e exerce–la

potestade disciplinaria.

c) Colaborar na formación do persoal técnico e

especializado nos diferentes niveis de participación:

club, xogadores, adestradores e árbitros; promoven-do

cursos de iniciación, formación e perfeccio-namento.

Capítulo V

Estructura orgánica

Artigo 10º

Para o adecuado cumprimento das súas funcións

a Federación Galega de Balonmán contará coas

seguintes clases de órganos:

a) Órganos de representación e goberno.

b) Órganos complementarios de representación e

goberno.

c) Órganos técnicos.

d) Órganos xurisdiccionais.

Os membros dos diferentes órganos da Federación

Galega de Balonmán son responsables especifica-mente

dos actos, resolucións ou acordos adoptados

por aquel do que formen parte, coa salvidade do

establecido no parágrafo seguinte.

Os votos contrarios ós acordos adoptados ou a abs-tención

motivada eximirán das responsabilidades

que puidesen derivarse da súa adopción.

Artigo 11º

Son órganos superiores de representación e gober-no,

a asemblea xeral e o presidente.

Tódolos órganos superiores de representación e

goberno e a comisión delegada serán cubertos por

sufraxio libre, igual, directo e secreto, e os demais

serán designados e revogados libremente polo pre-sidente

da Federación Galega de Balonmán , salvo

as excepcións que se consideran nos estatutos.

Artigo 12º

No seo da asemblea xeral constituirase de maneira

obrigatoria unha comisión delegada de asistencia

a ela.

Artigo 13º

Son órganos complementarios de representación

e goberno: a xunta directiva, a comisión permanente

desta, o secretario e o tesoureiro, que exercerán as

funcións administrativa e de xestión.

Artigo 14º

Os comités técnicos son órganos de colaboración

e asesoramento ó presidente da Federación Galega

de Balonmán , e deberase constituír, como mínimo,

o Comité Técnico, o Comité Territorial de Activi-dades

e o Comité Territorial de Árbitros.

Artigo 15º

Son órganos xurisdiccionais: o Comité Territorial

de Competición e o Comité Territorial de Apelación.

TÍTULO II

Órganos de goberno e representación

Capítulo I

A asemblea xeral

Sección primeira

Definición e funcións

Artigo 16º

A asemblea xeral é o órgano superior da Federación

Galega de Balonmán na que están representados

clubs e asociacións deportivas, xogadores, adestra-dores

e árbitros.

Artigo 17º

Son funcións da asemblea xeral a elección do pre-sidente

e comisión delegada, a aprobación e modi-ficación

dos estatutos, e no seu caso a moción de

censura do presidente, así como aqueloutras que

lle sexan outorgadas polos presentes estatutos:

a) Aproba–las normas polas que se deban rexe–las

distintas competicións organizadas pola federación,

así como calquera disposición que sexa necesaria

para o cumprimento dos fins federativos.

b) Aproba–los balances, estados de contas e memo-rias

que deben formalizarse en cumprimento das dis-posicións

legais vixentes.

c) Aproba–los orzamentos da federación e todas

aquelas medidas que sexan precisas para o bo fun-cionamento

económico dela.

d) Fixa–las cotas, dereitos e demais ingresos

federativos.

e) Resolve–las proposicións que lle sexan some-tidas

pola xunta directiva, pola comisión delegada

ou polos membros da asemblea, sempre que repre-senten

un mínimo do 5% do total e se formulen

por escrito, con antelación mínima de quince días

á data da súa celebración.

f) Decidir sobre aquelas cuestións que non sexan

competencia doutros órganos e estean incluídas na

orde do día.

Sección segunda

Composición

Artigo 18º

A asemblea xeral estará composta por un máximo

de 40 membros elixidos de entre os estamentos do

balonmán galego, clubs, xogadores, adestradores e

árbitros respectando as proporcións establecidas no

artigo 20º.

Artigo 19º

Os membros da asemblea xeral causarán baixa:

a) Por falecemento.

b) Por demisión.

c) Por incorrer nalgunha das causas de inelixi-bilidade

previstas no artigo 23º.

d) Polo transcurso do prazo para o que foron

elixidos.

As baixas que se produzan na asemblea xeral serán

cubertas polo seguinte candidato máis votado no res-pectivos

estamentos.

