Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 1996 Páx. 1.703

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ratifican os estatutos da Federación Galega de Kung Fu.

Vistos os estatutos da Federación Galega de Kung

Fu, e a acta de aprobación da súa asemblea xeral

extraordinaria do 2–12–1995.

Visto o informe da Sección de Rexistro de clubs

e Asuntos Xurídicos, a Orde do 28 de xullo de 1995

de desenvolvemento do Decreto 228/1994, do 14

de xullo, regulador das federacións deportivas gale-gas,

a Lei 10/1990, xeral do deporte, e demais nor-mativa

aplicable,

RESOLVO:

Ratificar, con efectos desde a aprobación da súa

asemblea, os estatutos aprobados de conformidade

co artigo 8 da Orde do 28 de xullo de 1995, e auto-riza–

la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1996.

Eduardo lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

Estatutos da Federación Galega de Kung Fu

TÍTULO I

Disposicións xerais

Capítulo I

Denominación, obxecto e domicilio social

Artigo 1º

A Federación Galega de Kung Fu, é unha entidade

privada, de utilidade pública, sen ánimo de lucro,

e o seu ámbito de actuación esténdese á Comunidade

Autonoma de Galicia no desenvolvemento das com-petencias

que lle son propias, e está integrada polos

clubs deportivos, deportistas, técnicos, adestradores,

xuíces e árbitros adicados á práctica do deporte do

Kung Fu.

A Federación Galega de Kung Fu, ademáis das

súas propias atribucións, exerce por delegación fun-cións

públicas de carácter administrativo actuando

como axente colaborador da Administración pública.

Artigo 2º

A Federación Galega de Kung Fu, organízase orgá-nica

e funcionalmente de forma democrática e repre-sentativa,

con personalidade xurídica e patrimonio

propio e independiente de dos seus asociados, e ple-na

capacidade de obrar, coas limitacións sinaladas

pola lei e disposicións vixentes, e pode adquirir,

para os seus propios fins, bens de todas clases,

mobles e inmobles, contratrar e obrigarse para o

cumprimento das súas finalidades e está suxeita ás

súas propias responsabilidades.

Artigo 3º

A Federación Galega de Kung Fu, ten como obxecto

social promocionar, dirixir e ordenar exclusivamente

dentro de Galicia, sen prexuicio das competencias

concorrentes das distintas administracións públicas,

as actividades propias da súa modalidade deportiva,

en coordinación cos organismos correspondentes da

Xunta de Galicia, e rexerase por estes estatutos e

os seus regulamentos, e polas disposicións que dicte

a Xunta de Galicia e, supletoriamente a Adminis-tración

do Estado.

A Federación Galega de Kung Fu, é a única enti-dade

competente dentro da Comunidade Autónoma

de Galicia para promocionar, regulamentar, orga-

nizar, xestionar e controla–las competicións oficiais

do xogo do Kung Fu.

Artigo 4º

A Federación Galega de Kung Fu, dentro da súa

actividade na Comunidade Autónoma de Galicia,

ademáis das súas actividades propias de goberno,

administración, xestión e organización, exercerá,

baixo a tutela da Secretaría Xeral para o Deporte

da Xunta de Galicia, as seguintes funcións públicas

de carácter administrativo.

a) A promoción e divulgación do Kung Fu en tóda-las

súas facetas.

b) Encamiña–los deportistas a que canalicen a

súa actividade á práctica do Kung Fu mediante opor-tunos

cursos de iniciación, formación e perfec-cionamento.

c) Respaldar técnica e administrativamente a prác-tica

do Kung Fu velando ante os organismos com-petentes

polo apoio a esta modalidade deportiva-dentro

de Galicia.

d) Cualificar e organizar, no seu caso, as acti-vidades

e competicións deportivas de ámbito auto-nómico

galego.

e) Exerce–la potestade disciplinaria sobre os inte-grantes

da federación nos termos previstos pola lei.

f) Exerce–lo control das subvencións que lles asig-nen

ás asociacións e entidades deportivas nas con-dicións

que fixe a Secretaría Xeral para o Deporte.

g) Executar, se é o caso, as resolucións do Comité

Galego de Disciplina Deportiva.

h) Calquera outra causa que lle sexa atribuída

pola lexislación vixente.

Os actos realizados pola Federación Galega de

Kung Fu no exercicio das funcións públicas de carác-ter

administrativo, son susceptibles de recurso ante

o conselleiro da Presidencia e Administración Públi-ca,

as súas resolucións esgotan a vía administativa.

Artigo 5º

O domicilio social da Federación Galega de Kung

Fu establécese en Vigo, r/ Nicaragua 8, Entlo.

A xunta directiva, por maioría dos seus membros

e cando as circunstancias o aconsellen, poderá acor-da–

lo cambio do domicilio social dentro da mesma

localidade. Para o traslado do domicilio a outra loca-lidade,

que deberá ser sempre dentro do territorio

da Comunidade Autónoma de Galicia, será necesario

o acordo maioritario da asemblea xeral. En ámbolos

dous casos, o traslado do domicilio social non impli-cará

modificación ostentaria e deberalles ser noti-ficado

ós afiliados e á Secretaría Xeral para o

Deporte.

Por acordo da asemblea xeral, e para afectos pura-mente

de organización interna, poderanse establecer

oficinas e locais da Federación Galega de Kung Fu

en cada unha das 7 cidades máis importantes de

Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, San-

tiago de Compostela, Ferrol e Vigo), agás na que

coincida co seu domicilio social.

Capítulo II

Requisitos para ser membro da Federación Galega

de Kung Fu. Dereitos e deberes

Artigo 6º

Os clubs deportivos poderán integrarse, a petición

propia, na Federación Galega de Kung Fu sempre

que teñan o seu domicilio social e desempeñen a

súa actividade en Galicia e se atopen constituídos

conforme os requisitos esixidos para cada modali-dade

pola lexislación vixente e inscritos no Rexistro

de Clubs, Federacións e Asociacións Deportivas da

Xunta de Galicia, debendo comprometerse a cum-pri–

los estatutos e regulamentos da Federación Gale-ga

de Kung Fu e someterse á autoridade dos órganos

federativos, en relación coas materias da súa com-petencia.

Tódolos clubs deportivos, calquera que sexa a súa

finalidade específica e a forma xurídica que adopten,

deberán inscribirse no correspondente rexistro de

clubs, federacións e asociacións deportivas da Xunta

de Galicia.

