Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 1996 Páx. 1.382

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1996 pola que se aproba o plan estratéxico presentado pola empresa Seawest España, S.A. denominado P.E.E. Seawest (número expediente IN660A 95/4-0).

Ó abeiro do disposto no capítulo II do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, Seawest España, S.A., con domicilio social na Avda. Diagonal 514, 1, 5ª planta, 08006 Barcelona, solicitou a aprobación do plan eólico estratéxico denominado P.E.E. Seawest, onde se recolle o programa de actuacións que se vai desenvolver por un período de 10 anos, cun investimento global estimado de 78.600 millóns de pesetas.

Para os efectos previstos no apartado 2º do artigo 5 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, a solicitude presentada publicouse no DOG do 6 de setembro de 1995 e BOE do 9 de setembro de 1995, presentándose solicitudes en competencia por Endesa-Made, Desarrollos Eólicos, S.A., Ecotecnia SCCL, Gamesa, Energía Eólica de Galicia, Parque Eólico de Galicia, Unión Fenosa Energías Especiales e Hidroener.

Considerando que, no informe técnico realizado pola Dirección Xeral de Industria para a resolución da competencia presentada, se seguiron os seguintes criterios de avaliación dos plans eólicos afectados:

-Planificación enerxética.

-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.

-Viabilidade económica dos plans.

-Achegamento tecnolóxico e efectos industriais dos plans.

Considerando que a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para a aprobación do plan eólico estratéxico que se solicita, con base no Estatuto de autonomía de Galicia; o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas; o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, en relación coa Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo e por proposta da Dirección Xeral de Industria,

RESOLVO:

Aprobar o plan eólico estratéxico P.E.E. Seawest referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, cunha previsión de potencia de 525,3 mW.

A presente resolución implica o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico vincula á Administración e a Seawest España, S.A., sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exerce-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico outórgase consonte as seguintes condicións:

Primeira.-Seawest España, S.A. realizará a investigación de 10 áreas, cun investimento total de 50.000.000 de pesetas por área, debendo presentar un informe trimestral á Dirección Xeral de Industria dos datos obtidos nas áreas de investigación.

Segunda.-Seawest España, S.A. iniciará a execución do plan industrial en febreiro de 1996, debendo executa-lo dito planeamento nas condicións sinaladas no anexo II da presente resolución, salvo imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada.

En calquera momento poderá a Administración solicita-la documentación que coide pertinente para verifica-lo cumprimento do establecido neste apartado.

Terceira.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por outras causas sobrevidas, non fose axeitado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico que será outorgada pola Dirección Xeral de Industria, ou ben,

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Cuarta.-Seawest España, S.A.. poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación logo de autorización da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Quinta.-A concesión outórgase sen prexuízo de terceiros e deixando a salvo os dereitos particulares.

Sexta.-Esta concesión outórgase sen prexuízo e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros

necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa poderá interpoñerse, se é o caso, recurso contencioso administrativo no plazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicación a esta consellería, conforme o establecido no artigo 57.2º da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, na súa nova redacción dada pola disposición adicional undécima da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

SEAWEST ESPAÑA, S.A.

NomeMunicipioVértices

X-Lonx. WY-Lat. N

O VicedoO Vicedo0.606.1004.840.200
0.607.2004.840.200
0.607.8004.838.000
0.609.0004.838.000
0.609.0004.836.000
0.607.8004.836.000

BuioViveiro, O Valadouro,0.619.5004.828.800
Xove e Cervo0.619.5004.825.000
0.627.0004.825.000
0.627.0004.828.800

PaxareirasMazaricos e Muros0.494.7004.746.000
0.496.5004.743.500
0.497.2004.745.500

Paxareiras IICarnota, Mazaricos,0.485.0004.761.000
Dumbría, Cee e0.492.0004.763.333
Muros0.492.0004.756.000
0.495.6724.756.000
0.497.5004.751.700
0.498.3304.751.700
0.499.0004.745.000
0.498.0004.744.000
0.497.1184.745.516
0.494.7004.746.000
0.496.5004.743.500
0.496.0004.741.000
0.494.0004.741.000
0.485.0004.756.000

O BarbanzaPorto do Son, Boiro,0.501.0004.719.000
A Pobra do Caramiñal

0.507.0004.720.000
e Ribeira0.507.0004.724.600
0.504.9504.724.600
0.503.8504.723.300
0.501.0004.723.300

Buio IIXove, Cervo,0.620.0004.835.647
Valadouro e Foz0.620.0004.828.800
0.627.0004.828.800
0.627.0004.825.000
0.631.0004.827.000
0.634.0004.833.000
0.631.0004.835.000

NomeMunicipioVértices

X-Lonx. WY-Lat. N

Toroña IOia, Baiona e Tomiño

0.509.2004.659.000
0.511.0004.650.000
0.519.0004.650.000
0.516.0004.659.000

Toroña IITomiño, O Rosal,0.511.0004.650.000
Oia e A Guarda0.510.0004.640.500
0.517.0004.643.000
0.519.0004.650.000

Suído IIAvión, A Lama,0.551.0004.692.000
Fornelos de Montes

0.551.0004.684.000
e O Covelo0.559.0004.684.000
0.559.0004.692.000

Suído IIIA Cañiza, Melón,0.559.0004.687.000
Carballeda de Avia,

0.559.0004.676.000
Avión e O Covelo0.563.0004.676.000
0.563.0004.687.000

ANEXO II

DOCUMENTO DE SINTESE

Plan eólico estratéxico.

