Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 1996 Páx. 1.635

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de febreiro de 1996 pola que se convocan licencias por estudios para o curso 1996-1997 destinadas a funcionarios docentes non universitarios e se aproban as súas bases de concesión.

A formación permanente do profesorado constitúe un dos obxectivos prioritarios da política educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A convocatoria de licencias por estudios, enmarcada dentro dos plans de formación continuada do profesorado, ten como obxectivo facilitarlle ó profesorado a súa actualización científica e didáctica.

O actual proceso de reforma do sistema educativo, a súa reestructuración en distintos tramos e a adopción dun currículum aberto, implican necesidades de formación específicas. Neste sentido, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria proponse darlles satisfacción ás devanditas necesidades formativas, facendo fincapé no afondamento dos coñecementos e na ampliación de estudios, así como na elaboración de unidades didácticas co obxectivo, en todo caso, de consegui-la mellora do sistema educativo, a través da formación dos seus profesionais.

Na súa virtude, facendo uso das competencias que lle están atribuídas a esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro.-Convocar ata un máximo de 154 licencias por estudios para o curso 1996-1997, dirixidas a funcionarios docentes que pertenzan ós corpos de mestres, profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño, profesores de música e artes escénicas, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores dos corpos e escalas docentes declaradas a extinguir, destinados en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, segundo se detalla no anexo I desta orde.

Segundo.-Ás licencias por estudios convocadas pola presente orde poderán concorre-los funcionarios de carreira que pertenzan a corpos e escalas de profesores que presten servicios nos seguintes centros públicos:

1. Institutos de educación secundaria.

2. Institutos de bacharelato.

3. Institutos politécnicos, institutos e seccións de formación profesional.

4. Institutos de educación secundaria e profesional.

5. Escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.

6. Conservatorios de música.

7. Escolas oficiais de idiomas.

8. Colexios públicos de educación primaria/EXB, educación especial, educación de adultos e educación infantil.

Ademais poderán concorre-los liberados sindicais, os membros dos equipos psicopedagóxicos de apoio e os dos centros de recursos.

Terceiro.-Os candidatos deberán reuni-los seguintes requisitos:

1. Estar en situación de servicio activo e prestar servicios durante os cursos 1995-1996 e 1996-1997 en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Ter, como mínimo, tres anos de antigüidade como funcionario de carreira nos corpos e escalas a que se alude no punto segundo desta orde, dos que, cando menos, un deles fose exercido en centros desta Comunidade Autónoma. Para estes efectos computarase o presente curso académico.

3. Non estar destinado en comisión de servicios durante o período para o que se solicita a licencia. Para tales efectos será de aplicación o disposto na base décimo primeira, segunda da presente convocatoria.

4. Non ter que realiza-lo servicio militar ou servicio social substitutorio no período de desfrute da licencia por estudios, no caso de candidatos homes.

5. Obter como mínimo catro puntos no apartado 1.2 do baremo que figura no anexo IV a esta convocatoria ou, no caso da modalidade C.3 para o corpo

de mestres, ser seleccionado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para realizar algún dos cursos de especialización que, en convenio coas universidades, convoque para funcionarios do devandito corpo e de acordo co baremo específico que en cada convocatoria de cursos se estableza.

6. Non ter desfrutado de licencia por estudios outorgada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, agás os funcionarios do corpo de mestres que resulten seleccionados para realizar algún dos cursos de especialización a que se alude no apartado anterior.

Cuarto.-Os candidatos ás licencias por estudios que se convocan deberán presenta-la súa solicitude segundo o modelo do anexo II e segundo o procedemento establecido no punto sétimo, agás os que opten ás da modalidade C.3 para o corpo de mestres que non deberán presentar solicitude nin documentación ningunha nesta convocatoria.

Quinto.-Á solicitude xuntaráselle a seguinte documentación:

1. Folla de servicios, segundo modelo do anexo VII, certificada pola delegación provincial correspondente e pechada o 31 de agosto ou o 30 de setembro de 1996, segundo se trate de funcionarios do corpo de mestres ou do corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, profesores de música e artes escénicas, profesores de escolas oficiais de idiomas e funcionarios dos corpos e escalas declaradas a extinguir.

2. Proxecto de estudios solicitado ou traballo que se pretenda realizar durante o período da licencia, segundo o esquema contido no anexo III. Unicamente se poderá solicitar unha das modalidades.

3. Acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que se considere conveniente alegar. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no anexo IV desta orde.

4. Relación numerada e asinada da documentación presentada, seguindo a orde que aparece no indicado anexo IV.

5. Non serán tidos en conta nin, xa que logo, valorados os méritos alegados e non xustificados debidamente, nin os que aleguen fóra do prazo a que se refire a base sexta da presente convocatoria.

Sexto.-As solicitudes, xunto coa documentación expresada anteriormente, deberán presentarse no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, a través do rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais ou mediante calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, sendo imprescindible que na instancia

apareza a data de recepción no organismo público correspondente. Se, en uso deste dereito, o expediente é remitido por correo, é necesario que se presente en sobre aberto para que sexa datado e selado polo funcionario de correos antes de que se proceda á súa certificación.

As oficinas receptoras remitiranlle os expedientes á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, San Caetano, s/n, 15771 Santiago de Compostela, dentro das corenta e oito horas seguintes á súa recepción.

Sétimo.-Na mesma data de presentación na delegación provincial da documentación citada no punto anterior, o profesorado que solicite licencia deberá presentar no Servicio da Inspección de Educación da delegación provincial correspondente a seguinte documentación:

1. Solicitude de informe segundo o modelo que aparece como anexo V desta orde, co fin de que o servicio de inspección emita o informe correspondente de acordo co anexo VI a esta orde.

2. Fotocopia da instancia de solicitude da licencia por estudios (anexo II).

Oitavo.

1. Vistas as solicitudes, os servicios de Inspección de Educación emitirán informe segundo o modelo recollido no anexo VI da presente convocatoria. O dito informe deberán remitilo directamente ó presidente da comisión seleccionadora dentro dos quince días seguintes ó da presentación da documentación aludida no punto sexto.

2. O dito informe referirase ós seguintes aspectos:

a) Organización da súa actividade docente (programación, metodoloxía, utilización de recursos, criterios de avaliación, actividades extraescolares, etc.).

b) Participación no funcionamento dos centros (traballo cos equipos docentes, departamentos, seminarios, colaboración cos órganos de goberno, titorías, etc.).

c) Participación en programas educativos de innovación e reforma.

O informe adaptarase en función do contido específico que se vai desenvolver no suposto de profesores solicitantes que estean destinados en comisión de servicios en postos fóra dos centros docentes.

3. O resultado deste informe traducirase nunha valoración global de cero a tres puntos, segundo se especifica no apartado 2.2 do anexo IV.

Noveno.-A selección dos candidatos realizaraa unha comisión integrada polos seguintes membros:

-O director xeral de Ordenación Educativa e Centros, ou persoa en quen delegue que será o presidente.

-A subdirectora xeral de Ordenación Educativa, ou persoa en quen delegue.

-O subdirector xeral de Inspección, ou persoa en quen delegue.

-O subdirector de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos, ou persoa en quen delegue.

-Tres membros da Inspección de Educación.

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretario, con voz e sen voto.

Cada un dos sindicatos da Mesa Sectorial Docente nomeará un representante que poderá asistir ás sesións da comisión con voz e sen voto.

A comisión poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para colaborar na valoración daqueles méritos, proxectos de estudio ou traballos que coide pertinentes. Os ditos asesores limitaranse a presta-la súa colaboración nas súas especialidades respectivas.

Para os efectos previstos no artigo 26.2º do Decreto 299/1990, do 24 de maio, esta comisión considérase incluída na categoría primeira.

Décimo.-A comisión seleccionadora realizará unha preselección segundo a puntuación obtida conforme o baremo que figura como anexo IV desta convocatoria e tendo en conta, ademais, os seguintes criterios prioritarios, para efectos de outorga-la puntuación ó proxecto de traballo ou estudios:

a) Na modalidade C.1 (teses de doutoramento) terase en conta como criterio prioritario a súa relación con algunha das áreas do currículo da educación secundaria obrigatoria ou materias do bacharelato, así como as de pedagoxía, psicoloxía ou psicopedagoxía. Excluiranse aquelas teses de doutoramento que non se atopen na fase final da súa elaboración de xeito que se poidan presentar para a súa defensa no período da licencia, extremo este que deberá certifica-la persoa que dirixe a tese.

b) Na modalidade C.2 (licenciaturas) daráselles prioridade a aquelas solicitudes que coincidan con algunha das distintas áreas do currículo da educación secundaria obrigatoria ou materias do bacharelato, así como as de pedagoxía, psicoloxía ou psicopedagoxía.