Artigo 20º

A composición da asemblea xeral fíxase de acordo

coas seguintes proporcións:

a) O 60 por cento en representación de clubs.

b) O 20 por cento en representación de xogadores.

c) O 5 por cento en representación de adestradores.

d) O 5 por cento en representación de árbitros.

e) O 10 por cento en representación doutros

colectivos.

No caso de que o presidente electo non ostentase

a condición de asembleísta, o número de membros

verase aumentado en un e este manterá, sempre,

o voto de calidade para o caso de empate nas

votacións.

Sección terceira

Sistema de elección

Artigo 21º

A elección efectuarase cada catro anos, con carác-ter

ordinario, coincidindo co ano de celebración dos

xogos olímpicos de inverno, mediante sufraxio libre,

igual, directo e secreto, por e entre os compoñentes

dos distintos estamentos do balonmán galego.

A asemblea xeral poderase reunir en pleno ou en

comisión delegada.

Artigo 22º

1. Serán electores e elixibles:

a) Os clubs legalizados sempre que participasen

en actividade deportiva o último ano.

b) Os xogadores, adestradores, e árbitros que teñan

licencia en vigor, polo menos, desde a temporada

anterior á de celebra–las eleccións calquera que sexa

a categoría da licencia.

2. En todo caso requirirase ser maior de idade.

Artigo 23º

Son causas de inelixibilidade:

a) Non posuí–la nacionalidade española.

b) Estar inhabilitado de forma absoluta ou especial

para cargo público en virtude de sentencia penal

firme ou para a actividade deportiva como conse-cuencia

de sanción disciplinaria deportiva.

c) Ter sido declarado incapaz por sentencia xudi-cial

firme.

Artigo 24º

Para a elección dos membros da asemblea xeral

será suficiente a maioría simple dos votos nos termos

que estableza o Regulamento de eleccións.

Artigo 25º

A Federación Galega de Balonmán, para o mellor

funcionamento das asembleas, poderá solicita–lo

asesoramento técnico daquelas persoas que non sen-do

membros dela, formen parte da súa estructura.

Sección cuarta

Réxime de sesións e de adopción de acordos

Artigo 26º

1. A asemblea xeral reunirase en sesión ordinaria

unha vez ó ano, antes de comeza–la nova temporada

deportiva, para os fins da súa competencia. A asem-blea

xeral deberá ser convocada con un mes de ante-lación;

os asembleístas terán quince días para

envia–las súas propostas e toda a documentación

será remitida ó domicilio do asembleísta con 10 días

de antelación á celebración da asemblea.

2. O voto será persoal. Non se admitirá a delegación

de voto salvo o correspondente ós clubs deportivos

que poderá exercelo o seu presidente ou a persoa

na que el delegue, sempre que non sexa membro

da asemblea da federación, de acordo cos seus pro-pios

estatutos, con carácter expreso e escrito para

cada reunión. Ninguén poderá ostentar máis dunha

delegación de voto.

3. As votacións serán públicas, salvo cando o soli-citen

a terceira parte dos asistentes.

Artigo 27º

1. A asemblea xeral reunirase con carácter extraor-dinario

por iniciativa do presidente ou cando o soli-citen

polo menos a cuarta parte dos seus membros,

indicando na solicitude os asuntos que se van tratar.

Presentada a solicitude de convocatoria por un

número de membros suficiente, o presidente deberá

convocala necesariamente no prazo de 10 días natu-rais.

Desde a convocatoria ata a data de celebración

da asemblea non poderán transcorrer máis de 20

días naturais.

A convocatoria, que deberá conte–la orde do día

da reunión, farase pública no taboleiro de anuncios

da federación e nas súas delegacións con 10 días

de antelación á data de celebración. En todo caso

notificarase individualmente a cada un dos membros

da asemblea, por calquera medio que permita ter

constancia da data de recepción dela, cunha ante-lación

mínima de 48 horas.

2. Requirirase necesariamente o acordo da asem-blea

xeral extraordinaria adoptado pola maioría de

dous tercios dos asistentes, sempre que se trate de

gravar ou allear bens inmobles, tomar diñeiro a prés-tamo

e emitir títulos transmisibles representativos

de débeda ou parte alícuota patrimonial. En ningún

momento poderá comprometerse de modo irrever-sible

o patrimonio da federación.

Capítulo II

Comisión delegada

Artigo 28º

1. A comisión delegada será elixida entre e pola

asemblea xeral mediante sufraxio entre os seus mem-bros.

