Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 1996 Páx. 1.623

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ratifican os estatutos da Federación Galega de Squash.

Vistos os estatutos da Federación Galega de Squash, e a acta de aprobación da súa asemblea xeral extraordinaria do 23-11-1995.

Visto o informe da Sección de Rexistro de Clubs e Asuntos Xurídicos, a Orde do 28 de xullo de 1995 de desenvolvemento do Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivsas galegas, a Lei 10/1990, xeral do deporte, e demais normativa aplicable,

RESOLVO:

Ratificar, con efectos desde a aprobación da súa asemblea os estatutos da Federación Galega de Squash, aprobados de conformidade co artigo 8 da orde do 28 de xullo de 1995, e autoriza-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1996.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

Estatutos da Federación Galega de Squash

Disposicións xerais

Capítulo I

Denominación, natureza xurídica, obxecto social e domicilio

Artigo 1º

A Federación Galega de Squash, é unha entidade privada, con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro, e o seu ámbito de territorialidade comprende a Comunidade Autónoma de Galicia no desenvolvemento das competencias que lle son propias, e está integrada polas entidades deportiva, deportistas técnicos e xuices-árbitros adicados á práctica do deporte do Squash.

A Federación Galega de Squash, ademáis das competencias que lle son propias, exerce por delegación funcións públicas de carácter administrativo actuando como axente colaborador da Administración pública.

Artigo 2º

A Federación Galega de Squash, organizase orgáncia e funcionalmente de forma democrática e representativa, con personalidade xurídica e patrimonio propio e independiente do dos seus asociados, e plena capacidade de obrar, coas limitacións sinaladas pola lei e disposicións vixentes, e pode adquirir, para os seus propios fins, bens de todas clases, mobles e inmobles, contratrar e obrigarse para o cumprimento das súas finalidades e está suxeita ás súas propias responsabilidades.

A Federación Galega de Squash, está integrada na Real Federación Española de Squash e exerce de maneira exclusiva a representación desta dentro da Comunidade Autónoma de Galicia no referente ó deporte do Squash conservando en tal integración a súa personalidade xurídica, o seu patrimonio propio e diferenciado, o seu orzamento e o seu réxime xurídico particular

Artigo 3º

A Federación Galega de Squash, ten como obxecto social promocionar, dirixir e ordenar exclusivamente dentro de Galicia, sen prexuicio das competencias concorrentes das distintas administracións públicas, as actividades propias da súa modalidade deportiva, en coordinación cos organismos correspondentes da Xunta de Galicia, e rexerase por estes estatutos e os seus regulamentos, polos da Real Federación Española de Squash, no que lle sexan aplicables, e polas disposicións que dicte a Xunta de Galicia e, supletoriamente a Administración do Estado.

A Federación Galega de Squash, é a única entidade competente dentros da Comunidade Autónoma de Galicia para promocionar, regulamentar, organizar, xestionar e controla-las competicións oficiais do xogo do Squash.

Artigo 4º

A Federación Galega de Squash, dentro da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, ademáis das súas funcións propias de promoción, goberno, administración, xestión e organización do Squash exercerá, baixo a coordinación e tutela da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, as seguintes funcións públicas de carácter administrativo.

a) A promoción e divulgación do Squash en tódalas súas facetas.

b) Encamiña-los deportistas á práctica do Squash mediante oportunos cursos de iniciación, formación e perfeccionamento.

c) Respaldar técnica e administrativamente a práctica do Squash velando ante os organismos competentes polo apoio a esta modalidade deportiva dentro de Galicia.

d) Cualificar e organiza-las actividades e competicións deportivas oficiais de ámbito autonómico galego.

e) Exerce-la potestade disciplinaria sobre os integrantes da federación nos termos previstos pola lei.

f)Exerce-lo control das subvencións que asignen ás asociacións e entidades deportivas nas condicións que fixe a Secretaría Xeral para o Deporte.

g) Executar, se é o caso, as resolucións do Comité Galego de Disciplina Deportiva.

h) Calquera outra causa que lle sexa atribuída pola lexislación vixente ou que acorde no ámbito da súa competencia a asamblea xeral.

Os actos realizados pola Federación Galega de Squash no exercicio das funcións públicas de carácter administrativo, son susceptibles de recurso ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, e as súas resolucións esgotan a vía administativa.

Artigo 5º

O domicilio social da Federación Galega de Squash establécese en Vigo, rúa Marqués de Valladares nº 23, piso 3º, of.1, C.P. 36201

A comisión delegada, por maioría dos seus membros e cando as circunstancias o aconsellen, poderá acorda-lo cambio do domicilio social dentro da mesma localidade. Para o traslado do domicilio a outra localidade, que deberá ser sempre dentro do territorio da Comunidade Autónoma galega, será necesario o acordo maioritario da asemblea xeral. En ambos casos, o traslado do domicilio social deberalles ser notificado ós afiliados e á Secretaría Xeral para o Deporte.

Por acordo da asemblea xeral, e para afectos puramente de organización interna, poderanse establecer delegacións da Federación Galega de Squash nas localidades de Galicia que decida a citada asemblea.

Capítulo II

Requisitos para ser membro da Federación Galega de Squash. Dereitos e deberes

Artigo 6º

As entidades deportivas poderán integrarse, a petición propia, na Federación Galega de Squash sempre que teñan o seu domicilio social e desempeñen a súa actividade en Galicia e se encontren constituídos conforme os requisitos esixidos para cada modalidade pola lexislación vixente e inscritos no Rexistro de Clubs, Federacións e Asociacións Deportivas da Xunta de Galicia, debendo comprometerse a cumpri-los estatutos e regulamentos da Federación Galega de Squash e someterse á autoridade dos órganos federativos, en relación coas materias da súa competencia.

Os mesmos criterios e requisitos, no que sexa de aplicación, rexerán para a integración na federación dos deportistas, técnicos e xuíces-árbitros.

Artigo 7º

A integración na Federación Galega de Squash conlevará a integración automática e para tódolos efectos na Real Federación Española de Squash.