Excluiranse os solicitantes que no momento de presentaren a documentación teñan pendente unha ou dúas materias para remata-la licenciatura, ou un curso completo ou número equivalente de materias e tres más. Para estes efectos consideraranse superadas tódalas materias das que o solicitante estea matriculado no momento de presenta-la documentación ata un máximo dun curso completo.

Considerarase como unha materia aquela, que ten a duración dun curso académico ou entre doce e quince créditos. A comisión poderá face-las equivalencias pertinentes segundo a súa á duración.

Non se terán en conta igualmente as solicitudes que formulen os funcionarios para rematar unha segunda licenciatura excluída a titulación esixida para ingreso no corpo.

c) Na modalidade C.3, para funcionarios do corpo de mestres, as licencias por estudios concedaranse automaticamente ós funcionarios do corpo citado que resulten seleccionados para participar nos cursos de especialización que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoque en convenio coas universidades, de acordo co baremo específico que en cada convocatoria se estableza, e polo período de duración da fase presencial, facendo constar ámbolos dous extremos na resolución da convocatoria dos correspondentes cursos.

No caso de funcionarios dos restantes corpos abranguidos na presente orde terase en conta como criterio prioritario e excluínte que os estudios se orienten á promoción dos mestres de taller a titulacións mínimas esixidas polos distintos ciclos formativos, ou ben á realización de cursos de posgrao relacionados coa especialidade que imparte o solicitante, coa orientación ou coa titoría, agás os cursos de doutoramento.

1. En caso de empate entre os funcionarios, este dirimirase atendendo sucesivamente ós seguintes criterios:

a) Maior puntuación no punto 1.2 do baremo.

b) Maior puntuación no punto 2.1 do baremo.

2. No caso de quedaren vacantes en calquera das modalidades, poderán incorporarse á modalidade C.3 de licencias por estudios recollidas na presente orde. No caso de quedaren vacantes na modalidade C.3 dos profesores de centros de educación secundaria, acumularanse ás modalidades C.2 e C.1 por esta orde.

No suposto de que aínda quedase algunha licencia por estudios sen cubrir, incorporaríase na próxima convocatoria de licencias por estudios no nivel de ensino no que quedase deserta.

En ningún caso poderá superarse o número total de licencias anunciado, respectivamente, para o profesorado numerario que imparte ensinanzas de bacharelato, formación profesional, artísticas e idiomas e para o profesorado numerario de centros de educación infantil e educación primaria/EXB.

3. A relación dos preseleccionados farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das delegacións provinciais, abríndose un prazo de dez días para efectuar reclamacións. Transcorrido este prazo, unha vez estudiadas e, se é o caso, atendidas as ditas reclamacións, a comisión seleccionadora remitiralle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución da presente convocatoria, xunto coa acta ou actas definitivas con expresión das valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, así como a relación final dos seleccionados.

No mesmo prazo establecido no parágrafo anterior, poderán presentarse renuncias á concesión das licencias por estudios perante a mencionada comisión seleccionadora.

Décimo primeiro.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, unha vez comprobado que os candidatos reúnen os requisitos establecidos na presente convocatoria, publicará a resolución definitiva de licencias por estudios no Diario Oficial de Galicia, expedirá, así mesmo, as credenciais singulares correspondentes.

1. Unha vez resolta a presente convocatoria non se admitirán renuncias ás licencias concedidas, salvo casos de excepcional gravidade e libremente apreciados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. No caso de que un profesor obtivese simultaneamente un posto en réxime de comisión de servicios, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria concederá a licencia ou a comisión atendendo ás necesidades do servicio.

3. As solicitudes consideraranse desestimadas de non quedar resolta a convocatoria no prazo de tres meses, desde a data do remate da súa presentación.

Décimo segundo.-O período de duración das licencias, que é improrrogable, será, como máximo, do 1 de setembro de 1996 ó 31 de agosto de 1997, para os profesores de educación infantil, educación primaria/EXB e as súas modalidades, e desde o 15 de setembro de 1996 ó 14 de setembro de 1997, para o profesorado de ensinanzas medias, artísticas e de idiomas.