O seu mandato coincidirá co da asemblea xeral.

2. O número de membros da comisión delegada

será do 15 por cento dos membros da asemblea mailo

presidente da Federación Galega de Balonmán.

3. Se se producise algunha vacante cubriríase co

seguinte candidato máis votado.

4. O presidente da federación convocará a comisión

delegada, que se reunirá, como mínimo cada 4 meses

para os fins da súa competencia e polo menos para

realiza–lo seguimento da xestión deportiva e eco-nómica

da federación.

Artigo 29º

Corresponde á comisión delegada da asemblea

xeral:

a) A elaboración dun informe previo á aprobación

dos orzamentos.

b) A modificación do calendario deportivo.

c) A modificación dos orzamentos e dos regu-lamentos.

d) O seguimento da xestión deportiva e económica

da federación.

As modificacións non poderán exceder dos límites

e criterios que a propia asemblea xeral estableza.

A proposta sobre os temas que se van tratar na

comisión corresponde exclusivamente ó presidente

ou ós dous tercios dos membros da comisión

delegada.

Artigo 30º

Quedará validamente constituída a comisión dele-gada

cando asistan, como mínimo, a metade dos seus

membros.

O presidente da Federación Galega de Balonmán,

para o mellor funcionamento das sesións, poderá

solicita–lo asesoramento técnico daquelas persoas

que non sendo membros natos dela formen parte

da súa estructura.

Artigo 31º

Os acordos da comisión delegada adoptaranse por

maioría simple dos presentes.

Capítulo III

O presidente

Artigo 32º

1. O presidente da Federación Galega de Balonmán

é o órgano executivo dela. Ostenta a súa represen-tación

legal, convoca e preside os órganos superiores

de representación e goberno e executa os acordos

adoptados por estes, dispoñendo do voto de calidade

en caso de empate na adopción dos acordos dos

órganos que preside.

2. Corresponde así mesmo ó presidente, outor-ga–

los poderes de representación, administración e

de orde procesual, que estime convenientes, osten-ta–

la dirección superior da administración federativa

e autorizar coa súa sinatura ou da persoa en quen

delegue,e a do tesoureiro ou outro directivo expre-samente

autorizado pola xunta directiva, os paga-mentos,

así como toda clase de documentos públicos

e privados, designar ós membros da súa xunta direc-tiva,

vicepresidentes e de calquera dos comités, así

como aquelas funcións non asignadas a ningún órga-no

federativo.

Artigo 33º

En caso de ausencia ou enfermidade o presidente

será substituído por un vicepresidente pola súa orde,

sen prexuízo das delegacións que estime oportuno

realizar.

Artigo 34º

1. O presidente é elixido pola asemblea xeral,

mediante sufraxio libre, igual, directo e secreto, cada

catro anos, coincidindo cos anos dos xogos olímpicos

de inverno.

2. Para ser presidente da Federación Galega de

Balonmán requirirase:

a) Ser español

b) Te–la condición de cidadán de Galicia, segundo

o Estatuto de autonomía.

c) Ser maior de idade.

d) Estar en pleno uso dos seus dereitos civís e

non estar inhabilitado para o exercicio en funcións

públicas.

e) Non sufrir sanción deportiva que o inhabilite.

O cargo de presidente será incompatible coas acti-vidades

de: xogador, adestrador, árbitro, directivo

de club e coa de directivo doutras federacións

deportivas.

Artigo 35º

O presidente cesará:

a) Polo cumprimento do prazo para o que foi

elixido.

b) Por demisión.

c) Por falecemento.

d) Pola moción de censura aprobada segundo o

disposto nos presentes estatutos.

e) Por incapacidade física permanente que lle

impida o desenvolvemento do seu cometido.

f) Por incorrer nalgunha das causas de inelixi-bilidade

ou incompatibilidade previstas nos presen-tes

estatutos.

Artigo 36º

1. Reunirase a asemblea xeral para someter a vota-ción

a moción de censura contra o presidente, cando

o soliciten alomenos un tercio dos seus membros,

e se inclúa na solicitude un candidato á presidencia

da federación. Entre as solicitudes e a celebración

da asemblea xeral non poderá mediar un período

de tempo superior ós dous meses.

2. Sometida a votación, requirirase para ser apro-bada

o voto favorable de alomenos os dous tercios

dos asistentes á asemblea xeral. Neste caso o novo

presidente ostentará o mandato polo tempo que falte

ata as seguintes eleccións xerais.