Os mesmos criterios e requisitos, no que sexa de

aplicación, rexerán para a integración na Federación

Galega de Kung Fu dos deportistas, técnicos, ades-tradores,

xuíces e árbitros.

Artigo 7º

A integración na Federación Galega de Kung Fu

producirase mediante a expedición por parte desta

da correspondente licnecia federativa ou documento

de afiliación ou inscrición. A dita concesión será

acordada pola xunta directiva da Federación Galega

de Kung Fu. Contra a denegación, que deberá ser

por escrito e motivada, caberá recurso ante a comi-sión

delegada da asemblea xeral.

En todo caso, para a participación en actividades

ou competicións deportivas oficiais de ámbito auto-nómico

será preciso estar en posesión da licencia

ou documento de afiliación expedido pola Federación

Galega de Kung Fu .

Artigo 8º

Tódolos membros da Federación Galega de Kung

Fu teñen dereito a recibi–la tutela desta con respecto

ós seus intereses deportivos comúns e individuais,

así como o de participar nas súas actividades e no

funcionamento dos seus órganos, de acordo cos pre-sentes

estatutos e cos regulamentos internos daquela.

Os membros da Federación Galega de Kung Fu teñen,

á súa vez, o deber de acata–los acordos dos seus

órganos, sen que iso impida o seu dereito de recorrer

ante as instancias federativas competentes e, se é

o caso, ante os tribunais de xustiza ou Secretaría

Xeral para o Deporte, segundo proceda, aqueles que

consideren contrarios a dereito, e sen prexuízo de

acudir á conciliación extraxudicial ou arbitraxe nos

termos previstos nas leis.

Artigo 9º

Os clubs deportivos, deportistas, técnicos–ades-tradores

e xuíces–árbitros, sen prexuízo da súa inte-gración

e afiliación directa á Federación Galega de

Kung Fu, poderán agruparse en asociacións depor-tivas,

con o sen personalidade xurídica propia, que

á súa vez deberán estar integradas necesariamente

na Federación Galega de Kung Fu. As asociacións

deportivas constituídas ó abeiro do artigo terán como

finalidade a promoción e práctica do kung fu en

colaboración coa propia federación galega.

TÍTULO II

Dos órganos de goberno e representación

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 10º

Son órganos de goberno e representación da Fede-ración

Galega de Kung Fu a asemblea xeral e o

presidente. No seo da asemblea xeral deberá cons-tituírse

unha comisión delegada de asistencia a esta.

Son órganos complementarios dos de goberno e

representación a xunta directiva e o tesoureiro, que

asistirán o presidente. Así mesmo, de maneira nece-saria

e con igual carácter de órgano complementario

de goberno, deberá existir un secretario xeral da

federación.

Artigo 1º

Serán órganos electivos da Federación Galega de

Kung Fu o presidente, a asemblea xeral e a comisión

delegada. Os membros dos demásis órganos e comi-tés

serán designados e revogados libremente polo

presidente.

O nomeamento ou a renovación dos membros dos

órganos de goberno e representación, dos órganos

complementarios e dos comités ou órganos técnicos

e asesores existentes da Federación Galega de Kung

Fu deberá ser comunicado a tódolos membros da

asemblea xeral e á Secretaría Xeral para o Deporte

nun prazo máximo de quince días a partir da data

do nomeamento.

A responsabilidade dos membros dos órganos de

gobnerno da Federación Galega de Kung Fu no exer-cicio

das súas funcións será esixida no ámbito dis-ciplinario

de conformidade co disposto no Real

decreto 1591/1992, do 23 de decembro, e nos ámbi-tos

civil e penal de acordo coa lexislación xeral de

aplicación.

Artigo 12º

Son requisitos xerais para ser membro de calquera

órgano de goberno, complementario ou asesor, indi-vidual

ou colectivo, da Federación Galega de Kung

Fu :

1. Te–la condición de ciudadán de Galicia, segun-do

o disposto no artigo 3 da Lei orgánica 1/1981,

do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.

2. Ser maior de idade no pleno exercicio dos derei-tos

civís.

3. Non estar suxeito a sanción disciplinaria de

carácter deportivo que o inhabilite, dictada polos

órganos disciplinarios da Federación Galega de Kung

Fu ou polo Comité Galego de Disciplina Deportiva.

4. Non estar condenado por sentencia penal firme

que leve anexa pena principal ou accesoria de inha-bilitación

absoluta ou especial para cargo público.

5. Non estar incurso en ningunha causa de incom-patibilidade

establecida legalmente ou nos presentes

estatutos.

6. Reunir, se é o caso, os requisitos propios de

cada estamento deportivo.

7. No suposto do presidente electo da Federación

Galega de Kung Fu deberá cesar en todo tipo de

actividades técnicas ou directivas no deporte inte-grado

na federación e dentro do seu ámbito terri-torial.

Non existirá incompatibilidade, en ningún

caso, coa práctica activa do deporte.

Capítulo II

Da Asemblea Xeral

Sección primeira

Natureza, composición, nomeamento e cesamento

Artigo 13º

A asemblea xeral estará constituída por:

a) O presidente da Federación Galega de Kung

Fu.

b) Os clubs deportivos inscritos na Federación

Galega de Kung Fu e no rexistro de clubs, fede-racións

e entidades deportivas da Xunta de Galicia.

c) Os deportistas, os técnicos–adestradores e os

xuíces–árbitros.

Os membros da xunta directiva que non o sexan

tamén da asemblea xeral poderán asistir ás reunións

desta, con voz pero sen voto.

A asemblea xeral poderase reunir en pleno ou en

comisión delegada.

Artigo 14º

A asemblea xeral é o órgano superior do goberno

da Federación Galega de Kung Fu e os seus membros

serán elixidos cada catro anos, coincidindo cos anos

dos Xogos Olímpicos de inverno, agás que concorran

causas excepcionais que deberán ser autorizadas

pola Secretaría Xeral para o Deporte, mediante sufra-gio

libre, igual, directo e secreto, entre e polos com-poñentes

dos distintos estamentos da federación.

