Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 1996 Páx. 1.478

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo do sector de Almacenistas de madeira.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo do sector Almacenistas de madeira da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-1-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de la Madera (ASEMA), e da parte social polas centrais sindicais UGT, CIG e CC.OO, o día 16-1-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 30 de xaneiro de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

CategoríasSalario

actual

Revisión

1,15%

Revisión

total

Persoal administrativo:

Xefe de administración130.2431.498131.741
Oficial de primera114.4241.316115.740
Oficial de segunda107.1641.232108.396
Auxiliar, telefonista, mecanógrafo94.9821.09296.074

Viaxantes:

Viaxante corredores de praza107.1641.232108.396

Persoal en xeral:

Dependentes96.9551.11598.070
Encargado111.4471.282112.729
Carreteiro95.9611.10497.065
Peón especialista96.9551.11598.070
Peón93.6021.07694.678
Serrador de primeira107.1641.232108.396
Serrador de segunda99.1291.140100.269
Serrador serra circular98.6031.13499.737

Nota: os choferes percibirán o salario correspondente ás categorías de 1ª e 2ª, de acordo co seu carné de conducir.

1212