3. Desestimada a moción de censura, os seus pro-poñentes

non poderán solicitar outra ata o transcurso

de un ano desde a celebración da asemblea xeral

que tratou a moción de censura.

Capítulo IV

Xunta directiva

Artigo 37º

1. A xunta directiva da Federación Galega de

Balonmán é o órgano colexiado de xestión dela. Os

seus membros, en número non inferior a 5 nin supe-rior

a 15, serán designados e revogados libremente

polo presidente, nomeándose de entre eles, polo

menos, un vicepresidente e un tesoureiro.

2. O presidente poderá convocar ás reunións da

xunta directiva en calidade de asesores, sen dereito

a voto, a aquelas persoas que considere necesarias

para o bo funcionamento dela.

Artigo 38º

Son funcións da xunta directiva:

a) Elabora–lo proxecto dos Regulamentos da fede-ración

para o seu sometemento á comisión delegada.

b) Elabora–lo anteproxecto de normas que deban

rexe–las distintas competicións organizadas pola

federación.

c) Aproba–lo anteproxecto de orzamento e balance

para o seu sometemento á comisión delegada.

d) Establece–las modificacións ou rectificacións

no desenvolvemento dos plans de actividades no

momento e circunstancias no que o interese xeral

do balonmán así o esixa.

e) Calquera outra que no ámbito das súas com-petencias

lle sexa asignada polo presidente.

Artigo 39º

A xunta directiva reunirase con carácter ordinario

cada tres meses e con carácter extraordinario sempre

que o considere oportuno o presidente. A convo-catoria,

na que constará a data e hora de celebración

e os asuntos que se van tratar, deberase notificar

como mínimo con antelación de sete días, podendo

excepcionalmente reducirse o prazo a corenta e oito

horas cando o presidente aprecie motivos de reco-ñecida

urxencia que así o aconsellen.

Artigo 40º

A xunta directiva quedará validamente constituída

cando asistan a metade máis un dos seus membros,

excepto nos casos de urxencia que quedará cons-tituída

calquera que sexa o número dos seus mem-bros

asistentes. Os acordos adoptaranse por maioría

dos asistentes, decidindo en caso de empate o voto

do presidente.

Artigo 41º

1. O presidente nomeará de entre os membros da

xunta directiva unha comisión permanente que terá

por misión resolver asuntos de trámite, os que requi-ran

decisión urxente, ou aqueloutros que lle poda

delega–la xunta directiva.

2. O presidente convocará a comisión permanente

cun mínimo de corenta e oito horas de antelación,

quedando validamente constituída coa asistencia de

tres membros. Os seus acordos serán adoptados pola

metade máis un dos membros presentes, decidindo

en caso de empate, o presidente, e deles darase conta

á xunta directiva.

Artigo 42º

Os membros da xunta directiva que non o sexan

da asemblea xeral, terán acceso ás sesións dela, con

dereito a voz pero non a voto.

Capítulo V

Órganos administrativos

Sección primeira

Secretaría

Artigo 43º

A secretaría é o órgano executivo das funcións

administrativas da Federación Galega de Balonmán

e o seu titular serao de tódolos órganos colexiados

de representación e goberno, previstos no título II

dos presentes estatutos, nos que actuará con voz

pero sen voto.

Artigo 44º

Sen prexuízo das funcións que expresamente se

lle encomenden polo presidente, corresponderá ó

secretario xeral:

a) Coordina–las funcións dos diversos órganos

federativos.

b) Ostenta–la xefatura do persoal dependente da

federación por delegación do presidente.

c) Prepara–las sesións dos órganos de represen-tación

e goberno, velando polo cumprimento dos

acordos destes.

d) Velar polo cumprimento das disposicións legais

vixentes.

e) Custodia–la documentación oficial da federa-ción,

expedir certificacións e leva–los libros de

rexistro e os arquivos.

f) Prepara–la resolución e despacho dos asuntos

xerais.

g) Elabora–la memoria actual da entidade.

h) Levantar actas das sesións dos órganos de gober-no

e representación, con indicación dos asistentes,

temas que se van tratar, o resultado das votacións

e, se é o caso, os votos particulares contrarios ó

acordo adoptado.

i) Remitir á Secretaría Xeral para o Deporte as

actas das reunións da asemblea xeral e da comisión

delegada no prazo de 15 días desde a data da súa

celebración.