As eleccións á asemblea xeral serán acordadas

por esta, que aprobará a convocatoria con tódolos

requisitos establecidos no regulamento electoral así

como designará a xunta electoral para este proceso,

integrada por tres membros titulares e tres suplentes

elixidos entre os deportistas da federación con licen-cia

en vigor no momento da convocatoria e sen que

en ningún caso poidan ser designados os que se

presenten como candidatos nas eleccións.

Acordada pola asemblea xeral a convocatoria de

eleccións, o acordo será formalmente executado polo

presidente da federación, que o asinará.

Desde a convocatoria para a celebración das elec-cións,

a xunta directiva constituirase en comisión

xestora que garantirá a máxima difusión e publi-cidade

das convocatorias de elección á asemblea

xeral e esidente da Federación Galega de Kung Fu,

así como do regulamento de eleccións a través dun

medio que permita asegura–la recepción da noti-ficación

debendo expoñerse o dito regulamento en

cada circunscrición electoral o mesmo día da

convocatoria.

Artigo 15º

A asemblea xeral está integrada por 25 membros,

ademais do presidente da federación se este non

fora membro da asemblea, e a representación dos

catro estamentos sinalados anteriormente responde-rá

ás seguintes proporcións:

–Clubs deportivos: 70%, correspondendo 18 mem-bros.

–Deportistas: 20%, correspondendo 5 membros.

–Adestradores técnicos: 5%, correspondendo 1

membro.

–Xuíces–árbitros: 5%, correspondendo 1 membro.

Os requisitos esixidos para ser elixibles ou elec-tores

deberán terse cumpridos no día no que se publi-que

a convocatoria de eleccións e, sempre, o número

de membros da asemblea xeral e de cada estamento

fixarase expresamente na convocatoria electoral a

esta.

Artigo 16º

Os membros da asemblea xeral e, se é o caso,

a comisión delegada cesarán polas seguintes causas:

1. Defunción.

2. Disolución da entidade á que representan.

3. Expiración do mandato para o que foi elixido.

4. Renuncia voluntaria ou demisión.

5. Estar incurso en calquera das causas de ine-lixibilidade

ou incompatibilidade legal ou estutaria.

6. Sanción disciplinaria imposta en forma regu-lamentaria

que implique o cesamento no cargo que

ostenta.

7. Deixar de pertencer a Federación Galega de

Kung Fu ou perda dos requisitos polos que foron

elixidos no seu respectivo estamento.

Artigo 17º

As vacantes que se produzan na asemblea antes

das seguintes eleccións xeráis a ela, serán cubertas

dentro de cada estamento e de maneira sucesiva,

polos candidatos que no proceso electoral obtivesen

maior número de votos despois dos que resultaron

electos e, a falta destes, mediante a realización de

eleccións parciais, sempre que neste último caso

as vacantes superen o 20% dos membros da asem-blea.

Os elixidos para ocuparen as vacantes a que se

refire o apartado anterior ostentarán o seu mandato

polo tempo que falte para a celebración das seguintes

eleccións xerais.

Artigo 18º

Os representantes dos clubs deportivos na asem-blea

xeral serán elixidos por e entre os represen-tantes

dos correspondentes a cada circunscrición

electoral dos que integran o censo de clubes depor-tivos

inscritos no rexistro público da Federación

Galega de Kung Fu e no Rexistro de Clubs, Fede-racións

e Asociacións Deportivas da Xunta de Gali-cia,

no momento da convocatoria das eleccións e

estivesen igualmente inscritos durante a tempada

deportiva anterior, sempre que participaran en com-peticións

ou actividades de kung fu de carácter ofi-cial

e ámbito autonómico organizados pola Federa-ción

Galega de Kung Fu.

A representación dos clubs deportivos correspón-delle

ó propio club na súa calidade de persoa xurí-dica.

Para estes efectos, o representante do club

será o presidente deste ou a persoa na que el delegue.

Circunscrición electoral será cada unha das pro-vincias

da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra na

que teñan o seu domicilio social cada un dos clubs

deportivos.

Artigo 19º

Os representantes dos deportistas na asemblea

cxeral serán elixidos por e entre os maiores de 18

anos, no pleno uso dos seus dereitos civís, corres-pondentes

a cada circunscrición electoral dos que

teñan licencia en vigor expedida pola Federación

Galega de Kung Fu no momento da convocatoria

das eleccións e tamén a tivesen, polo menos, durante

a tempada deportiva anterior, sempre que partici-pasen

en competicións ou actividades de kung fu

de carácter oficial e ámbito autonómico organizados

pola Federación Galega de Kung Fu .

Circunscrición electoral será cada unha das pro-vincias

da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra na

que se expedirtán licencias deportivas no ano no

que se celebren eleccións.

Artigo 20º

Os representantes dos técnicos–adestradores e dos

xuíces–árbitros na asemblea xeral serán elixidos por

e entre os pertencentes a cada estamento, calquera

que sexa a súa categoría, maiores de 18 anos no

pleno uso dos seus dereitos civís, dos que teñan

licencia en vigor no momento da convocatoria das

eleccións e tamén a tivesen, como mínimo, na tem-pada

deportiva inmediatamente anterior, sempre que

participasen en competicións ou actividades de kung

fu de carácter oficial e de ámbito autonómico orga-nizada

pola Federación Galega de Kung Fu.

A circunscrición electoral será única para todo

o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 21º

Os procesos electorais desenvolveranse conforme

o regulamento de eleccións á asemblea xeral, que

deberá ser aprobado por esta a proposta da xunta

directiva e regulamentará as seguintes cuestións:

1. Circunscricións electorais e número de repre-sentantes

que por cada circunscrición electoral

corrresponda a cada un dos estamentos de depor-tistas

e clubs deportivos. Cada provincia ou circuns-crición

terá, por estes estamentos, como mínimo,

un representante na asemblea xeral e o resto dis-tribuirase

entre as distintas circunscricións electo-rais,

proporcionalmente á relación entre o número

de clubs con domicilio en cada unha ou en relación

ó número de deportistas con licencia en vigor en

cada circunscrición e o número total destes.

2. Calendario electoral: prazos, presentación e pro-clamación

de candatos, así como o sistema de

desempate.

3. Censo electoral.

4. Composición, competencias e funcionamento da

xunta electoral.

5. Requisitos, representación e proclamación de

candidatos.

6. Procedemento de resolución de conflictos e

reclamacións así como os recursos electorais.

7. Situación, composición, competeancias e fun-cionamento

das mesas electorais.