Artigo 8º

A integración na Federación Galega de Squash producirase mediante a expedición por parte desta da correspondente licencia federativa ou documento de afiliación ou inscripción. A dita expedición será acordada pola xunta directiva da Federación Galega de Squash

Contra a denegación, que deberá ser motivada, caberá recurso ante a asemblea xeral.

En todo caso, para a participación en actividades ou competicións deportivas oficiais de ámbito autonómico será preciso estar en posesión da licencia ou documento de afilicación expedido pola Federación Galega de Squahs.

Artigo 9º

Tódolos membros da Federación Galega de Squash teñen direito a recibi-la tutela desta con respecto ós seus intereses deportivos comúns e individuais, así como o de participar nas súas actividades e no funcionamento dos seus órganos, de acordo cos presentes estatutos e cos regulamentos internos daquela. Os membros da Federación Galega de Squash teñen, pola súa vez, o deber de acata-los acordos dos seus

órganos, sen que isto obste ó dereito de interpor recurso, ante as instancias federativas competentes e, se é o caso, ante os Tribunais de Xustiza ou a Secretaría Xeral para o Deporte, segundo proceda, contra aqueles que consideren contrarios a dereito, e sen prexuízo de acudir a conciliación extraxudicial ou arbitraxe nos termos previstos nas leis.

Capítulo III

Estructura territorial

Artigo 10º

A Federación Galega de Squash estructúrase territorialmente en delegacións provinciais.

Cada delegación quedará integrada polas entidades deportivas, deportistas, técnicos e xuíces-árbitros que correspondan a cada unha das catro provincias galegas.

Artigo 11º

As delegacións axustarán a súa actividade ás normas dictadas pola Federación Galega de Squash a través dos órganos que correspondan e, directamente do seu presidente.

Artigo 12º

O presidente nomeará e separará do cargo os titulares das delegacións de acordo co artigo 32 dos presentes estatutos.

As delegacións provinciais da Federación Galega de Squash, estarán integradas por un delegado provincial que será o representante da federación na respectiva delegación.

TÍTULO II

Dos órganos de goberno e representación

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 13º

Son órganos de goberno e representación da Federación Galega de Squash a asemblea xeral e o presidente.

No seo da asemblea xeral deberá contituírse unha Comisión Delegada de asistencia a ela.

Artigo 14º

1. Serán órganos electivos da Federación Galega de Squash o presidente, a asemblea xeral e a comisión delegada no ámbito das súas respectivas competencias.

Os membros dos demásis órganos e comités serán designados e revogados libremente polo presidente coas excepcións previstas nos presentes estatutos.

2. O nomeamento ou a renovación dos membros dos órganos de goberno e representación, dos órganos complementarios e dos comités que puideran crearse dentro da Federación Galega de Squash, deberán ser comunicados a tódolos membros da Asemblea Xeral e á Secretaría Xeral para o Deporte nun prazo máximo de 15 días a partir da data do nomeamento.

3. Os órganos de goberno e representación reuniranse na forma e termos establecidos nestes estatutos; os seus acordos, salvo disposición expresa que

dispoña o contrario, adoptaranse por maioría simple, o presidente terá voto de calidade en caso de empate. Os acordos poderán ser impugnados de conformidade co disposto na lexislación aplicable e nos presentes estatutos.

4. A responsabilidade dos membros dos órganos da federación no exercicio das súas funcións será esixida no ámbito disciplinario de conformidade co Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, e nos ámbitos civil e penal de acordo coa lexislación xeral de aplicación.

5. Son requisitos xerais para ser membro de calquera órgano da Federación Galega de Squash, sen prexuízo do establecido regulamentariamente, os seguintes:

a) Te-la condición de cidadán de Galicia, segundo o disposto no artigo 3 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.

b) Ser maior de idade e estar en pleno uso dos dereitos civís.

c) Non estar suxeito a corrección disciplinaria de carácter deportivo que o inhabilite.

d) Non ter sido condenado mediante sentencia penal firme que leve anexa a pena principal ou accesoria de inhabilitación absoluta ou especial para cargo público.

e) Non estar uncurso en ningunha causa de incompatibilidade establecida legalmente ou nos presentes estatutos.

f) Reuni-los requisitos específicos propios de cada estamento deportivo.

Capítulo II

Da Asemblea Xeral

Sección primeira

Natureza, composición, nomeamento e cesamento

Artigo 15º

A asemblea xeral é o órgano superior de goberno e representación da Federación Galega de Squash

Artigo 16º

A asemblea xeral estará constituida polo presidente da federación e polos representantes das entidades deportivas, dos deportistas, dos técnicos e dos xuíces-árbitros.

As entidades deportivas non poderán ser membros da asemblea xeral se no momento da convocatoria de eleccións non figuran inscritas no Rexistro de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.

Os compoñentes da Xunta Directiva por este só carácter poderán asistir ás reunións da Asemblea, con dereito a voz pero sen voto.

Artigo17º

A asemblea xeral está integrada por 15 membros, e a representación dos estamentos sinalados anteriormente responderá ás seguintes proporcións:

-Entidades deportivas: 70%, que corresponde a 10 membros.

-Deportistas: 20%, que corresponde a 3 membros.

-Técnicos: 5%, que corresponde a 1 membro.

-Xuíces-árbitros: 5%, que corresponde a 1 membro.

Artigo 18º

A convocatoria de eleccións deberá indicar expresamente o número de membros da asemblea xeral e o de cada un dos estamentos.

Artigo 19º

Os membros da asemblea xeral e a Comisión Delegada cesarán polas seguintes causas:

a) Defunción.

b) Disolución da entidade á que representan.

c) Expiración do mandato para o que foron elixidos.

d) Renuncia voluntaria ou demisión.

e) Estar incursos en causa de enelixibilidade ou incompatibilidade legal ou estutaria.

f) Sanción disciplinaria imposta en forma regulamentaria que implique o cesamento no cargo que ostentan.

g) Perda dos requisitos polos que foron elixidos no seu respectivo estamento.