Sección segunda

Tesourería

Artigo 45º

A tesourería é o órgano de xestión económica da

federación galega. Á fronte dela estará un tesoureiro

nomeado polo presidente de entre os membros da

xunta directiva.

Artigo 46º

Son funcións do tesoureiro:

a) O control contable da federación.

b) Prepara–lo anteproxecto de orzamento da fede-ración

así como o balance de situación e as contas

de ingresos e gastos.

c) A proposición de pagamentos.

d) Informar á xunta directiva da situación da enti-dade

no ámbito propio da súa competencia.

TÍTULO III

Órganos técnicos

Artigo 47º

Son órganos técnicos da Federación Galega de

Balonmán:

a) A Comisión Técnica.

b) O Comité Territorial de Actividades.

c) O Comité Territorial de Árbitros.

Artigo 48º

O presidente da federación galega designará de

entre os membros da xunta directiva, ó presidente

de cada un dos órganos técnicos, e nomeará ás per-soas

que deban formar parte destes.

a) A Comisión Técnica.

Artigo 49º

Corresponde á Comisión Técnica o estudio, desen-volvemento

e execución de tódolos aspectos técnicos

do balonmán, así como a elaboración e proposición

de medidas para a súa promoción.

b) O Comité Territorial de Actividades.

Artigo 50º

1. Corresponde ó Comité Territorial de Actividades

a promoción, organización, dirección e control das

competicións de ámbito territorial.

2. O Comité Territorial de Actividades compoñe-rase

por un mínimo de tres persoas, non podendo

ser ningún dos membros nin adestrador nin xogador,

nin árbitro en activo, sendo designados directamente

polo presidente da Federación Galega de Balonmán

e quen o presida, como mínimo, formará parte da

xunta directiva.

c) O Comité Territorial de Árbitros.

Artigo 51º

1. O presidente da Federación Galega de Balonmán

designará de entre os membros da xunta directiva,

ó presidente do Comité Territorial de Árbitros.

2. O Comité Territorial de Árbitros adoptará a

estructura territorial da Federación Galega de Balon-mán.

3. Serán funcións propias deste comité:

a) Establece–los niveis de formación arbitral.

b) Designar ós colexiados en tódalas competicións

de ámbito territorial.

c) Propoñer á xunta directiva da Federación Galega

de Balonmán os candidatos a árbitros nacionais.

d) Propoñer á asemblea xeral as tarifas arbitrais

das competicións organizadas pola Federación Gale-ga

de Balonmán .

Artigo 52º

O presidente da federación poderá crear outros

órganos técnicos cando o considere oportuno para

a mellor execución dos fins federativos, establecén-dose

as funcións que se e o caso lles corresponda,

así como o seu ámbito de actuación.

TÍTULO IV

Órganos xurisdiccionais

Artigo 53º

Son órganos xurisdiccionais da Federación Galega

de Balonmán o Comité Territorial de Competición

e o Comité Territorial de Apelación, os cales gozarán

de absoluta independencia respecto dos restantes

órganos federativos. O presidente da federación

designará ós respectivos membros.

Os seus membros non poderán incorrer nas causas

da inelixibilidade do artigo 23º, e o seu cargo durará

unha temporada oficial.

Artigo 54º

O réxime de sesións e de adopción de acordos

destes comités regularase no correspondente regu-lamento.

Capítulo I

Comité Territorial de Competición

Artigo 55º

O Comité Territorial de Competición estará for-mado

por un mínimo de tres persoas e un máximo

de sete, podéndose designar de entre elas un

vicepresidente.

Artigo 56º

O presidente da Federación Galega de Balonmán

poderá nomear para as competicións que estime con-veniente

un xuíz único.

Artigo 57º

É competencia do Comité Territorial de Compe-tición

coñecer en primeira instancia:

a) Das infraccións que se cometan nos encontros

e competicións de categoría territorial, así como as

reclamacións que se produzan con referencia a

aqueles.

b) Das cuestións disciplinarias en que poidan

incorre–las persoas ou entidades sometidas á potes-tade

disciplinaria da Federación Galega de Balon-mán

.

Capítulo II

Comité Territorial de Apelación

Artigo 58º

O Comité Territorial de Apelación estará composto

por un mínimo de tres membros e un máximo de

cinco. De entre eles poderase designar un vice-presidente.

