Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 1996 Páx. 1.474

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector de oficinas e despachos, que tivo entrada nesta delegación provincial de la Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais ó día 3/1/1996, subscrito en representación da parte económica polo sector das empresas de oficinas e despachos da Confederación de Empresarios de Pontevedra, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG en data 27/12/1995. De conformidad co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación, ACORDA:

Primeiro.

Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.

Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.

Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 22 de xaneiro de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de oficinas e despachos da provincial de Pontevedra

Capítulo I

Unidades de negociación

Artigo 1º.

Partes concertantes.

A comisión negociadora do convenio que se subscriba está integrada, por parte empresarial, polo sector das empresas de oficinas e despachos da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra e, por parte dos traballadores, polas centrais sindicais, Unión Xeral de Traballadores (UXT), Comisións Obreiras (CC.OO.) e Confedración Intersindical Galega (CIG).

Ámbalas dúas partes recoñécense como interlocutores válidos con lexitimación suficiente para a negociación do presente convenio, de acordo co queestablece o título III do vixente texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Capítulo II

Ámbitos, vixencia e denuncia

Artigo 2º.

Ámbito persoal.

Rexeranse polo presente convenio a totalidade dos traballadores que, na actualidade ou no sucesivo, presten os seus servicios nas empresas reguladas polo ámbito funcional e situadas dentro do ámbito territorial.

Artigo 3º.

Ámbito funcional.

O convenio será de aplicación a tódalas empresas encadradas, ou que no futuro se encadren, nas actividades reguladas pola ordenanza laboral para oficinas e despachos de data 31/10/1972.

Artigo 4º.

Ámbito territorial.

As normas do presente convenio serán de aplicación en toda a provincia de Pontevedra.

Artigo 5º.

Ámbito temporal-vixencia.

O presente convenio entrará en vigor o día 1/1/1995, con independencia da data de publicación no BOP.

A súa duración será de dous anos, terminando a súa vixencia o 31/12/1996. Entenderase prorrogado tacitamente por anualidades naturais de non mediar denuncia expresa das partes.

Artigo 6º.

Denuncia.

Calquera das partes poderá solicita-la revisión do convenio, formulando a súa denuncia á outra parte e á autoridade laboral competente, con tres meses de antelación como mínimo á data de expiración da súa vixencia ou á de calquera das súas prórrogas.

En caso de non chegar a unha negociación despois de realizada a denuncia, o texto do convenio quedará prorrogado, non así os conceptos salariais que aumentarán de acordo coa subidada do IPC.

Capítulo III

Representación das partes negociadoras

Artigo 7º.

Comisión paritaria.

Acórdase establecer unha comisión paritaria como órgano para a conciliación, interpretación e vixilancia do pactado no presente convenio.

Esta comisión estará formada, por acordo das partes, polas representacións económica e social que deliberaron este e que figuran como asinantes do presente convenio. Para os únicos efectos de noti-ficación, sinálanse os seguintes enderezos:

-Pola representación económica:

Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, na Avda. García Barbón 104-1º, de 36201 Vigo.

-Pola representación social:

Unión Sindical de Comisións Obreiras (CC.OO.), na rúa Hernán Cortés 26-2º, de 36203 Vigo.

Unión Xeral de Traballadores (UGT), na Avda. García Barbón 65, de 36201 Vigo.

Confederación Intersindical Galega (CIG), na rúa Gregorio Espino 47-entrechán, de 36205 Vigo.

Capítulo IV

Tempo de traballo

Artigo 8º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo distribuirase da seguinte maneira:

a) Xornada de inverno: 40 horas efectivas semanais, traballadas de luns a venres, en réxime de xornada partida.

As empresas que teñan establecida unha xornada continuada durante todo o ano, respetarana como condición máis beneficiosa, distribuíndoa de luns a sábado.

b) Xornada de verán: 35 horas efectivas semanais, traballadas de luns a venres, en réxime de xornada intensiva ou continuada. Este réxime de xornada levarase a cabo desde o día 1 de xullo ó día 30 de setembro, ambos inclusive.

c) Cando a xornada diaria continuada exceda de 6 horas, deberá establecerse un período de descanso de quince minutos. Este período de descanso considerarase tempo de traballo efectivo.