Poderán concederse licencias por estudios por un tempo inferior en función da duración dos proxectos de estudios ou traballo que se vaia realizar.

Cando a licencia por estudios fose solicitada para poder desfrutar dunha bolsa concedida por algún organismo oficial, e o período de duración non coincida co do curso académico 1996-1997, poderá autorizarse o desfrute desta durante doce meses consecutivos, sen pasar, en ningún caso, a data do 31 de decembro de 1997, e sempre que as necesidades do servicio o permitan.

Décimo terceiro.-Ó longo do período de licencias por estudios, os profesores beneficiarios presentarán perante a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a seguinte documentación segundo os casos:

1. Un informe dos traballos realizados ou certificado acreditativo de estar matriculado no centro en que se realizan os estudios, así como da súa asistencia; todo iso referido ó 15 de marzo de 1997. Remitiranse antes do 31 de marzo.

2. No prazo dun mes, contado desde a finalización do período da licencia por estudios:

Para a modalidade A: xustificante dos estudios realizados.

Para a modalidade B: orixinais das unidades didácticas.

Para a modalidade C1: xustificante de ter depositada a tese para a súa lectura ou certificación orixi

nal, do director da tese, na que indique que está concluída.

Para a modalidade C2: certificado dos estudios realizados.

Para a modalidade C3: xustificante dos estudios realizados.

3. Quedan excluídos da obriga de presenta-la documentación solicitada nos dous apartados anteriores os funcionarios do corpo de mestres ós que lle conceda automaticamente, no seu día, licencia pola modalidade C.3 para realizar cursos de especialización.

Décimo cuarto.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dispoñerá das memorias dos traballos realizados de acordo coa lexislación vixente sobre propiedade intelectual.

Co fin de que as investigacións poidan ser coñecidas polo profesorado, e na medida en que a súa difusión poida contribuír á mellora do ensino, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria facilitará a consulta daqueles traballos cando os centros docentes o soliciten.

Décimo quinto.-Durante o tempo de duración da licencia por estudios os profesores seleccionados recibirán os emolumentos correspondentes ás súas retribucións básicas e complementarias.

Décimo sexto.-O non cumprimento do disposto nos apartados 13.1 e 13.2 poderá dar lugar á posible incursión en responsabilidades disciplinarias de acordo co vixente Regulamento do réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Décimo sétimo.-A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros a través dos servicios de Inspección de Educación efectuarán o adecuado seguimento e control dos estudios e traballos que se realicen durante o período da licencia.

Décimo oitavo.-Durante o mes de decembro de 1996 os concursantes poderán retira-la súa documentación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, directamente ou a través de persoa autorizada. Transcorrido o prazo, entenderase que renuncian á súa recuperación, perdéndose todo dereito sobre ela.

Décimo noveno.-A concesión de licencias por estudios implicará a incompatibilidade con calquera outra actividade pública ou privada.

Vixésimo.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

DISTRIBUCIÓN DAS LICENCIAS POR ESTUDIOS QUE SE CONVOCAN PARA O CURSO 1996-1997 SEGUNDO AS MODALIDADES E CORPOS OU ESCALAS DO PROFESORADO

ModalidadesProfesorado numerario que imparte ensinanzas de bacharelato, formación profesional, idiomas e ensinanzas artísticasProfesorado numerario que imparte ensinanzas de educación infantil, educación primaria/EXB

A) Perfeccionamento en linguas estranxeiras fóra de España para profesores de idiomas.1310
B) Elaboración de unidades didácticas dirixidas ós niveis de educación infantil (3 anos), educación primaria e/ou educación secundaria.66
C) Estudios de carácter académico, en temas propios da área, ciclo ou materia que imparte.

C.1. Teses de doutoramento.174
C.2. Licenciaturas.1235
C.3. Outros estudios.1635
TOTAIS6490

ANEXO III

ESQUEMA DO CONTIDO DO PROXECTO DE ESTUDIOS OU TRABALLO E DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA, SEGUNDO O CASO

1. MODALIDADE A:

Perfeccionamento en linguas estranxeiras fóra de España.

1. Estudios que proxecta realizar, con especificación das datas.

2. Centro no que proxecta realiza-los estudios: nome, domicilio, localidade, provincia, país, teléfono.

3. Xustificante de ter feita a reserva de praza e posterior confirmación da admisión.

2. MODALIDADE B:

Proxecto de elaboración de unidades didácticas.