Artigo 59º

É competencia do Comité Territorial de Apelación

coñecer dos recursos interpostos contra os acordos

do Comité Territorial de Competición ó amparo do

previsto na normativa vixente.

Artigo 60º

Contra as resolucións definitivas do Comité Terri-torial

de Apelación cabe recurso ante o Comité Gale-go

de Disciplina Deportiva.

TÍTULO V

Réxime económico–financeiro

Artigo 61º

A Federación Galega de Balonmán someterase

ó réxime de orzamento e patrimonio propio. O ano

económico iniciarase o 1 de xaneiro e pecharase

o 31 de decembro seguinte.

Artigo 62º

A Federación Galega de Balonmán é unha enti-dade

sen fins de lucro e a totalidade dos seus ingresos

deberán aplicarse ó cumprimento dos seus fins

sociais.

Artigo 63º

Os recursos económicos da federación galega

procederán:

a) Das subvencións que poidan recibirse da Real

Federación Española de Balonmano, da Xunta de

Galicia e doutras administracións públicas.

b) Dos dereitos e cotas que en relación coas persoas

afiliadas estableza a asemblea xeral no ámbito das

súas competencias.

c) Do importe das multas que se impoñan polos

órganos xurisdiccionais como consecuencia das

infraccións á disciplina federativa ou ás normas que

regulan as competicións.

d) Das doazóns, legados, herdanzas ou outros

ingresos obtidos en forma legal.

e) Dos productos dos bens e dereitos que lle corres-pondan,

así coma calquera outros ingresos que se

obteña do exercicio da actividade propia da fede-ración.

Artigo 64º

A Federación Galega de Balonmán poderá gravar

e allea–los seus bens inmobles, tomar diñeiro a prés-tamo

e emitir títulos transmisibles representativos

de débeda ou de parte alícuota patrimonial, sempre

de acordo co establecido nas leis e demais normas

que sexan de aplicación.

Artigo 65º

O réxime contable da Federación Galega de Balon-mán

adaptarase ó disposto no Plan Xeral de Con-tabilidade,

e nas disposicións dictadas no seu

desenvolvemento.

Artigo 66º

A federación galega poderá outorgar subvencións

en favor de entidades a elas afiliadas e das súas

delegacións; neste caso, de consideralo conveniente,

fiscalizará e controlará a xestión económica destas.

Artigo 67º

O orzamento deberá elaborarse anualmente corres-pondendo

a súa aprobación á asemblea xeral.

TÍTULO VI

Réxime documental

Artigo 68º

O réxime documental da Federación Galega de

Balonmán comprenderá:

a) Libro de Actas, no cal consignaranse as datas

das sesións, asistentes e acordos adoptados.

b) Libro–rexistro de clubs e asociacións, nos que

deberán consta–la denominación da entidade, domi-cilio

e persoas que ostentan cargos directivos, espe-cificando

as datas de toma de posesión e, se é o

caso, de cesamento nos citados cargos.

c) Libros de contabilidade, respecto dos cales esta-rase

en todo caso ó disposto na lexislación vixente.

d) Libro–rexistro de entrada e saída de docu-mentos.

e) Libro–inventario dos bens mobles e inmobles.

TÍTULO VII

Entidades e persoas afiliadas

Capítulo I

Dos clubs e asociacións

Artigo 69º

Son clubs de balonmán as asociacións públicas

ou privadas con personalidade xurídica e capacidade

de obrar que teñan como obxectivo exclusivo o

fomento e a práctica da actividade física e deportiva,

sen ánimo de lucro, que estean afiliadas á Federación

Galega de Balonmán.

Artigo 70º

A participación dos clubs nas competicións oficiais

organizadas pola federación galega estarán reguladas

polos presentes estatutos, polo regulamentos e

demais normas que sexan de aplicación.

Artigo 71º

Son obrigacións dos clubs:

a) Cumpri–las normas federativas.

b) Satisface–las cotas, dereitos e multas que lles

corresponda.

c) Facilita–la asistencia dos seus xogadores ás dis-tintas

seleccións territoriais.

d) Facilita–la asistencia dos seus técnicos ás dis-tintas

actividades organizadas pola federación gale-ga.

e) Cumpri–las disposicións referentes ás condi-cións

dos seus terreos de xogo e instalacións

complementarias.

f) Coidar da formación deportiva dos seus xoga-dores

e técnicos.

g) Aqueloutras que lles veñan impostas polas dis-posicións

legais ou polas normas federativas.