As tardes dos días 24 e 31 de decembro de cada ano non serán laborables.

Artigo 9º.-Permisos retribuídos.

Ós traballadores interesados concederánselles necesariamente os seguintes permisos retribuídos:

a) Matrimonio do traballador: 15 días.

b) Intervención cirúrxica ou enfermidade grave do cónxuxe, pais, pais políticos, fillos e irmáns: 5 días.

c) Parto da muller: 3 días.

d) Morte do cónxuxe, pais, pais políticos, fillos e irmáns: 5 días, que se ampliarán ata 8 días se o óbito ocorrera en municipio distinto ó do centro de traballo.

e) Morte dos avós, tíos e cuñados: 2 días.

f) Necesidade de atender asuntos propios que non admitan demora: o tempo que sexa necesario. Outorgarase este permiso unha vez demostrada a necesidade.

g) Licencia a representantes sindicais: haberá que se ater ó lexislado nesta materia.

En todo o que respecta a dereitos ou situacións referidas nos apartados anteriores, na que a condición de muller/home e cónxuxe sexa a causa, entenderase que a condición de parella estable con convivencia continuada, e suficientemente xustificada, dará lugar ós mesmos dereitos e situacións.

Os días ós que fai referencia este artigo entenderanse, en todo caso, como naturais.

Artigo 10º.-Vacacións anuais.

O persoal regulado por este convenio terá dereito a 30 días naturais de vacacións anuais que se desfrutarán preferentemente nos meses de verán, de acordo coas necesidades da empresa.

As quendas de vacacións serán fixadas pola empresa e os delegados de persoal ou comités de empresa onde os haxa ou, no seu defecto, por quen designen os traballadores.

A data do comezo do desfrute farase coincidir cun luns laborable.

Capítulo V

Percepcións económicas e revisión

Artigo 11º.-Salario base.

En concepto de salario base mensual corresponden, a cada unha das categorías profesionais, o que se detalla na primeira columna da táboa salarial anexa.

Esta táboa salarial terá efectos económicos desde o día 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de decembro do mesmo ano.

Artigo 12º.-Remuneración anual.

Na segunda columna da táboa salarial anexa detállanse os salarios no seu cómputo anual, en función da xornada efectiva pactada no presente convenio.

Artigo 13º.-Revisión económica.

Para o ano 1996, será revisada a totalidade de conceptos salariais cun incremento do 3,5% segundo táboa salarial anexa.

Artigo 14º.-Antigüedade.

Establécense un complemento persoal de antigüidade para tódalas categorías consistente en bienios por un importe do cinco por cento do salario base, a devengar desde o día primeiro do mes no que se cumpra o bienio.

A acumulación dos incrementos por antigüidade non poderá supoñer máis do 10 por 100 do salrio base ós cinco anos, do 25 por 100 ós quince anos, do 40 por 100 ós vinte anos, e do 60 por 100, como máximo ós vintecinco anos ou máis.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias e participación en beneficios.

Os traballadores ó servicio das empresas afectadas por este convenio percibirán tres gratificaciones extraordinarias cada ano: unha no mes de xuño, outra no mes de setembro, e a terceira no mes de decembro. O importe de cada unha delas será dunha mensualidade de salario base máis antigüidade.

Así mesmo, e en concepto de participación en beneficios, os traballadores percibirán outra paga máis no mes de marzo de cada ano, calculada de igual xeito que as anteriores.

O persoal que ingrese ou cese na empresa durante o transcurso do ano percibirá as gratificacións

extraordinarias e a participación en beneficios en proporción ó tempo traballado.

Os traballadores que, polos conceptos anteriores, veñán percibindo das empresas o importe correspondente a unha mensualidade do seu salario real seguirán excepcionalmetne coas mesmas condicións por ter carácter máis beneficioso.

