Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 1996 Páx. 1.692

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de febreiro de 1996 pola que se clasifica como de interese educacional a fundación Feiraco.

Visto o expediente de clasificación da fundación Feiraco con domicilio en Negreira.

Supostos de feito.

1. Jesús García Calvo, na súa calidade de presidente da fundación, en escrito do 10 de xaneiro

de 1996, formulou solicitude de clasificación dela para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela, o día 21 de decembro de 1995, ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña José Antonio Montero Pardo, co número mil novecentos corenta e oito do seu protocolo, por Jesús García Calvo, en nome e representación e en calidade de presidente de Feiraco, Sociedad Cooperativa Limitada.

3. Segundo consta no artigo 2 dos seus estatutos, o obxecto e finalidade da fundación é, entre outros, a administración, xestión e aplicación do fondo de educación e promoción que total ou parcialmente a Asemblea Xeral de Feiraco, Sociedad Cooperativa Limitada acorde en cada exercicio económico destinar a tal finalidade.

4. O padroado da fundación estará constituído por Jesús García Calvo, como presidente vitalicio; o vicepresidente de Feiraco, Sociedad cooperativa

Limitada, como vicepresidente; o secretario de Feiraco,

Sociedad Cooperativa Limitada, como secre-tario;

o tesoureiro de Feiraco, Sociedad Cooperativa Limitada, como tesoureiro e como vocais o conselleiro de Feiraco, Sociedad Cooperativa Limitada representante dos traballadores no seu consello rector segundo se establece no artigo 55.3º da Lei xeral de cooperativas, os cinco alcaldes-presidentes dos concellos con maior número de socios en Feiraco, Sociedad Cooperativa Limitada, designados polo seu consello rector segundo os datos do libro de rexistro de socios da cooperativa, un representante da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia e un representante da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Púlica proposta de clasificación como de interese educacional da fundación Feiraco, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese educacional e a súa adscrición á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Vista a constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño,e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2.c) do Decreto 248/92, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamennto do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, podénse considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día vintedous de xaneiro de 1996.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese educacional a fundación Feiraco, e adscribila á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

1323