Artigo 20º

As vacantes que se produzan na asemblea xeral antes das seguintes eleccións xerais a ela, serán cubertas dentro de cada estamento e de maneira sucesiva, polos candidatos que no proceso electoral obtivesen maior número de votos despois dos que resultaron electos e, a falta destes, mediante a realización de eleccións parciais, sempre que neste último caso as vacantes superen o 25% dos membros da asemblea.

Os elixidos para ocupa-las vacantes a que se refire o apartado anterior exercerán o seu mandato polo tempo que falte a celebración das seguintes eleccións xerais.

Sección segunda

Réxime de funcionamento

1. Competencias

Artigo 21º

A asemblea xeral, en canto órgano máximo de goberno e representación da federación, pode adoptar calquera acordo ou decisión sobre esta, con sometemento ás regras de competencia e procedemento. Especialmente son competencias da Asemblea Xeral as seguintes:

1. A aprobación e modificacións dos estatutos da Federación Galega de Squash.

2. A elección mediante sufraxio libre, igual, directo e secreto do presidente e da comisión delegada da Federación Galega de Squash, así como o cesamento e a moción de censura ó presidente.

3. Aprobación e liquidación do orzamento anual da Federación Galega de Squash.

4. Aprobación do programa ou calendario deportivo anual que vai desenvolve-la Federación Galega de Squash a das bases ou regulamentos que rexerán a competición.

5. Aprobación da creación de órganos territoriais da Federación Galega de Squash.

6. Aprobación do regulamento de eleccións á asemblea, presidente e da comisión delegada da Federación Galega de Squash.

7. Aprobación do regulamento sobre conciliación extraxudicial ou arbitraxe.

8. Aprobación do regulamento de disciplina deportiva.

9. Calquera outra competencia da federación que non estea expresamente atribuída polos presentes estatutos a outro órgano.

2. Convocatoria

Artigo 22º

A asemblea xeral será convocada polo presidente da Federación Galega de Squash cun mínimo de 10 días naturais de antelación á data da súa celebración, no taboleiro de anuncios da federación, debendo incluír necesariamente os puntos da orde do día que se van tratar, ademáis da notificación individual a cada un dos membros ó enderezo que deberá constar na federación 30 días antes da convocatoria; a notificación remitirase por calquera medio que permita ter constancia da recepción cunha antelación mínima de corenta e oito horas. Os defectos formais na convocatoria non darán lugar á nulidade da asemblea sempre e cando os membros desta recibisen a convocatoria coa orde do día no prazo establecido e, en todo caso, a asemblea será válida, sen necesidade de ningún otro requisito, sempre que concorran a totalidade dos seus membros da mesma.

A orde do día poderá ser modificada, no sentido de incorporar novos puntos, a petición fundada dunha quinta parte dos membros da asemblea xeral e sempre que esta incorporación se solicite cunha marxe de tempo suficiente para que poida ser notificada a tódolos membros da asemblea xeral mediante notificación e publicación no taboleiro de anuncios da Federación Galega de Squash coa antelación mínima de 3 días á data da celebración.

Artigo 23º

O presidente da Federación Galega de Squash deberá convocar unha asemblea xeral ordinaria anualmente antes do inicio da nova tempada deportiva para trata-los asuntos propios da xestión ordinaria e, como mínimo para a aprobación da memoria anual de actividades e aprobación do novo orzamento e a liquidación do anterior, aprobación do calendario deportivo e das regras que rexerán a competición e o exame e consideración das propostas que formulen os membros da asemblea, da comisión delegada, da xunta directiva e o presidente.

Tódalas demáis asembleas terán carácter extraordinario e serán convocadas polo presidente da Federación Galega de Squash sempre que estime oportuno, ou a petición dun número de membros que

integran a asemblea non inferior ó 25%. Neste caso, os solicitantes deberán formular unha petición por escrito dirixido ó presidente da federación, indicando os puntos que compoñerán a orde do día. O presidente, no prazo máximo de 10 días naturais desde a entrada do escrito no rexistro da Federación Galega de Squash deberá convoca-la asemblea con carácter extraordinario, cos requisitos de forma sinalados nestes estatutos, coa orde do día solicitada, sen incluír ningún outro punto, que se celebrará nun prazo non superior a 20 días naturais desde a convocatoria. Caso de negativa expresa do presidente a efectua-la convocatoria, ou pasados 10 días desde que a solicitude fose efectuada sen ter sido respondida, os solicitantes poderán facer uso dos dereitos que a lexislación vixente establece, ante a Secretaría Xeral para o Deporte, para a convocatoria dos órganos colexiados de goberno.

Cando o presidente da federación aprecie a existencia dunha situación urxente que non permita demora na convocatoria da asemblea extraordinaria, poderá convocala sen suxeición a prazo nin requisito de forma ningunha salvo a citación persoal dos asambleístas que poidan ser localizados nos domicilios que consten na federación. En todo caso a asemblea requirirá como mínimo a presencia de 2/3 dos seus membros e antes de analiza-la orde do día pronunciarase previamente, por maioría de asistentes, sobre a urxencia da convocatoria e a necesidade ou non da súa celebración. En todo caso nunha asemblea convocada desta forma non poderán modificarse os estatutos.

Artigo 24º

A asemblea xeral quedará validamente contituída en primeira convocatoria cando a ela concorran a maioría dos seus membros.

En segunda convocatoria será válida sexa cal sexa o número de asistentes. Deberá mediar un mínimo de media hora entre a primeira e a segunda convocatoria.

4. Adopción de acordos

Artigo 25º

Non será adminsible de ningún modo, para a formación da vontade dos órganos colexiados da Federación Galega de Squash nin para o establecemento do seu quorum, o voto por correo nin a delegación de voto, sendo, por tanto, necesaria a presencia física dos seus membros. Exceptúanse as eleccións dos membros da asemblea xeral, se así o aprobase o regulamento electoral.

Con carácter excepcional as entidades deportivas poderán ser representadas de conformidade cos seus propios estatutos, pero o representante non poderá ser membro da asemblea xeral.

Ninguén poderá ostentar na asemblea xeral máis dunha delegación de voto.