Artigo 16º.-Incapacidade temporal.

En calquera suposto de baixa por incapacidade temporal, as empresas afectadas por este convenio estarán obrigadas a aboarlle ó traballador nesta situación o 100% do salario que lle corresponde no momento de producirse a baixa.

Capítulo VI

Conceptos extrasalariais

Artigo 17º.-Axudas de custo e desprazamentos.

As axudas de custo para o persoal que, en razón dos métodos de organización das empresas, deba efectuar saídas fóra do municipio no que estea establecido o centro de traballo, quedan establecidas da seguinte maneira:

Axuda de custo completa: fíxase na contía de 5.000 ptas., para tódalas categorías.

Media axuda de custo: fíxase na contía de 2.000 ptas, igualmente para tódalas categorías.

Nos desprazamentos que se efectúen en conche propio aboaranse 28 ptas., por quilómetro.

Artigo 18º.-Seguro de accidentes.

As empresas afectadas por este convenio subscribirán pólizas de seguro colectivo en favor dos seus traballadores. Este seguro cubrirá como mínimo as seguintes garantías:

-Morte ou invalidez total: 1.500.000 ptas.

-Invalidez absoluta ou gran invalidez: 2.000.000 de ptas.

O presente artigo entrará en vigor o día 1 de febreiro de 1996.

Capítulo VII

Acordos sociais

Artigo 19º.-Cadros de persoal.

As empresas reguladas por este convenio axustarán os seus cadros de persoal ás seguintes normas:

a) Os empregados que teñan directamente baixo a súa responsabilidade a quince ou máis traballadores dos grupos titulados administrativos ou técnicos serán clasificados como xefes superiores.

b) En dependencia con dez ou máis traballadores dos grupos nomeados no apartado anteior, o empregado que se atope á fronte deles terá a categoría de xefe de primeira.

c) Nos centros de traballo onde presten os seus servicios un número de sete traballadores dos grupos xa nomeados anteriormente ou, no suposto de que

sendo menos de sete exista un mínimo de tres traballadores clasificados como oficial ou asimilado estará á fronte deles un xefe de segunda.

Artigo 20º.-Ascensos.

Tódalas empresas reguladas polo presente convenio veñen obrigadas a dispoñer nos seus cadros de persoal, como mínimo dun número de oficiais de primeira igual ó vinte por cento do cadro de persoal total de oficiais.

A elección dos novos oficiais de primeira é facultade exclusiva do empresario. Para o seu cómputo, terase en conta a fracción decimal que supere o 0,50.

Os auxiliares administrativos con cinco anos de servicio nesta categoría dentro da empresa, pasarán automaticamente á categoría de oficial de segunda administrativo. Os auxiliares administrativos, ós tres anos de antigüedade na sua categoría dentro da empresa, pasarán a percibi-las remuneracións que fixa para estes casos a táboa salarial anexa.

O auxiliar especialista de oficios con máis de tres anos de antigüidade na súa categoría dentro da empresa será ascendido automaticamente á categoría de calcador.

Os cobradores, ó cumpriren dez anos de antigüidade na súa categoría dentro da empresa, asimilaranse exclusivamente para efectos económicos ós oficiais de segunda administrativos.

Os mozos do recados, ó cumpriren os dezaoito anos, pasarán automaticamenta á categoría de ordenanza.

Capítulo VIII

Acción sindical

Artigo 21º.-Dereitos sindicais.

En todo o que atinxe ós aspectos sindicais dentro e fóra das empresas, haberá que aterse ó que sobre esta materia dispón o vixente texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e a Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.

Artigo 22º.-Revisións médicas.

Tódalas empresas vinculadas ó presente convenio colectivo estarán obrigadas a solicitar do gabinete técnico provincial do Servicio Social de Hixiene e Seguridade no Traballo de Rande, ou á mutua patronal que cubra o risco de accidentes de traballo, un recoñecemento médico anual para todo o persoal.

