Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 1996 Páx. 1.692

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de xaneiro de 1996 pola que se fixan os prezos de venda ó público de publicacións editadas pola Xunta de Galicia.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

Primeiro.

Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións que se relacionan no anexo.

Segundo.

Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

–Galeguidade: Un sentimento común: 800 ptas.

–A constitución da galeguidade: 1.200 ptas.

–Galeguidade e cultura no exterior: 1.200 ptas.

–Lingua e literatura galegas na Galicia emigrante:

1.200 ptas.

–O fluxo migratorio do século XVIII ó XX: 800 ptas.

–As relacións económicas entre Galicia e os países

de destino da emigración: 800 ptas.

–Xuventude na galeguidade: 1.000 ptas.

–Radio e prensa na Galicia exterior: 1.200 ptas.

–A galeguidade empresarial: 800 ptas.

–Mundos lonxanos e próximos. A necesaria extensión

da galeguidade: 800 ptas.

1125