Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 29 de febreiro de 1996 Páx. 1.623

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1996 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Ekoalfa-4, S.A., sita na rúa Progreso, 41 de Sanxenxo (Pontevedra).

Visto o expediente instruido a instancia de Carmen Borque García, na súa calidade de representante legal da empresa Ekoalfa-4, S.A., co código identificativo C.A.A. 27, do grupo maiorista-minorista, en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, na r/ Progreso, 41 en Sanxenxo (Pontevedra), da axencia de viaxes Viajes Ekoalfa-4, S.A., que ten a súa casa central na r/ Moncasi, 9-baixo en Zaragoza.

Resultando que, o interesado xunto coa solicitude xuntou toda a documentación á que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que, na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que, na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, sito na r/ Progreso, 41 en Sanxenxo (Pontevedra), concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, esta Secretaría Xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autorizar á axencia de viaxes Viajes Ekoalfa-4, S.A., sita na r/ Moncasi, 9-baixo en Zaragoza, da que é representante legal Carmen Borque García, a apertura dun novo establecemento en Sanxenxo (Pontevedra), na r/ Progreso, 41, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 1996.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario xeral para o Turismo

967