8. Regulación do voto por correo nas eleccións

á asemblea xeral.

9. Procedemento de elección do presidente da

federación.

10. Procedemento de elección da comisión dele-gada

de asemblea.

Artigo 22º

Unha vez concluídas as eleccións á asemblea xeral,

o presidente da comisión xestora, logo de acordo

desta, procederá inmediatamente á convocatoria da

dita asemblea para a súa constitución e elixi–la

comisión delegada e o presidente da Federación

Galega de Kung Fu.

Sección segunda

Réxime de funcionamento

Artigo 23º

A asemblea xeral, reunida en Pleno, en canto órga-no

máximo de goberno da federación, pode adoptar

calquera acordo ou decisión sobre ela, con suxeición

ás regras de competencia e procedemento. Espe-cialmente

son competencias da asemblea xeral as

seguintes:

1. A aprobación e modificacións dos estatutos da

Federación Galega de Kung Fu.

2. A elección mediante sufraxio libre, igual, directo

e secreto do presidente da Federación Galega de

Kung Fu, así como o cesamento e a moción de cen-sura

do presidente.

3. Aprobación e liquidación do orzamento anual

da Federación Galega de Kung Fu.

As contas anuais e os orzamentos teñen que estar

no domicilio social da Federación Galega de Kung

Fu cunha antelación mínima de 15 días á celebración

da asemblea, a disposición das persoas ou entidades

con dereito a voto, as cales poderán pedir copia

que se lles entregará antes da celebración da

asemblea.

4. Aprobación do programa ou calendario deportivo

anual que vai desenvolve–la Federación Galega de

Kung Fu a das bases ou regulamentos que rexerán

a competición.

5. Aprobación da creación de órganos territoriais

da Federación Galega de Kung Fu.

6. Aprobación do regulamento de eleccións á asem-blea,

comisión delegada e presidente da Federación

Galega de Kung Fu.

7. Aprobación do regulamento sobre conciliación

extraxudicial ou arbitraxe.

8. Aprobación do regulamento de disciplina depor-tiva.

9. Calquera outra competencia da federación que

non lle estea expresamente atribuída polos presentes

estatutos a outro órgano.

Artigo 24º

A asemblea xeral será convocada polo presidente

da Federación Galega de Kung Fu cun mínimo de

10 días naturais de antelación á data da súa cele-bración,

no taboleiro de anuncios da federación, e,

se é o caso, nas oficinas ou locais mencionados no

artigo 5º, deberá incluír necesariamente os puntos

da orde do día que se van tratar. Os defectos formais

na convocatoria non darán lugar á nulidade da asem-blea

sempre e cando os seus membros recibisen a

convocatoria coa orde do día cunha antelación míni-ma

de 48 horas á celebración da asemblea por cal-quera

medio que permita ter constatación da data

de recepción, notificación individualizada sempre

necesaria, e, en todo caso, a asemblea será válida,

sen necesidade de ningún outro requisito, sempre

que concorran a totalidade dos membros dela.

Artigo 25º

O presidente da Federación Galega de Kung Fu

deberá convocar unha asemblea xeral ordinaria

anualmente antes do inicio da nova tempada depor-tiva

para trata–los asuntos propios da xestión ordi-naria

e, como mínimo para a aprobación da memoria

anual de actividades e aprobación do novo orzamento

e a liquidación do anterior, aprobación do calendario

deportivo e das bases ou regulamentos que rexerán

a competición e o exame e consideración das pro-postas

que formulen os membros da asemblea, da

comisión delegada, da xunta directiva ou do pre-sidente.

Tódalas demáis asembleas terán carácter extraor-dinario

e serán convocadas polo presidente da Fede-ración

Galega de Kung Fu sempre que considere

oportuno, ou a petición dun número de membros

que integran a asemblea non inferior ó 25%. Neste

caso, os solicitantes deberán formular unha petición

por escrito dirixido ó presidente da federación, indi-cando

os puntos que compoñerán a orde do día. O

presidente, no prazo máximo de 10 días naturais

desde a entrada da petición no rexistro da Federación

Galega de Kung Fu deberá convoca–la asemblea

con carácter extraordinario, cos requisitos de forma

sinalados no artigo 24º, e coa orde do día solicitada,

sen incluír ningún outro punto, que se celebrará

nun prazo non menor de 10 días naturais desde a

convocatoria nin maior dos 20 días naturais desde

a petición. Caso de negativa expresa do presidente

a efectua–la convocatoria, ou pasados 10 días desde

que a solicitude en que aquela fose efectuada sen

ter sido respondida, os solicitantes poderán recorrer

á comisión delegada da asemblea xeral, que resol-verá

nun prazo máximo de cinco días, ben deses-timando

definitivamente a petición, ou, se é o caso,

accedendo a ela convocando a asemblea xeral nos

termos solicitados. O presidente da federación debe-rá

ser oído nun trámite de audiencia e excepcio-nalmente

non terá dereito a voto.

En todo caso, e sen prexuízo do anterior, os soli-citantes

poderán facer uso dos dereitos que a lexis-lación

vixente poida concederlles ante a Secretaría

Xeral para o Deporte para a convocatoria dos órganos

colexiados de goberno e control.

Cando o presidente da federación aprecie a exis-tencia

dunha situación urxente que non permita

demora na convocatoria da asemblea extraordinaria,

poderá convocala sen suxeición a prazo nin requisito

de forma ningunha agás a citación persoal dos asem-bleístas

que poidan ser localizados. En todo caso

a asemblea requirirá como mínimo a presencia de

2/3 dos seus membros e antes de analiza–la orde

do día pronunciarase previamente, por maioría de

asistentes, sobre a urxencia da convocatoria e a nece-sidade

ou non da súa celebración. En todo caso nun-ha

asemblea convocada desta forma non poderán

modificarse os estatutos.

Artigo 26º

A asemblea quedará validamente contituída en pri-meira

convocatoria cando a ela concorran a mitade

máis un dos seus membros.

En segunda convocatoria será válida sexa cal sexa

o número de asistentes. Deberá mediar un mínimo

de media hora entre a primeira e a segunda

convocatoria.