O tempo empregado para o mencionado recoñecemento será aboado pola empresa.

Artigo 23º.-Seguridade e hixiene no traballo.

Será obrigatoria a utilización, en tódolos ordenadores, de filtros ou monitores que cumpran a normativa vixente.

As mulleres embarazadas estarán exentas de traballos continuados nas fotocopiadoras.

Capítulo IX

Cómputos e vinculación

Artigo 24º.-Compensación e absorción.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e, polo tanto, abosorberán e compensarán no seu conxunto as melloras de calquera tipo que viñeran anteriormente satisfacendo as empresas, ben sexa por imperativo legal, convenio colectivo, etc.

Artigo 25º.-Vinculación á totalidade.

Como se di no artigo anterior, as condicións establecidas no presente convenio e pactadas polas partes deliberadoras forman un todo orgánico e indivisible. En consecuencia, non poderá pretenderse a aplicación dunha ou varias normas con esquecemento das restantes, senón que para tódolos efectos o presente convenio deberá ser aplicado e observado na súa integridade.

No suposto de que a autoridade laboral ou xurisdicción competente, no exercicio das súas facultades, declárase nulo total ou parcialmente algún artigo, quedará o presente convenio invalidado na súa totalidade, levándose a cabo unha nova negociación.

Disposición adicional

A comisión deliberadora do convenio acorda publicalo de xeito bilingüe: castelán e galego.

O texto aprobado foi en lingua castelá e será este o que sirva de base para calquera interpretación ou aclaración da comisión paritaria.

Dispociión derradeira

No non establecido de maneira expresa no presente convenio aplicarase o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e prorrogarase como lexislación subsidiaria a ordenanza laboral para oficinas e despachos, do 31-10-1972, mentres non sexa substituída por convenio colectivo.

-Pola representación económica:

Manuel Blázquez Pallares

Camilo Castro Silva

Eliseo Sobrino Ríos

Manuel Jaime Suárez Vázquez

-Pola representación social:

Alberto Belerdas Tesán (CC.OO)

Mª Rocio Vicente Santiago (CC.OO)

Carmen Segurana Bedrina (CC.OO)

José Manuel Barbosa Rodríguez (CIG)

Arturo Bermúdez Ferreira (CIG)

Serafín Otero Fernández (CIG)

Jorge Evaristo Cuntín Rey (UGT)

Eugenio Honorato Lorenzo (UGT)

Ricardo Antonio García Graña (UGT)

Ano 1995

CategoríasSalario baseRemun. anual

Grupo I-Titulados
Titulado de grao superior114.3001.828.800
Titulado de grao medio103.2001.651.200

Grupo II-administrativos
Xefe superior103.2001.651.200
Xefe de primeira-1ª101.7001.627.200
Xefe de segunda 2ª, caixeiro con sinatura, xefe de reporteiros, traductor e intérprete xurado de máis dun idioma98.5001.576.000
Oficial de 1ª, caixeiro sen sinatura, intérprete xurado dun idioma, operador de máquinas contables, taquimecanógrafo, telefonista e recepcionista con máis de dous idiomas, inspector de zona90.6001.449.600
Oficial de 2ª, telefonista e recepcionista cun idioma, reporteiro de axencia de información, traductor e intérprete con xurado, xefe de visitadores86.1001.377.600
Auxiliar con antigüidade superior a tres anos78.1001.249.600
Auxiliar, telefonista, visitador, cobrador, pagador74.8001.196.800
Aspirante52.600841.600

Grupo III-técnicos de oficina
Xefe superior103.2001.651.200
Xefe de 1ª, xefe de equipo de in formática, analista programador de ordenadores101.7001.627.200
Xefe de 2ª, xefe de delineación, xefe de explotación, programador de máquinas auxiliares, administrador de test, coordinador de tratamento de cuestionarios98.5001.576.000
Xefe de equipo de enquisas, coordinador de estudos97.0001.552.000
Delieante proxectista91.4001.462.400
Debuxante proxectista, controlador, operador de ordenadores90.6001.449.600
Delieante86.1001.377.600