Artigo 26º

As votacións no seo da asemblea xeral realizaranse na forma e pola orde que a Presidencia estableza, sendo esta a que decidirá se serán ordinarias nominais ou secretas; se polo menos o vintecinco por

cento dos asistentes solicita unha modalidade determinada, a forma de votación decidirase por maioría simple dos membros da asemblea xeral.

Artigo 27º

A asemblea xeral será presidida polo presidente da federación, e o seu voto será de calidade en caso de empate. Os acordos adoptaranse por maioria simple dos asistentes.

Os efectos de cómputos de quorum e maiorías, cando estes se conformen cun número inexacto de asambleístas, computaranse sempre por exceso e con referencia ó número daqueles efectivamente asistentes como membros da asemblea, descontadas as vacantes.

Artigo 28º

De tódolos acordos adoptados na asemblea xeral e mais na comisión delegada levantará acta o secretario delas, especificando o nome das persoas que interviron e as demáis circunstancias que se consideran oportunas, contido dos acordos adoptados, o resultado da votación e, se é o caso, os votos particulares contrarios ó acordo adoptado.

Os votos contrarios ó acordo adoptado ou as abstencións motivadas eximirán a quen os emita de calquera responsabilidade derivada de tales acordos.

Artigo 29º

Os acordos da asemblea xeral e da comisión delegada serán vinculantes e de obrigatorio cumprimento para a totalidade dos órganos, persoas e entidades que integran a federación e terán forza executiva a partir da data da súa adopción.

Artigo 30º

A asemblea xeral non poderá adoptar ningún acordo ou realizar ningún acto que poida comprometer de forma irreversible o seu patrimonio ou a actividade que contitúe o obxecto propio da federación.

En caso de dúbida ou a petición dun 5% dos membros de dereito da asemblea será requisito imprescindible a emisión dun informe favorable por parte dos organismos competentes da Xunta de Galicia.

Capítulo III

Da Comisión delegada

Natureza, constitución, composición e funcionamento

Artigo 31º

1. No seo da asemblea xeral deberá constituírse unha comisión delegada que terá carácter electivo e será un órgano de goberno e representación da federación.

2. A comisión delegada será elixida pola asemblea xeral na primeira reunión que esta celebre despois da súa constitución mediante sufraxio entre os seus membros. O seu mandato coincidirá co da asemblea xeral.

3. O número de membros da domisión delegada será o 15% dos membros da asemblea xeral. En ningún caso este número será inferior a cinco nin superior a quince.

4. O presidente da federación convocará a comisión delegada que se reunirá como mínimo cada 4 meses para os fins da súa competencia e polo menos para realiza-lo seguimento da xestión deportiva e económica da federación.

5. Correspóndelle á comisión delegada da asemblea xeral:

a) A elaboración dun informe previo á aprobación dos orzamentos.

b) A modificación do calendario deportivo.

c) A modificación dos orzamentos e dos regulamentos.

d) O seguimento da xestión deportiva e económica de federación.

As modificacións non poderán exceder dos límites e criterios que a propia asemblea xeral estableza.

A proposta os temas que se van a tratar na comisión delegada correspóndelle o presidente ou a dous tercios dos membros da comisión delegada.

Capítulo IV

Do presidente

Artigo 32º

O presidente da federación é o órgano de goberno e representación que ostenta a súa representación legal, convoca e preside os órganos de goberno e representación a executa os acordos destes. O presidente poderá nomear delegados nas localidades aprobadas pola asemblea xeral, que actuarán seguindo as intruccións daquel e por delegación nas funcións que se lle encomenden. Os ditos delegados poderán ser cesados ou substituídos polo presidente segundo o seu criterio.

Artigo 33º.- A duración do cargo de presidente será de 4 anos.

No caso de que excepcionalmente quede vacante a Presidencia antes de que trascorra o prazo para o que foi elixido, considerarase demisionaria toda a xunta directiva, constituíndose a comisión delegada en comisión xestora, presidida polo membro de maior idade. Convocará a asemblea xeral, e esta acordará unha nova elección de presidente para cubri-la vacante polo tempo que falte ata a terminación do prazo correspondente ó mandato ordinario. Se a vacante se produce por prosperar unha moción de censura, observarase o disposto no artigo 36º destes estatutos.

Artigo 34º

O desempeño do cargo de presidente será causa de incompatibilidades coas seguintes actividades:

a) Ocupación de cargos directivos noutras federacións deportivas, que non sexa a Federación Galega de Squash, exceptuando a Real Federación Española de Squash.

b) Desenvolvemento de actividades ou desempeño de cargos en asociacións deportivas, ou clubs integrados na Federación Galega de Squash.

c) A persoa que resulte elixida presidente da Federación Galega de Squash deberá cesar en todo tipo de actividades directivas no deporte específico e no ámbito territorial da federación.

Non existirá incompatibilidade, en ningún caso, coa práctica activa do deporte.

Artigo 35º

O presidente cesará por:

a) Transcurso do prazo polo que foi elixido.

b) Demisión.

c) Incapacidade física ou psíquica para continuar no exercicio do seu cargo.

d) Aprobacion dunha moción de censura pola asemblea xeral.

e) Por incorrer en causa de inelixibilidade, ou incompatibilidade. Neste último caso disporía dun prazo dun mes para cesar no posto que resulte incompatible co de presidente.

Artigo 36º

A moción de censura ó presidente da Federación Galega de Squash poderá ser presentada polos membros da asemblea xeral que constitúan polo menos un 20% dela mediante escrito presentado no rexistro da Federación Galega de Squash. Na dita petición deberán solicitar do presidente a convocatoria dunha asemblea xeral extraordinaria coa dita moción como único punto da orde do día así como propoñer un candidato alternativo á Presidencia.

Caso de prospera-la moción de censura, que se votará nun sistema de dobre volta, debendo alcanza-la maioría absoluta de membros que compoñen a asemblea xeral na primeira volta ou maioría simple de asistentes na segunda, celebradas cunha hora de diferencia, o candidato quedará investido, cun mandato polo prazo que falte para concluí-lo período ordinario.