Sen prexuízo da validez do voto por correo nas

eleccións previas á asemblea xeral nos termos con-siderados

no regulamento electoral, elixida esta, non

será admisible en modo ningún para a formación

da vontade da asemblea xeral ou calquera outro órga-no

colexiado da Federación Galega de Kung Fu nin

para o establecemento do seu quórum, o voto por

correo nin a delegación de voto sendo, polo tanto,

necesaria a presencia física dos seus membros.

Os clubs deportivos serán representados polo seu

presidente ou, se é o caso, pola persoa na que aquel

delegue, de acordo cos seus propios estatutos, sem-pre

con carácter expreso e por escrito para cada

reunión. Nin o presidente nin a persoa en quen dele-gue

poderán ser membros da asemblea por deereito

propio e, en ningún caso, ninguén poderá ostentar

máis que unha delegación de voto.

Artigo 27º

As votacións no seo da asemblea xeral realizaranse

na forma e pola orde que a presidencia estableza,

sendo esta a que decidirá se serán ordinarias nomi-nais

ou secretas. Cando polo menos o vintecinco

por cento dos asistentes solicite unha modalidade

determinada, a forma de votación decidirase por

maioría simple dos membros aistentes agás que soli-citen

votación secreta na que, sen máis trámite, a

presidencia acordará tal sistema de votación.

Artigo 28º

A asemblea será presidida polo presidente da Fede-ración

Galega de Kung Fu, ou no seu defecto, o

vicepresidente ou polo membro de maior idade, e

o seu voto será de calidade en caso de empate. Os

acordos adoptaranse por maioria simple dos asis-tentes.

Para a modificación dos estatutos e regulamento

electoral precisarase o voto favorable da maioría de

2/3 dos membros que compoñen a asemblea asistan

ou non a ela. Caso de que os votos favorables dos

asistentes, superando os negativos, non acaden ó

quórum esixido, o acordo terá que notificárselles

fidedignamente ós ausentes que no prazo de 30 días

hábiles poderán opoñerse a el tamén de forma fide-digna.

Pasado o dito prazo sen formular oposición,

considerase o seu voto como favorable ó acordo.

Para os efectos de cómputo de quórums e maiorías,

cando estes se conformen cun número inexacto de

asambleístas, computaranse sempre por exceso e con

referencia ó número daqueles efectivamente exis-tentes

como membros da asemblea, descontadas as

vacantes, salvo para a reforma dos estatutos e regu-lamento

electoral en que a maioría de 2/3 se com-putará

sempre sobre o número total de membros de

dereito da asemblea, incluídas as vacantes.

Artigo 29º

De tódolos acordos adoptados na asemblea xeral,

reunida en Pleno ou comisión delegada, levantará

acta o secretario da Federación Galega de Kung Fu

asistente a ela, especificando o nome das persoas

que interviñeron e as demáis circunstancias que se

consideran oportunas, temas tratados, contido dos

acordos adoptados, resultado da votación e, se é o

caso, os votos particulares contrarios ó acordo adop-tado

que, ademais das abstencións motivadas, exi-mirán

a quen os emitan de calquera responsabilidade

derivada de tales acordos.

A acta da asemblea xeral poderá ser aprobada pola

propia asemblea a continuación de celebrarse esta

ou, no seu defecto, e dentro do prazo de 7 días

naturiais, polo presidente e dous interventores mem-bros

da asemblea e asistentes a ela que fosen desig-nados

para tal efecto ó comezo da súa celebración.

No caso de discrepancia, a acta quedará aprobada

coa sinatura favorable de dous dos tres.

Os acordos da asemblea xeral e da comisión dele-gada

serán vinculantes e de obrigatorio comprimento

para a totalidade dos órganos, persoas e entidades

que integran a Federación Galega de Kung Fu e

terán forza executiva a partir da data da aprobación

da acta sen prexuízo da súa impugnación xudicial

ou administrativa, segundo proceda.

Capítulo III

Da comisión delegada

Artigo 30º

No seo da asemblea xeral deberá constituírse unha

comisión delegada, integrada por 5 membros ade-mais

do presidente da federación se este non fora

membro electo dela, que terá carácter electivo e

será un órgano de goberno e de representación da

Federación Galega de Kung Fu.

A comisión delegada será elixida entre e pola

asemblea xeral, na primeira reunión que esta celebre

despois da súa constitución, mediante sufraxio libre,

directo, igual e secreto entre os seus membros. O

seu mandato coincidirá co da asemblea xeral e, caso

de producirse algunha vacante, cubrirase co seguinte

candidato máis votado.

Artigo 31º

A comisión delegada convocaraa o presidente da

Federación Galega de Kung Fu e reunirase, como

mínimo, cada catro meses para os fins da súa com-petencia

e, polo menos, para realiza–lo seguimento

da xestión deportiva e económica da federación.

Son competencias da comisión delegada:

a) A elaboración dun informe previo á aprobación

dos orzamentos.

b) A modificación do calendario deportivo e dos

orzamentos e regulamentos, agás o regulamento elec-toral.

As modificacións non poderán exceder dos

límites e criterios que a propia asemblea xeral

estableza.

c) O seguimento da xestión deportiva e económica.

d) O coñecemento dos recursos que se interpoñan

contra resolucións ou acordos da xunta directiva de

federación nos termos previstos nestes estatutos. No

exercicio desta competencia será obrigatoria, se é

o caso, a abstención dos membros que formasen parte

da xunta directiva que adoptou o acordo recorrido.

A proposta sobre os temas que se van a tratar

na comisión delegada correspóndelle exclusivamen-te

ó presidente ou a dous tercios dos membros dela.

Capítulo IV

Do presidente

Artigo 32º

O presidente da Federación Galega de Kung Fu

é o órgano executivo desta. Ostenta a súa repre-sentación

legal convoca e preside os órganos de

goberno e representación e executa os acordos des-tes,

gozando de voto de calidade, en caso de empate,

naquelas decisións que deban adoptar os órganos

que preside. O presidente poderá nomear delegados

nas oficinas ou locais aprobados pola asemblea xeral,

que actuarán seguindo as instruccións daquel e por

delegación nas funcións que se lle encomenden. Os

ditos delegados poderán ser cesados ou substituídos

polo presidente segundo o seu criterio.