1. Título do proxecto.

2. Xustificación.

3. Obxectivos.

4. Número de unidades didácticas que se proxecta elaborar e denominación delas.

5. Etapas no desenvolvemento.

3. MODALIDADE C:

C.1 Teses.

1. Título da tese.

2. Informe da persoa que a dirixe, no que se especifique a data do comezo do traballo e que este se atopa en fase final.

3. Traballo xa realizado.

4. Traballo que realizará durante o período da licencia.

5. Certificación académica de ter aprobados os créditos correspondentes á tese de doutoramento.

6. Certificación do departamento no que estea inscrita a tese.

C.2. Licenciaturas.

1. Escrito no que se especifique claramente as disciplinas que lle faltan para obte-la licenciatura, concretando a que curso pertencen.

2. Certificación académica actualizada no curso 1995-1996, dos estudios realizados correspondentes á licenciatura na que conste ademais as materias nas que estea matriculado no citado curso.

3. Fotocopia do plan de estudios que está a seguir.

4. Centro no que proxecta realiza-los estudios: nome, domicilio, localidade, provincia, país, teléfono.

C.3. Outros estudios.

1. Estudios que proxecta realizar, con especificación de datas.

2. Centro no que proxecta realiza-los estudios: nome, domicilio, localidade, provincia, país, teléfono.

3. Certificación académica actualizada dos estudios realizados correspondentes ós que se solicitan, de se-lo caso.

4. Xustificante de ter feita a reserva de praza e posterior confirmación da admisión.

ANEXO IV

MéritosTotal puntos máximoDocumentos

1. Proxecto de traballo ou estudios
1.1. Pola concesión da bolsa para a realización do traballo que se presenta3Documentos xustificativos da concesión da bolsa
1.2. Polo interese que ofreza para mellora-la calidade do ensino na especialidade ou materia que se imparte10
Para as modalidades C2 de primaria e secundaria e C3 de secundaria a puntuación outorgarase do seguinte xeito:O solicitado para cada modalidade no anexo III
Curso completo ou número de materias equivalente7
Curso completo ou número de materias equivalente menos outra materia6
Curso completo ou número de materias equivalentes máis outra materia5.5
Curso completo de materias equivalente menos dúas materias5
Curso completo ou número de materias equivalente máis dúas materias4.5
Curso completo ou número de materias equivalente menos tres materias4

2. Méritos docentes:
2.1. Servicios docentes
2.1.1. Por cada ano de servicios como funcionario de carreira: 1 punto por ano completo

MéritosTotal puntos máximoDocumentos

2.1.2. Por cada ano de servicio coa condición de catedrático adquirida: 0,20 puntos por ano completo

2.1.3. Por cada ano de servicio como profesor en prácticas, interino ou contratado. 0,50 puntos por ano completo

Por estes tres subapartados ata 10 puntosFolla de servicios certificada e pechada pola delegación provincial correspondente e fotocopia compulsada do título administrativo de funcionario de carreira
2.2. Informe do servicio de Inspección de Educación. Ata3
3. Actividades de formación permanente:
3.1. Dirección e/ou docencia en actividades de perfeccionamento relacionadas coa súa especialidade: 0,50 puntos por actividade como máximo4
3.2. Asistencia a cursos, grupos estables, seminarios e outras actividades da especialidade: 0,25 puntos por actividade como máximo2Fotocopias compulsadas das certificacións acreditativas
3.3. Cursos de lingua galega:
3.3.1. Especialización1,5
3.3.2. Perfeccionamento1
3.3.3. Iniciación0,5
(Nota: non acumulables entre sí)
4. Publicacións ou investigacións sobre a materia ou especialidade de ensinanzas:
4.1. De carácter disciplinario: máximo 1 punto por traballado

4.2. De carácter pedagóxico e didáctico: máximo 1 punto por traballo

55Exemplares correspondentes avalados por organismos públicos, nos que conste o ISBN
5. Méritos académicos:
5.1. Título de doutor: 2 puntos4
5.2. Para funcionarios do corpo de mestres: título de licenciado. 2 puntos

5.3. Outros títulos ou diplomas relacionados coa especialidade obxecto da materia: 0,25 puntos

1Fotocopias compulsadas dos títulos ou certificación de estudios4

1167