Para a convocatoria da asemblea xeral extraordinaria a que se refire este artigo, observarase o disposto no artigo 22º destes estatutos. A sesión da asemblea xeral en que se debata a moción de censura estará presidida polo membro de maior idade. Non será válido o voto por correo nin a asistencia por representación.

Se a moción de censura non prosperase, non poderá presentarse unha nova nun prazo de seis meses, como tampouco poderá presentarse, caso de prosperar, contra o candidato investido na dita moción nun prazo inferior a seis meses.

TÍTULO III

Órganos complementarios de Goberno e representación

Artigo 37º

Son órganos complementarios dos de goberno e representación da Federación Galega de Squash,, para asistir ó presidente:

a) A xunta directiva.

b) O secretario xeral.

c) O tesoureiro.

Artigo 38º

1. A Xunta directiva é o órgano colexiado de xestión da Federación Galega de Squash. Os seus mem

bros son designados e apartados do cargo polo presidente.

O número de membros será establecido pola asemblea xeral e non poderá ser inferior a 5 nin superior a 15.

O presidente elixirá entre os membros da súa Xunta Directiva un vicepresidente, que o será tamén da Federación Galega de Squash, quen substituirá o presidente por delegación, imposibilidade física ou ausencia temporal, e un tesoureiro que será tamén o da Federación Galega de Squash.

Os membros da xunta directiva que non sexan da asemblea xeral, terán acceso ás sesións desta, con dereito a voz pero sen voto.

Todolos cagos son honoríficos e, no caso de establecerse unha compensación económica a favor dalgún dos membros da xunta directiva, deberá ser expresamente acordada pola asemblea xeral e constar dunha maneira diferenciada no orzamento. En ningún caso a compensación económica poderá ser satisfeita con cargo ás subvencións públicas que reciba a Federación Galega de Squash.

2. O presidente da Federación Galega de Squash nomeará un secretario, que non será membro da xunta directiva, o cal exercerá as función de fedatario e asesor, e máis especificamente:

a) Levantar actas das serión do órganos de goberno e representación da Federación Galega de Squash,, con indicación dos asistentes, temas tratados, o resultado das votación e, se é o caso, os votos particulares contrarios e abstencións ós acordos adoptados.

b) Expedi-las certificacións oportunas das actas dos órganos de goberno e representación.

c) Remitir a Secretaría Xeral para o Deporte as actas das reunións da asemblea xeral e da comisión delegada no prazo de 15 días desde a data da súa celebración, así como as súas convocatorias.

d) Cantas funcións lle encomenden os estatutos e regulamentos da federación ou lle sexan delegadas polo presidente.

3. O teosureiro da federación é o órgano de administración desta.

Exercerá como función propias:

a) Leva-la contabilidade da federación.

b) Exerce-la inspección económica de tódolos órganos da Federación Galega de Squash.

c) Elaborar e presentar informes á comision Delegada do estado contable da Federación Galega de Squash.

Artigo 39º

Para ser membro da xunta directiva non será necesario forman parte da asemblea xeral, pero si da federación.

Artigo 40º

Os membros da xunta directiva cesarán polas seguintes causas:

a) Vacante na presidencia, sen prexuízo da súa conversión en comisión xestora nos casos previstos nos estatutos.

b) Demisión.

c) Falecemento ou incapacidade física ou psíquica para continuar no cargo.

d) Por incorren en causa de inelixibilidade ou incompatibilidade.

e) Apartados directamente polo presidente co cumprimento das comunicación a que ser refieren os presentes estatutos.

Artigo 41º

A xunta directiva como órgano colaborador do presidente non terá competencias propias e exercerá, por delegación, as que lle encomende o presidente, que poderá avocar e revogar en calquera momento.

Artigo 42º

Os asuntos ordinarios de trámite serán despachados polo presidente e o secretario da Federación Galega de Squash.

TÍTULO IV

Dos órganos técnicos e asesores

Capítulo I

Comisións en xeral

Artigo 43º

1. A Federación Galega de Squash, poderá crear, logo de aprobación da asemblea xeral, cantas comisións tácticas precise, ademáis das seguintes:

a) Os comités de disciplina deportiva: comité de competición ou xuíz único de competición e o comité de apelación.

b) Comité de xuíces-arbitros.

c) Comité técnico de competición.

Tódalas comisión da Federación Galega de Squash, se regularán polos seus respectivos regulamentos internos, pola lexislación aplicable, e polo disposto nos presentes estatutos.

Tódolos presidentes dos comites serán nomeados polo presidente da Federación Galega de Squash. O secretario da federación intervirá como secreatrio de tódolos comités sen voz e sen voto, excepto que formase parte deles.

Capítulo II

Comité de xuíces-árbitros

Artigo 44º

No seo da Fedearción Galega de Squash contituirase, de maneira obrigatoria, un comité de xuíces-árbitros, no cal o presidente será designado polo presdidente da Federación Galega de Squash.

Serán funcións deste comite:

a) Establece-los niveis de formación arbitral.

b) Clasificar tecnicamente ós xuíces-árbitros cos criterios prefixados pola asemblea xeral.

c) Propoñer ós candiatos a xuíces-árbitros nacionais.

d) Propoñer á xunta directiva as normas administrativas que regulan a arbitraxe, para súa aprobación pola asemblea.

e) Designa-los xuíces-árbitros nas competicións oficiais de ámbito galego.

f) Colaborar cos órganos competentes da federación.

TÍTULO V

Capítulo I

Os censos

Artigo 45º

Compoñerán os censos correspondentes a cada estamento electoral tódolos membros da Federación Galega de Squash que reúnan os requisitos establecidos para cada estamento nos presentes estatutos e no regulamento electoral.

Capítulo II

Regulamentación electoral

Artigo 46º

Os procesos electorais desenvolveranse conforme ó regulamento electoral que deberá ser aprobado pola asemblea xeral da Federación Galega de Squash, por proposta de presidente, e regulará as seguintes cuestións:

1.-Número de membros da asemblea xeral; circunscricións electorais e número de representantes que por cada circunscrición electoral corresponda a cada un dos estamentos.