Artigo 33º

O presidente, que deberá reuni–los requisitos

esixidos no artigo 12º, será elixido cada catro anos,

coincidindo co anos dos Xogos Olímpicos de inverno,

agás que concorran circunstancias excepcionais e

autorización da Secretaría Xeral para o Deporte, e

logo de renovación da asemblea xeral, mediante

sufraxio libre, directo, igual e secreto por e entre

tódolos membros da asemblea xeral e a súa elección

producirase por un sistema de doble volta, debendo

alcanza–la maioría absoluta dos votos emitidos na

primeira e maioría simple dos asistentes na segunda

entre os dous candidatos maís votados, celebradas

cunha hora de diferencia, logo da presentación e

aceptación das condidaturas correspondentes que

deberán estar avaladas polo menos polo 10% dos

membros da asemblea. Para ser candidato a pre-sidente

da Federación Galega de Kung Fu non se

require ser membro da asemblea xeral.

No caso de que, excepcionalmente, quede vacante

a presidencia antes de que trascorra o prazo de catro

anos mencionado considerase demisionaria toda a

xunta directiva, e constituirase, unicamente neste

caso, a comisión delegada en comisión xestora, pre-sidida

polo membro de maior idade, e procederase

á asemblea xeral, logo da convocatoria da dita comi-sión,

a unha nova elección para cubri–la vacante

polo tempo que falte ata a terminación do prazo

correspondente ó mandato ordinario. Se a vacante

se produce por prosperar unha moción de censura,

haberá que aterse ó disposto no artigo 36º destes

estatutos.

Artigo 34

A elección do presidente da Federación Galega

de Kung Fu levarase a cabo mediante convocatoria

acordada pola primeira asemblea xeral extraordi-naria

que con carácter constitutivo se celebre des-pois

da súa propia renovación; na orde do día cons-tará

o procedemento a seguir para a elección e

nomeamento da xunta electoral, que estará integrada

por tres membros titulares e tres suplentes que se

elixirán entre persoas membros da asemblea que

non sexan candidatos, en elección libre, directa,

igual e secreta, en listas abertas e por maioría.

Artigo 35º

O presidente cesará por:

a) Transcurso do prazo polo que foi elixido.

b) Demisión.

c) Incapacidade física ou psíquica para continuar

no exercicio do seu cargo.

d) Aprobacion dunha moción de censura pola

asemblea xeral.

e) Por incorrer en causa de inelixibilidade ou

incompatibilidade. Neste último caso disporá dun

prazo dun mes para cesar no posto que resulte incom-patible

co de presidente.

Artigo 36º

A moción de censura ó presidente poderá ser pre-sentada

polos membros da asemblea xeral que cons-titúan

polo menos un 25% dela mediante escrito

presentado no rexistro da federación. Na dita peti-ción

deberán solicitar do presidente a convocatoria

dunha asemblea xeral extraordinaria coa dita moción

como único punto da orde do día así como propoñer

un candidato alternativo á presidencia. Caso de pros-pera–

la moción, que se votará nun sistema de dobre

volta, e deberá alcanza–la maioría absoluta de mem-bros

que compoñen a asemblea na primeira ou maio-ría

simple de asistentes na segunda, celebradas cun-ha

hora de diferencia, o candidato quedará investido

cun mandato polo prazo que falte para concluí–lo

período ordinario.

Para a convocatoria da asemblea xeral extraor-dinaria

á que se refire este artigo, haberá que aterse

ó disposto nos artigos 24º e 25º destes estatutos.

A sesión da asemblea en que se debata a moción

de censura, estará presidida polo membro de maior

idade.

Se a moción de censura non prosperase, non poderá

presentarse unha nova dentro do mesmo período de

mandato, como tampouco poderá presentarse, caso

de prosperar, contra o candidato investido polo tem-po

que falte para concluí–lo período ordinario.

TÍTULO III

Órganos complementarios de goberno e repre-sentación

Artigo 37º

Son órganos complementarios dos de goberno e

representación da Federación Galega de Kung Fu,

para asisti–lo presidente:

a) A xunta directiva.

b) O secretario xeral.

c) O tesoureiro.

Sección primera

Da xunta directiva

Artigo 38º

1. A Xunta directiva é o órgano colexiado de xes-tión

da Federación Galega de Kung Fu e estará inte-grada,

incluído o presidente da federación, por cinco

membros que serán designados e revogados libre-

mente por aquel, que a presiderá. O presidente elixi-rá

entre os demanis membros un vicepresidente que

o será tamén da federación, quen substituirá o pre-sidente

por delegación, imposibilidade física ou

ausencia temporal.

Tódolos cargos da xunta directiva son honoríficos

e, no caso extraordinario de establecerse unha com-pensación

económica xustificada a favor dalgún dos

membros da xunta directiva, deberá ser expresa-mente

acordada por maioría absoluta da asemblea

xeral e constar de maneira diferenciada no orza-mento.

En ningún caso a compensación económica

poderá ser satisfeita con cargo ás subvencións públi-cas

que reciba a federación.

Para ser membro da xunta directiva non será nece-sario

formar parte da asemblea xeral, pero si da

Federación Galega de Kung Fu e cumpri–los requi-sitos

esixidos polo artigo 12º.

Artigo 39º

A xunta directiva reunirase con carácter ordinario

polo menos unha vez cada dous meses. A convo-catoria,

que lle corresponderá ó presidente, deberá

serlles notificada ós seus membros con 48 horas

de antelación, agás casos de urxencia, no que será

suficiente o tempo mínimo para que chegue a coñe-cemento

dos seus compoñentes e acompañando á

orde do día. As sesións convocadas en casos de

urxencia serán sempre extraordinarias.

Para a validez das reunións requirirase a asistencia

da maioría dos seus membros. Os acordos adopta-ranse

por maioría simple e terá o presidente voto

de calidade en caso de empate.

Artigo 40º

Os membros da xunta directiva cesarán:

a) Por vacancia na presidencia.

b) Deminsión.

c) Incapacidade física ou psíquica para continuar

no exercicio do seu cargo.

d) Por incorrer en causa de inilexibilidade.

e) Por cesamento do presidente.

Artigo 41º

É competencia da xunta directiva:

1. Prepara–las ponencias e documentos que lle

sirvan de base á asemblea xeral para que esta exerza

as funcións que estatutariamente lle corresponden.

2. Fixa–la data e orde do día da asemblea xeral.

3. Acorda–la convocatoria da asemblea xeral

extraordinaria en relación ás eleccións xerais a ela

e á presidencia da Federación Galega de Kung Fu.

