Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 1996 Páx. 1.634

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1996 sobre autorización de apertura de dous novos establecementos da axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., sitos na rúa Alcalde Lens, 31 da Coruña, e na rúa Camiño Novo, 20 de Carballo.

Vistos os expedientes instruídos por instancia de Luis Carreiras Hermida e de Francisco Javier Hidalgo Acera, na súa calidade de representantes legais de Viajes Halcón, S.A., con código identificativo CICL 37-03, en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, na Coruña, na r/ Alcalde Lens, 31, e doutro en Carballo (A Coruña), na r/ Camiño Novo, 20, da referida axencia de viaxes, que ten a súa casa central en Salamanca, na praza dos Irlandeses, 2.

Resultando que os interesados xunto coa solicitude acompañaron toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación dos expedientes se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que, na empresa solicitante e nos novos establecementos da axencia de viaxes, sitos na Coruña, na r/ Alcalde Lens, 31 e en Carballo (A Coruña), na r/ Camiño Novo, 20, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos

das axencias de viaxes xa autorizadas, esta secretaría xeral,

RESOLVE:

Autoriza-la axencia de viaxes Viajes Halcón, S.A., sita en Salamanca, na praza dos Irlandeses, 2, da que son representantes legais Luis Carreiras Hermida e Francisco Javier Hidalgo Acera, a apertura dun novo establecemento na Coruña, na r/ Alcalde Lens, 31 e doutro en Carballo (A Coruña), na r/ Camiño Novo, 20, que serán inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 1996.

P.D.(Orde 4-10-1995)

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario xeral para o Turismo

1121