2.-Calendario electoral.

3.-Censo electoral.

4.-Composición, competencias e funcionamento da xunta electoral.

5.-Requisitos para presentación e proclamación de candidatos. O termo para a presentación de candidatos a presidente e membros da asemblea xeral non poderá ser inferior a 10 días naturais.

6.-Procedemento de resulución de conflictos, impugnación e reclamacións así como os recursos electorais.

7.-Regulación do voto por correo nas eleccións a asemblea xeral. Non se admitirá esta clase de voto nas eleccións a comisión delegada e presidente.

8.-Composición, competencia, funcionamento e situación das mesas electorais.

9.-Elección de presidente da Federación Galega de Squash.

10.-Elección da comisión delegada da asemblea xeral.

O regulamento electoral deberá ser ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Capítulo III

A comisión xestora

Artigo 47º

Acordada a convocatoria de eleccións pola asemblea xeral e aprobado o regulamento electoral, o presidente procederá no prazo sinalado neste á convocatoria de eleccións á asemblea xeral. A partir de dese momento, a xunta directiva e o presidente contituiranse en comisitón xestora, e someterán o regulamento electoral a ratificación pola Secretaría Xeral para o Deporte.

A comisión xestora garantirá a máxima difusión e publicidade das convocatorias de eleccións á asemblea xeral e presidente da Federación Galega de Squash, así como, do regulamento electoral coas medidas previstas nas disposicións federativas a través dun medio que permita asegura-la recepción de dita notificación. Deberá expoñerse o regulamento electoral en cada circunscrición electoral o mesmo día da convocatoria.

A comisión xestora administrará a Federación Galega de Squash e convocará e realizará novas eleccións nun prazo máximo de tres meses no caso de que non se presentara ningunha candidatura ou non fose válida ningunha das presentadas.

Capítulo IV

Circunscrición electoral

Artigo 48º

A circunscrición electoral da Federación Galega de Squash será a que corresponde o territorio da Comunidade autónoma Galega.

CAPITULO V

Xunta electoral

Artigo 49º

A xunta electoral estará composta por tres membros titulares e tres suplentes, nomeados na asemblea extraordinaria, mediante acordo dos asembleístas por elección se fose posible ou por sorteo, pero sempre respectando o principio de que calquera membro pode negarse a formar parte da xunta electoral por expresa-la súa intención de presentarse a membro da próxima asemblea.

2.-De entre os membros designados, o presidente da xunta electoral será o de maior idade, e actuará como secretario o que o sexa da federación, con voz pero sen voto.

3.-Os membros da xunta electoral non poderán figurar como candidatos á asemblea xeral e á Presidencia da Federación Galega de Squash.

4.-A xunta electoral controlará todo o proceso electoral e terá competencia para coñecer e resolve-las incidencias que se produzcan sobre o censo electoral, presentación e proclamación de candidatos, proclamación de membros da asemblea xeral e comisión delegada e do presidente da Federación Galega de Squash, así como a decisión de calquera outra cuestión que afecte directamente á celebración das elección e ós seus resultados. Unha vez finalizada a votación levantará acta da votación e reconto e remitirá a acta á Secretaría Xeral para o Deporte no prazo máximo de 3 días.

5.-As decisións da xunta electoral son executivas e formaranse por maioría de votos. En caso de empate, o voto do seu presidente terá carácter dirimente.

6.-Unha vez concluído o proceso electoral da asemblea xeral, do presidente da Federación Galega de Squash e da comisión delegada, a xunta electoral disolverase.

CAPITULO VI

Mesas electorais

Artigo 50º

Para a elección dos distintos estamentos da asemblez xeral, do presidente a da comisión delegada, contituirase unha mesa electoral na forma establecida no regulamento electoral. Os membros das mesa electoral non poderán ser candidatos, axustándose no seu funcionamento ás normas que se establezan no regulamento electoral.

Capítulo VII

Recursos

Artigo 51º

As reclamacións e impugnacións que se presenten contra calquera acto electoral dirixiranse á xunta electoral e contra o que esta resolva caberá recurso ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva. Así mesmo caberá recurso ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva, contra tódolos actos, acordos ou resolucións da xunta electoral ou calquera outro órgano ou membro da federación en materia electoral.

Capítulo VIII

Elección da asemblea xeral

Artigo 52º

1.-Os membros da asemblea xeral serán elixidos cada catro anos coincidindo cos Xogos Olímpicos de Inverno mediante sufraxio libre, secreto, igual e directo entre e polos compoñentes dos distintos estamentos da Federación Galega de Squash.

2.-As eleccións a asemblea xeral serán acordadas por ela que aprobará a convocatoria con tódolos requisitos que se establecerán no regulamento electoral, que así mesmo se aprobe.

3.-Acordada pola asemblea xeral a convocatoria de eleccións, o acordo será formalmente executado polo presidente da Federación Galega de Squash, quen a asinará.

4.-Desde a convocatoria para a celebración desta asemblea xeral a xunta directiva e o presidente contituiranse en Comisión Xestora, de acordo co disposto no artigo 47º dos presentes estatutos.

Artigo 53º

Para ser candidato a membro da asemblea xeral requírese o cumprimento dos requisitos establecidos con carácter xeral no artigo 14º.5 destes estatutos.

Os requisitos esixidos para seren electores ou elixibles deberán terse cumpridos no día en que se publique a convocatoria de eleccións.

Artigo 54º

As elección a asemblea xeral realizaranse para cada un dos postos correspondentes os estamentos integrantes dela de acordo co previsto nestes estatutos.

Artigo 55º

Os representantes das entidades deportivas na asemblea xeral serán elixidos por e entre eles dos que integran o censo de entidades deportivas inscritas no Rexistro Público da Federación Galega de Squash e no Rexistro de Clubs, Federacións e Asociacións Deportivas da Xunta de Galicia, no momento da convocatoria das eleccións e estivesen igualmente inscritos durante a tempada deportiva anterior, sempre que participasen en competicións ou actividades de carácter oficial organizadas pola Federación Galega de Squash.