4. Propoñerlle á asemblea a aprobación do regu-lamento

de eleccións á asemblea xeral e á presi-dencia

da Federación Galega de Kung Fu.

5. Elección dos membros dos comités técnicos e

determinación, se é o caso, da súa composición.

6. Aproba–la contratación do persoal necesario

para os servicios da Federación Galega de Kung–Fu.

7. En xeral, a xestión económica, administrativa

e deportiva ordinaria da Federación Galega de Kung

Fu.

Os asuntos ordinarios de trámite serán despacha-dos

polo presidente e o secretario dando conta do

actuado á xunta directiva.

Artigo 42º

Correspóndelle ó presidente da Federación Galega

de Kung Fu a decisión de nomear ou non os membros

da xunta directiva en calquera momento do seu man-dato

podendo optar pola súa non designación ou

cesamento despois de nomeada. En tal suposto, as

funcións e competencias que os estatutos atribúen

á xunta directiva exercerá na súa totalidade e en

tódolos ámbitos, ademais dos propios, pola comi-sición

delegada, en todo caso elixida pola asemblea

xeral.

Sección segunda

Do secretario

Artigo 43º

O presidente da Federación Galega de Kung Fu

designará un secretario, que non será membro da

xunta directiva nin da asemblea xeral pero si da

federación e que deberá cumpri–los requisitos esixi-dos

no artigo 12º.

Son funcións do secretario, ademais das xerais de

fedatario e asesor:

1.–Custodia–los libros e documentación da Fede-ración

Galega de Kung Fu.

2.–Levantar actas das sesións dos órganos de

goberno e representación da Federación Galega de

Kung–Fu, con indicación dos asistentes, temas tra-tados,

o resultado das votacións e, se é o caso, cos

votos particulares contrarios ó acordo adoptado.

3.–Expedir, co visto e prace do presidente, as cer-tificacións

oportunas dos acordos dos órganos de

goberno e representación.

4.–Remitirlle á Secretaría Xeral para o Deporte

as actas das reunións da asemblea xeral e da comi-sión

delegada no prazo de 15 días desde a data

da súa celebración.

5.–En xeral, prepara–la resolución e despacho de

tódolos asuntos.

Artigo 44º

Para o exercicio das súas funcións o secretario

xeral poderá e deberá asistir, con voz pero sen voto,

ás reunións da asemblea xeral, comisión delegada,

xunta directiva, órganos técnicos e Comité de Ape-lación

de Disciplina Deportiva.

No caso de ausencia ou imposibilidade física, as

súas funcións serán desempeñadas polo propio pre-sidente

da federación ou pola persoa na que este

delegue.

Sección segunda

Do tesoureiro

Artigo 45º

O tesoureiro da Federación Galega de Kung Fu

é órgano de administración desta e será designado

polo presidente. Poderá ser membro da xunta direc-tiva

e exercerá, entre outras, as seguintes funcións:

a) Leva–la contabilidade da federación.

b) Exerce–la inspección económica de tódolos

órganos da federación.

c) Elaborar e presentarlle balances á comision

delegada do estado contable da federación.

TÍTULO IV

Dos órganos técnicos e asesores

Artigo 46º

A Federación Galega de Kung Fu poderá crear,

logo de aprobación pola asemblea xeral, cantas comi-sións

técnicas precise, ademais das seguintes:

a) A dirección técnica rexional.

b) O tribunal rexional de graos.

c) A escola galega de preparadores.

d) O comité de xuíces–arbitros

e) O comité da selección de galicia.

f) O Comité de Apelación de Disciplina Deportiva.

Tódalas comisións rexeranse polos seus respec-tivos

regulamentos internos e o seu presidente, agás

o do Comité de Apelación, será designado polo pre-sidente

da Federaicón Galega de Kung Fu.

Artigo 47º

Son funcións específicas do comité de xuíces e

árbitros:

a) Establece–los niveis de formación arbitral.

b) Clasificar tecnicamente, en función dos criterios

prefixados pola asemblea xeral, os xuíces e árbitros,

propoñendo á xunta directiva a adscrición ás cate-gorías

correspondentes. Estas clasificacións comu-nicaránselle

a asemblea xeral.

c) Propoñe–los candidatos a xuíces ou árbitros

nacionais.

d) Propoñerlle á xunta directiva as normas admi-nistrativas

que regulan a arbitrase, para a súa pos-terior

aprobación pola asemblea xeral.

e) Designa–los xuíces e árbitros nas competicións

oficiais de ámbito galego.

f) Colaborar cos órganos competentes da Federa-ción

Galega de Kung Fu na formación dos xúices

e árbitros.

TÍTULO V

Réxime económico

Artigo 48º

A Federación Galega de Kung Fu está sometida

ó réxime de administración, orzamento e patrimonio

propio.

Con independencia da presentación dos balances

sobre o estado contable da federación que lle solicite

a comisión delegada, ó remate de cada ano ou da

temporada deportiva, o tesoureiro someterá, a través

da xunta directiva, á asemblea xeral ordinaria un

balance de situación e as contas de ingresos e gastos

elaborando unha momoria económica, que deberá

ser aprobada pola asemblea, na que se incluirá a

liquidación do orzamento, nos termos esixidos no

artigo 29 do Orde do 28 de xullo de 1995, así como

o orzamento para o ano seguinte, balances e orza-mentos

que deberán ser notificados á Secretaría

Xeral para o Deporte.

Non poderá aprobarse un orzamento deficitario

agás autorización da Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 49º

Constitúen os ingresos da Federación Galega de

Kung Fu:

a) As subvencións ordinarias e extraordinarias da

Xunta de Galicia ou as que outras entidades públicas

poidan concederlle.

b) Os bens ou dereitos que reciba por herdanza,

legado ou doazón de persoas físicas ou entidades

particulares así como os premios que lle sexan

outorgados.

c) A cotas dos seus afiliados.

d) As sancións pecuniarias que se lles impoñan

ós seus afiliados dentro do exercicio da potestade

disciplinaria.

e) Os froitos, rendas e xuros dos seus bens

patrimoniais.

f) Os préstamos ou créditos que se lle concedan.

g) Os beneficios que produzan as actividades e

competicións deportivas que organicen, así como os

derivados dos contratos que realicen.

h) Calquera outro que poida serlle atribuído por

disposición legal ou en virtude de convenio.