Artigo 72º

Os clubs terán dereito a:

a) Intervir na elección dos órganos de goberno

e representación da federación galega na forma pre-vista

nos presentes estatutos.

b) Participar nas competicións oficiais que lles

corresponda pola súa categoría.

c) Organizar encontros e outras actividades de

balonmán nas súas instalacións, previa a correspon-dente

autorización federativa.

d) Recibir asistencia da federación en materias

propias desta e os que lles sexan recoñecidos polas

disposicións legais ou polas demais normas fede-rativas.

Artigo 73º

Os clubs poderán fusionarse e/ou cede–los seus

dereitos deportivos en beneficio da súa acción depor-tiva

ó amparo da normativa legal vixente. Estas

fusións ou cesións deberanse producir antes do

comezo das competicións oficiais; as que se pro-duzan

unha vez iniciadas estas non producirán efec-tos

federativos ata a súa finalización.

Artigo 74º

Poderán afiliarse á Federación Galega de Balon-mán

as asociacións de clubs que se constituísen

ó amparo da lexislación vixente, e en consecuencia

inscritos no rexistro de asociacións e federacións

deportivas.

Capítulo II

Dos xogadores

Artigo 75º

Son xogadores de balonmán as persoas naturais

que practican este deporte e subscribiron a corres-pondente

licencia federativa.

Artigo 76º

Os xogadores serán clasificados por categorías en

función do seu sexo e idade, e dentro destas polo

rango da competición en que participan. Ningún

xogador poderá subscribir licencia máis que dentro

da categoría á que pertenza, nin aliñarse con equipo

distinto ó que vincule a súa licencia, salvo as excep-cións

que regulamentariamente se establezan.

Artigo 77º

Os xogadores teñen dereito a:

a) Participar na elección dos órganos de goberno

e representación da federación na forma prevista

nos presentes estatutos.

b) Á atención deportivo–técnica por parte do seu

club e da federación galega.

c) Subscribir licencia nos termos establecidos no

correspondente regulamento.

d) Aqueloutros que lle recoñezan as normas fede-rativas

ou as disposicións legais.

e) Á atención médico–deportiva a través dun segu-ro

deportivo obrigatorio.

Artigo 78º

Son obrigacións dos xogadores:

a) Someterse á disciplina federativa e á do club

ó que estean vinculados por licencia.

b) Asistir a probas, cursos e convocatorias instadas

pola federación galega.

c) Non participar nesta actividade deportiva con

club distinto do que pertenza.

d) Aqueloutras que se deriven das normas fede-rativas

ou, se é o caso, das disposicións legais que

lle sexan de aplicación.

Artigo 79º

Poderán inscribirse na Federación Galega de

Balonmán aquelas asociacións de xogadores que

para a defensa dos seus intereses se constituíron

ó amparo da lexislación vixente e en consecuencia

inscritas no rexistro de asociacións e federacións

deportivas.

Capítulo III

Dos adestradores

Artigo 80º

Son adestradores as persoas naturais que provistas

da correspondente licencia teñen por misión o ensi-no,

preparación e dirección técnica do balonmán.

Artigo 81º

A titulación dos adestradores outorgarase pola

Escola Territorial de Adestradores en canto se refire

ó título de adestrador territorial e monitor. A Real

Federación Española outorgará o título de adestrador

nacional.

Artigo 82º

O adestrador unicamente poderá pertencer a un

só club, podendo dentro deste subscribir licencia

por un ou varios equipos, salvo prohibición expresa

en contrario. Excepcionalmente, poderá pertencer

a dous clubs, cando o equipo que dirixe, nun deles,

se atope só en categorías de base.

Artigo 83º

1. A Federación Galega de Balonmán deberá velar

pola mellor formación dos adestradores, organizando

todo tipo de actividades, cursos e seminarios orien-tados

a tal fin.

2. Os adestradores teñen dereito a:

a) Participar na elección dos órganos de goberno

e representación da federación na forma prevista

nos presentes estatutos.

b) Á atención deportivo–técnica por parte do seu

club e da federación galega.

c) Aqueloutros que lle recoñezan as normas fede-rativas

ou as disposicións legais.

d) Á atención médico–deportiva a través dun segu-ro

deportivo obrigatorio.