Artigo 56º

Os representantes dos deportistas na asemblea xeral serán elixidos por e entre os maiores de 18 anos que teñan licencia en vigor expedida pola Federación Galega de Squash no momento da convocatoria das eleccións e tamén a tivesen a tempada deportiva anterior, sempre que participasen en competicións ou actividades de carácter oficial organizadas pola Federación Galega de Squash.

Artigo 57º

Os representantes dos técnicos e dos xuíces-árbitros serán elixidos por e entre os pertencentes a cada estamento, calquera que sexa a súa categoría, que teñan polo menos 18 anos e a licencia en vigor no momento da convocatoria das eleccións e tamén a tivesen a tempada deportiva anterior, sempre que participasen en competición ou actividades de carácter oficial organizadas pola Federación Galega de Squash.

Capítulo IX

Elección de presidente

Artigo 58º

Unha vez concluídas as eleccións a asemblea xeral, o presidente da comisión xestora, logo acordo desta, procederá inmediatamente á convocatoria da dita asemblea para elixi-lo presidente e a comisión delegada a Federación Galega de Squash.

O presidente da Federación Galega de Squash, será elixido para un período de catro anos, coincidindo cos anos en que se celebren Xogos Olímpicos de Inverno, pola asemblea xeral, mediante sufraxio libre, directo, igual e secreto por tódodolos membros da asemblea xeral logo da presentación e aceptación das candidaturas correspondentes que deberan estar avaladas polo menos polo 10% dos membros da asemblea xeral. Os candidatos a presidente poderán non ser membros da asemblea xeral.

Artigo 59º

Será elexido presidente da Federación Galega de Squash o candidato que obteña a maioría absoluta dos votos emitidos. No caso de que ningún candidato alcance esta maioría, procederase a unha segunda votación entre os dous candidatos máis votados, resultando elixido o que obteña a maioría de votos.

No suposto de que se presentase un só candidato, non se efectuará votación, sendo proclamado presidente o único candidato pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 60º

Para poder ser candidato a presidente da Federación Galega de Squash, deberán de reunirse as condición seguintes:

a) Te-la condición de cidadán de Galicia, segundo o que dispón o Estatuto de autonomía.

b) Ser maior de idade.

c) Non estar incruso en ningunha sanción deportiva que o inhabilite, dicatada polos órganos disciplinarios da Federación Galega de Squash ou polo Comité Galego de Disciplina Deportiva.

d) Non ter sido condenado mediante sentencia firme que leve anexa pena prinicpal ou accesoria de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de cargos públicos.

Artigo 61º

A votacion será libre, igual, directa e secreta, non admitíndose o voto por correo, nin delegación das persoas físicas.

Capítulo X

Elección da comision delegada

Artigo 62º

Na mesma asemblea xeral convocada para elección de presidente, e unha vez realizada esta, procederase a elección dos membros da comisión delegada da asemblea xeral.

A comisión delegada estará composta por 5 membros, e ademáis o presidente da Federación Galega de Squash.

Os membros da comisión delegada serán elixidos por e entre os integrantes da asemblea xeral.

Serán elixidos membros da comisión delegada os que obteñan maior número de votos ata cubri-lo número de membros correspondente a comisión delegada.

TITULO VI

Réxime económico

Artigo 63º

A Federación Galega de Squash, está sometida ó réxime de administración, orzamento e patrimonio propio e caixa única.

O tesoureiro someterá a asemblea xeral ordinaria un balance de situación e as contas de ingresos e gastos, memoria económica, así como o orzamento para a tempada seguinte, balance e orzamento que deberá ser notificado a Secretaría Xeral para o Deporte.

Non poderá aprobarse un orzamento deficitario salvo autorización da Secretaría Xeral para o Deporte.

Tampouco poderán repartirse beneficios entre os seus membros.

A Federación Galega de Squash elaborará unha memoria que analizará a actividade económica da federación, a súa adecuada actuación orzamentaria, o cumprimento dos obxectivos e os proxectos que se van desenvolver, e informará separadamente como mínimo sobre os seguintes aspectos:

1.-Diferenciación dos ingresos e achegas segundo:

a) Subvencións públicas.

b) Subvencións, donativos ou aportacións privadas.

c) Venda de activos.

d) Ingresos procedentes de competicións organizadas.

e) Ingresos por servicios prestados pola Federación Galega de Squash, permisos, licencias e outros.

f) Ingresos financeiros.

2.-Tamén constará o destino da totalidade dos recursos, distinguindo como mínimo os grupos de custo ou investimentos seguintes:

a) Administración da Federación Galega de Squash.

b) Dirección e servicios da xunta directiva, incluíndo viaxes.

c) Competicións.

d) Axudas a clubs e outras entidades.

e) Axudas para actos deportivos.

f) Construccións e outros inmobilizados.

g) Formación de deportistas e técnicos.

h) Deportes de elite profesional

i) Xuíces-árbitros.

j) Órganos xurisdiccionais.

3.-O importe das obrigacións de pagamento que é necesario satisfacer noutros exercicios que non estean previstos no balance.

4.-O importe das garantías e avais comprometidos.

5.-A liquidación do orzamento, que explique as variacións en relación co orzamento aprobado na asemblea anterior.

As contas anuais e os orzamentos estarán no domicilio social da federación cunha antelación mínima de 15 días á data da asemblea xeral, a disposición das persoas ou entidades con dereito a voto nela, as cales poderán pedir copia que se lles entregará antes da celebración da asemblea.

Artigo 64º

Constitúen os ingresos da Federación Galega de Squash:

a) As subvencións ordinarias e extraordinarias da Xunta de Galicia ou as que outras entidades públicas poidan concederlle, así como as provenientes, se é o caso, da Real Federación Española de Squash.

b) Os bens ou dereitos que reciba por herdanza, legado ou doazón de persoas físicas ou entidades particulares así coma os premios que lle sexan outorgados.

c) As cotas dos seus afiliados.

d) As sancions pecuniarias que se lles impoñan ós seus afiliados dentro do exercicio da potestade disciplinaria.

e) Os froitos, rendas e xuros dos seus bens patrimoniais.

f) Os préstamos ou crédito que se lle concedan.

g) Os benenficios que produzan actividades e competición deportivas que organicen, así como os derivados dos contratos que realicen.

h) Calquera outro que poida serlle atribuído por disposición legal ou en virtude de convenio.