Artigo 50º

A Federación Galega de Kung Fu destinará a tota-lidade

dos seus ingresos e patrimonio á consecución

dos fins propios do seu obxecto. Para estes efectos:

1.–Poderá promover e organizar actividades e com-peticións

deportivas dirixidas ó público, debendo

aplica–los beneficios económicos, se os houber, á

consecución do seu obxecto social.

2.–Poderá gravar e allea–los seus bens inmobles,

tomar diñeiro a préstamo e emitir títulos represen-tativos

de débeda ou de parte alícuota patrimonial,

sempre que os ditos negocios xurídicos non com-prometan

de forma irreversible ó patrimonio da fede-ración

ou o seu obxecto social. En todo caso, cando

a súa contía sobrepase o 25% do orzamento anual

da federación, ademais do acordo da asemblea xeral,

será imprescindible o informe favorable da Secre-taría

Xeral para o Deporte.

Cando se trate de bens inmobles que fosen finan-ciados

en todo ou en parte, con fondos públicos da

Comunidade Autónoma galega, será preceptiva a

autorización da Secretaría Xeral para o Deporte para

o seu gravame ou alleamento.

3.–Poderá exercer, complementariamente, activi-dades

de carácter industrial, comercial, profesional

ou de servicios e destina–los seus bens ou recursos

ós mesmos obxectivos deportivos, pero en ningún

caso poderán repartir beneficios entre os seus

membros.

4.–Non poderá comprometer gastos de carácter

plurianual sen autorización previa da Secretaría

Xeral para o Deporte, cando o gasto anual com-prometido

supere o 10% do seu orzamento ou sobre-pase

o período de mandato do presidente.

Artigo 51º

A xestión económica ordinaria correrá a cargo do

tesoureiro, baixo a dirección da xunta directiva, coi-dando

das operacións de cobros e pagamentos. Auto-rizará

coa súa sinatura, mancomunada coa do pre-sidente

ou coa do vicepresidente autorizado, tódolos

documentos de movementos de fondos. Será respon-sable

da levanza e custodia dos libros de conta-bilidade.

Formulará os balances que periodicamente

deberán presentárselle a xunta directiva e comisión

delegada e que, anualmente, deberán presentárselle

a asemblea xeral para a súa aprobación.

TÍTULO VI

Réxime documental

Artigo 52º

O réxime documental da Federación Galega de

Kung Fu comprenderá, como mínimo, os seguintes

libros debidamente dilixenciados:

a) Libro de rexistro de entrada e saída de docu-mentos

e comunicacións oficiais.

b) Libro de rexistro de clubs nos que constarán

a denominación destes, domicilio social e número

de inscrición no Rexistro de Clubs, federacións e

entidades deportivas da Xunta de Galicia.

c) Libros de actas que consignarán as reunións

que celebren tódolos órganos colexiados da Fede-ración

Galega de Kung Fu, tanto de goberno e repre-sentación

como técnicos.

d) Libros de contabilidade.

e) Libro inventario de bens mobles e inmobles.

f) Rexistro dos membros da asemblea xeral e da

comisión delegado no que deberán consta–los nomes

dos titulares ou representantes legais así como os

domicilios para citacións e comunicacións.

TÍTULO VII

Do réximen disciplinario e xurisdiccional

Artigo 53º

A Federación Galega de Kung Fu ten potestade

sobre tódalas persoas que forman parte da súa estruc-tura

orgánica, os clubs deportivos e os seus depor-tistas,

técnicos e directivos, os xuíces e árbitros e,

en xeral, todas aquelas persoas ou entidades que

estando federadas, desenvolvan a súa actividade

deportiva no ámbito territorial da Comunidade Autó-noma

de Galicia.

A postestade disciplinaria deberá exercerse no

marco do establecido na Lei 10/1990, do 15 de octu-bre,

do deporte e do Real decreto 1591/1992, do

23 de decembro, sobre disciplina deportiva así como,

se é o caso, no Regulamento disciplinario que poida

aproba–la federación.

Artigo 54º

A potestade disciplinaria exercerase:

a) En primeira instancia por un xúiz único de

competición.

b) En segunda instancia por un comité de ape-lación,

integrado por tres membros que elixirán de

entre eles o presidente.

Tanto o xuíz único como os membros do comité

de apelación serán designados por e entre os com-poñenetes

da asemblea xeral debendo ser, polo

menos, un dos membros do comité de apelación

licenciado en Dereito e, caso de non exitir, nas súas

actuacións deberá solicitar asesoramento técni-co–

xurídico.

A duración do cargo conincidirá co da asemblea

xeral que os nomease e durante o dito período só

cesarán por renuncia ou demisión, defunción, inca-pacidade

física ou psíquica, perda da condición de

membro da Federación Galega de Kung Fu ou san-ción

que o inhabilite para o seu cargo.

O secretario da Federación Galega de Kung Fu

será do comité de apelación con voz, pero sen voto.

Artigo 55º

As resolucións dictadas polo comité de apelación

no seo das súas competencias, terán carácter defi-nitivo

no ámbito da Federación Galega de Kung Fu

e poderán ser recorridas ante o Comité Galego de

Disciplina Deportiva conforme a lexislación vixente.

TÍTULO VIII

Da modificación dos estatutos e da disolución da

Federación Galega de Kung Fu

Artigo 56º

Os estatutos da Federación Galega de Kung Fu

só poden ser modificados pola asemblea xeral e de

acordo co establecido no artigo 28º.

Artigo 57º

A proposta de modificación dos estatutos deberá

ser acordada pola xunta directiva que aprobará o

texto para presentar á asemblea.

Aprobada a reforma dos estatutos, deberá ser rati-ficada

polos organismos competentes da Xunta de

Galicia.

Artigo 58º

A Federación Galega de Kung Fu extinguirase

polas seguintes causas:

a) Por acordo da maioría de 2/3 dos membros da

asemblea xeral refrendado, por maioría absoluta, por

tódolos membros da Federación Galega de Kung Fu

a través de votación libre, igual, directa e secreta.

b) Por revogación do seu recoñecemento pola

Secretaría Xeral para o Deporte.

c) Por resolución xudicial.

d) Polas demais causas que determinen as leis.

Unha vez producida a liquidación, o patrimonio

neto destinarase ós fins de carácter deportivo que

determine o organismo competente da Xunta de

Galicia.

1153