3. Son obrigacións dos adestradores:

a) Someterse á disciplina federativa e á do club

o que estean vinculados por licencia.

b) Aqueloutras que se deriven das normas fede-rativas

ou, se é o caso, das disposicións legais que

lle sexan de aplicación.

Artigo 84º

Poderán inscribirse na Federación Galega de

Balonmán aquelas asociacións de adestradores que

para a defensa dos seus intereses se constituíron

ó amparo da lexislación vixente e en consecuencia

inscritos no rexistro de asociacións e federacións

deportivas.

Capítulo IV

Dos árbitros

Artigo 85º

Son árbitros de balonmán as persoas físicas pro-vistas

da preceptiva licencia que se responsabilizan

da aplicación das normas do xogo durante os encon-tros,

nos cales constitúen a máxima autoridade.

Artigo 86º

Os árbitros estarán suxeitos na orde técnica e orga-nizativa

á disciplina dos comités nacional e terri-torial

de árbitros.

Artigo 87º

Os árbitros teñen dereito a:

a) Participar na elección dos órganos de goberno

e representación da federación na forma prevista

nos presentes estatutos.

b) Á atención médico–deportiva a través dun segu-ro

deportivo obrigatorio.

c) Poderán afiliarse ás asociacións de árbitros que

para a defensa dos seus intereses se constituíron

ó amparo da lexislación vixente.

Artigo 88º

Son obrigacións dos árbitros:

a) Someterse á disciplina federativa.

b) Asistir a probas, cursos e convocatorias instadas

pola Federación Galega de Balonmán .

c) Mante–lo seu nivel técnico–físico.

d) Aqueloutras que se deriven das normas fede-rativas

ou, no seu caso, das disposicións legais que

lle sexan de aplicación.

TÍTULO VIII

Réxime disciplinario

Artigo 89º

A Federación Galega de Balonmán exercerá a

potestade disciplinaria, no ámbito das súas com-petencias,

de acordo co disposto na lexislación

vixente.

Artigo 90º

Constituirá falta, que se sancionará de acordo co

réxime disciplinario vixente, toda infracción ás nor-mas

contidas nos presentes estatutos, nos regula-mentos,

e demais normas deportivas que así o

sinalen.

Artigo 91º

A potestade disciplinaria da federación exércese

a través dos seus órganos xurisdiccionais. O coñe-cemento

e fallo das infraccións corresponderá ó

Comité Territorial de Competición.

Artigo 92º

As resolucións do Comité Territorial de Compe-tición

serán recorribles ante o Comité Territorial de

Apelación, no prazo de 10 días hábiles a contar

desde a súa notificación, mediante o procedemento

previsto no correspondente Regulamento discipli-nario

e normas da Federación Galega de Balonmán.

Artigo 93º

As resolucións dictadas polo Comité Territorial de

Apelación, nos asuntos da súa competencia, esgo-tarán

os trámites federativos e contra os mesmos

pódese interpoñer recurso ante o Comité Galego de

Disciplina Deportiva, no prazo de 15 días hábiles,

a contar desde a súa notificación.

TÍTULO IX

Disolución da federación

Artigo 94º

A Federación Galega de Balonmán disolverase por

acordo da asemblea xeral e polas demais causas

previstas nas leis. O patrimonio neto resultante da

liquidación económica da federación, se o houbese,

deberá reverter na colectividade de acordo co pre-visto

na lexislación deportiva vixente.

TÍTULO X

Reforma de estatutos

Artigo 95º

A iniciativa para a reforma dos estatutos corres-ponde

ó presidente da federación, ou á asemblea

xeral ou á terceira parte dos membros da mesma.

O proxecto de reforma que deberá presentarse por

escrito, requirirá para a súa aprobación o voto favo-rable

dos dous tercios dos asistentes á asemblea

xeral. En ningún caso poderá iniciarse o procede-mento

de reforma dos estatutos unha vez convocadas

as eleccións á asemblea xeral e á presidencia da

federación.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogados os estatutos da Federación

Galega de Balonmán aprobados pola Dirección Xeral

de Xuventude e Deportes da Xunta de Galicia con

data 12 de xaneiro de 1987, así coma a modificación

aprobada pola asemblea xeral en 19–6–93 e cantas

Normas de inferior rango se opoñan ó previsto nos

presentes estatutos.

956