Grupo IV-especialistas de oficina
Xefe de máquinas básicas98.5001.576.000
Operador de tabuladores, inspector de entrevistadores, encargado departamento de reprografía90.6001.449.600
Operador de máquinas básicas, debuxante, entrevistador-enquisador86.1001.377.600
Calcador, perforista, verificador, clasificador79.6001.273.600
Auxiliar74.8001.196.800
Aspirante52.600841.600

Grupo V-subalternos
Conserxe maior79.6001.237.600
Conserxe76.4001.222.400
Ordenanza, vixilante74.8001.196.800
Mozo dos recados de 17 anos51.100817.600
Mozo dos recados 16 anos44.200707.200

Grupo VI-oficios varios
Encargado almaceneiro86.1001.377.600
Oficial 1ª, conductor 1ª82.9001.326.400
Oficial 2ª, conductor 2ª79.6001.273.600

CategoríasSalario baseRemun. anual

Axudante, operador reproductor de planos, operador multicopista e xerocopista76.4001.222.400
Peón, mozo, muller de limpeza xornada completa74.8001.196.800

Ano 1996

CategoríasSalario baseRemun. anual

Grupo I-Titulados
Titulado de grao superior118.3001.892.800
Titulado de grao medio106.8001.708.800

Grupo II-administrativos
Xefe superior106.8001.708.800
Xefe de primeira-1ª105.3001.684.800
Xefe de segunda 2ª, caixeiro con sinatura, xefe de reporteiros, traductor e intérprete xurado de máis dun idioma101.9001.630.400
Oficial de 1ª, caixeiro sen sinatura, intérprete xurado dun idioma, operador de máquinas contables, taquimecanógrafo, telefonista e recepcionista con máis de dous idiomas, inspector de zona93.8001.500.800
Oficial de 2ª, telefonista e recepcionista cun idioma, reporteiro de axencia de información, traductor e intérprete non xurado, xefe de visitadores89.1001.425.600
Auxiliar con antigüidade superior a tres anos80.8001.292.800
Auxiliar, telefonista, visitador, cobrador, pagador77.4001.238.400
Aspirante54.400870.400

Grupo III-técnicos de oficina
Xefe superior106.8001.708.800
Xefe de 1ª, xefe de equipo de in formática, analista programador de ordenadores105.3001.684.800
Xefe de 2ª, xefe de delineación, xefe de explotación, programador de máquinas auxiliares, administrador de test, coordinador de tratamento de cuestionarios101.9001.630.400
Xefe de equipo de enquisas, coordinador de estudos100.4001.606.400
Delieante proxectista94.6001.513.600
Debuxante proxectista, controlador, operador de ordenadores93.8001.500.800
Delieante89.1001.425.600

Grupo IV-especialistas de oficina
Xefe de máquinas básicas101.9001.630.400
Operador de tabuladores, inspector de entrevistadores, encargado departamento de reprografía93.8001.500.800
Operador de máquinas básicas, debuxante, entrevistador-enquisador89.1001.425.600
Calcador, perforista, verificador, clasificador82.4001.318.400
Auxiliar77.4001.238.400

CategoríasSalario baseRemun. anual

Aspirante54.400870.400

Grupo V-subalternos
Conserxe maior82.4001.318.400
Conserxe79.1001.265.600
Ordenanza, vixilante77.4001.238.400
Mozo dos recados de 17 anos52.900846.400
Mozo dos recados 16 anos45.700731.200

Grupo VI-oficios varios
Encargado almaceneiro89.1001.425.600
Oficial 1ª, conductor 1ª85.8001.372.800
Oficial 2ª, conductor 2ª82.4001.318.400
Axudante, operador reproductor de planos, operador multicopista e xerocopista79.1001.265.600
Peón, mozo, muller de limpeza xornada completa77.4001.238.400

861