Artigo 65º

A Federación Galega de Squash destinará a totalidade dos seus ingresos e patrimonio á consecución dos fins propios do seu obxecto social.

Artigo 66º

A xestión económica ordinaria correrá a cargo do tesoureiro, baixo a dirección do presidente, coidando das operacións de cobros e pagamento. Autorizará coa súa sinatura, mancomunada coa do presidente, ou coa do vicepresidente autorizado, tódolos documentos de movimentos de fondos. Será responsable da levanza e custodia dos libros de contabilidade. Formulará os blances que anualmente, deberán presentarse a asemblea xeral para a súa aprobación.

TITULO VII

Réxime documental

Artigo 67º

O réxime documental da Federación Galega de Squash comprenderá, como mínimo, os seguintes libros debidamente dilixenciados:

a) Libro de rexistro de entrada e saída de documentos e comunicacións oficiais.

b) Libro de rexistro de clubs no que contarán a denominación destes, domicilio social e número de inscrición no Rexistro de Clubs, Federación e Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.

c) Libros de actas que consignarán as reunións que celebren tódolos órganos colexiados da Federación Galega de Squash, tanto de goberno e representación como complementarios e técnicos.

d) Libro de contabilidade.

e) Libro inventario de bens mobles e inmobles.

f) Rexistro dos membros da asemblea xeral e da comisión delegada no que deberán consta-los nomes dos titulares ou reprenstantes legais e os domicilios para as citación e comunicacións.

Artigo 68º

O réxime documental da Federación Galega de Squash estará o cargo do secretario, a quen lle corresponde a custodia dos libros da federación, levantar actas das reunión dos órganos colexiados, e unha vez aprobadas, asinadas co visto e prace do presidente, expedir certificacións, remiti-las certificaicóns e acordos que procedan a Secretaría Xeral para o Deporte e, en xeral, prepara-las resolución e despacho de tódolos asuntos.

No caso de ausencia ou imposibilidade física do secretario, as súas funcións serán desempeñads polo propio presidente da federación ou pola persoa en quen delegue.

TITULO VIII

Réxime disciplinario e xurisdicional

Artigo 69º

A Federación Galega de Squash, en materia de disciplina deportiva ten potestade sobre tódalas persoas que formen parte da súa estructura orgánica, os clubs deportivos e os seus deportistas, técnicos e directivos, os xuíces-árbitros, e, en xeral, todas aquelas persoas e entidades que, estando federadas, desenvolvan a actividade deportiva correpondente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 70º

Os órganos competentes en materia disciplinaria da Federación Galega de Squash, serán.

a) En primeira instancia un xuíz único.

b) En segunda instancia un comité de apelación.

Ambos órganos rexeranse e aplicarán o disposto no Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva.

O xuíz único de competición da Federación Galega de Squash será nomeado pola asemblea xeral de entre os membros da federación. O comité de apelación estará integrado por tres membros nomeados pola asemblea xeral que tamén serán membros da federación.

No caso de que os membros dos distintos comités disciplinarios antes do seu nomeamento non figuraran como membros da federación no momento do nomenamento pola asemblea xeral, pasarían a pertenecer a esta.

A duración do cargo coincidirá coa da asemblea xeral que os nomease e durante dito período só cesarán por renuncia ou demisión, falecemento ou incapacidade física ou psiquica, perdida da condición de membro da federación e sanción que o inhabilite par o cargo.

Unha vez elixidos os membros dos comités, estes designarán os seus presidentes na primeira reunión que celebren.

A composición destes comités será comunicada a Secretaría Xeral para o Deporte na forma prevista nestes estatutos.

Artigo 71º

Contra as resolucións definitivas da Federación Galega de Squash en materia disciplinaria cabe recurso ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva.

TITULO IX

Da modificacion dos estutos e da disolución da Federación Galega de Squash

Artigo 72º

Os estatutos da Federación Galega de Squash só poden ser modificados pola asemblea xeral e de acordo co establecido nos presentes estatutos.

Artigo 73º

A proposta de modificación dos estatutos deberá ser acordada polo presidente ou comisión delegada da Federación Galega de Squash, nomeando seguidamente esta unha comisión técnica que realice os traballos necesarios para presentar á asemblea o novo texto que se someterá a aprobación.

Aprobada a reforma dos estatuos pola asemblea xeral deberá ser ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 74º

A Federacion Galega de Squash extinguirase polas seguintes causas:

a) Por revogación do seu recoñecemento.

No caso de que desaparecesen as condicións que deron lugar ó recoñecemento da Federación Galega de Squash, ou a Secretaría Xeral para o Deporte considere que se incumpren os obxectivos para os que foi creada, instruirase un procedemto no que será oída a Federacion Galega de Squash, dirixido a revogación do seu recoñecemento.

Contra as resolucións da Secretaría Xeral para o Deporte sobre o revogación da Federación Galega de Squash, poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

A Secretaría Xeral par o Deporte resolverá motivadamente sobre tal revogación.

b) Por acordo da maioría de 2/3 da asemblea xeral referendado por maioría absoluta por tódolos membros da Federación Galega de Squash a través de votación libre, igual, directa e secreta.

c) Polas demáis causas que determinen as leis.

En caso de disolución ou extinción da Federación Galega de Squash, o seu patrimonio neto, se o houber, aplicarese á realización de actividades análogas. A Secretaría Xeral para o Deporte determinará o seu destino concreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A Federación Galega de Squash, non poderá introducir nos sus estatutos ou regulamentos cláusulas contrarias ó texto da presente orde.

Segunda.-Queda derrogada a Orde do 9 de septembro de 1983 que desenvolve as normas polas que se regula a contitución, as actividades e o funcionamento das federacións deportivas galegas.

Terceira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de novembro de 1995.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

1071