O plan Eólico estratéxico terá unha duración de 10 anos e suporá un investimento global estimado de 78.600 millóns de ptas.

Plan de investigación eólica.

A empresa Seawest España, S.A. realizará a investigación de 10 áreas, que iniciou en 1992 e que continuará durante os próximos 6 anos, facendo un investimento total de 50.000.000 de ptas, alcanzando un investimento medio de 5.000.000 de ptas/ano área.

Seawest España, S.A., empregará como entidade colaboradora para a investigación á empresa galega Gestenga, debendo, non obstante, presentar un informe trimestral á Consellería de Industria e Comercio dos datos obtidos nas áreas de investigación e salvagardándose a confidencialidade dos datos.

Plan industrial.

A empresa Seawest España, S.A., desenvolverá o dito plan empregando instalacións existentes ou de próxima implantación en Galicia dos siguintes fabricantes:

a) Empresa nacional Bazán de Construcciones Navales y Militares, S.A. (Bazán Fábrica de Turbinas).

Seawest e Bazán asinaron un acordo polo que Seawest se comprometeu a adxudicar a Bazán a fabricación de compoñentes dos aeroxeradores que Seawest empregue nos parques eólicos dos que Seawest resulte adxudicatario en Galicia, e a montaxe destas.

A fabricación e a montaxe dos ditos compoñentes realizaranse por Bazán nas súas instalacións sitas en Ferrol.

Seawest e Bazán producirán unha carga de traballo equivalente aproximadamente 207 postos de traballo en fabricación e uns 50 postos de traballo na operación, xestión e mantemento dos parques e suporá unha facturación media aproximada para Bazán de 4.000 millóns de ptas. ó ano.

O acordo entre Bazán e Seawest prevé que nunha primeira fase, Bazán actúe como subcontratista do provedor da tecnoloxía necesaria para a fabricación dos aeroxeradores (ver cadro 3), de conformidade cos termos dun acordo de transferencia de tecnoloxía entre Bazán e o provedor da tecnoloxía. Nunha segunda fase, o acordo prevé que Bazán devenga o contratista principal para a fabricación e montaxe dos aeroxeradores.

Bazán comprométese a presentar no prazo dun mes o acordo definitivo da licencia de fabricación co tecnólogo bonus.

Bazán poderá desenvolve-las súas actividades ben directamente, ben subcontratando a fabricación de certos compoñentes a empresas galegas, segundo o cadro I.

b) L.M.Galicia.

A sociedade de nacionalidade danesa L.M. construirá instalacións novas en Galicia para a construcción das pas, que poderán ser montadas nos aeroxeradores que se van utilizar por Seawest nos parques eólicos de que resulte autorizado.

Cadro I

Cadro de fabricación

compoñente

Compoñente% sobre

turbina

Empreg. o

F.T.

Emp./an

o(*)

Invest.

previsto

F.T.

(Mpta.)

Emprego

Subcontr.

Emp./ano

1Pas18,5
2Torres158450
3Multiplicador

7-14 (&)3050
4Xeradores
5Chasis4510
6Buxa (fundicmecanizado)31430
7Eixe (forxa e mecanizado)3,5610
8Coroa (forxa mecanizado outros

Compl.)

1-6 (&)3
9Freos
10Capota e protector de buxa3,56
11Control electrónico

compoñente

Compoñente% sobre

turbina

Empreg. o

F.T.

Emp./an

o(*)

Invest.

previsto

F.T.

(Mpta.)

Emprego

Subcontr.

Emp./ano

12Cables3,86
13Montaxe no taller43550
14Grupo Oleohi-

dráulic.

12
15Varios ou outros4,9610
Total69,2**A1=180200A2=27

(&) Se se considera o desenvolvemento máximo dos compoñentes multiplicador e coroa.

(*) Cifras de emprego directo con base en 50 mW/ano. Sen cuantifica-lo posible emprego directo con base en fabrica-las pas en Galicia.

(**) No caso de fabricar pas en Galicia cos condicionantes do anexo III.

A = A1 + A2 = 207 empregos/anos.

Cadro 2

Cadro de construcción, montaxe e transporte

Porcentaxe

de investimento

Estimación de

emprego

Construcción turbina54,5207
Obra civil e enxeñería (A)1891
Infraestructura eléctrica (B)732
Montaxe e transporte (C)415
Subtotal (A) + (B) + (C)29138
Total previsto de investimento

e emprego en Galicia (***)

83,5345

(***) Inclúe os aeroxeradores.

A porcentaxe de fabricación do aeroxerador por parte de Bazán será como mínimo o 69,2%, debendo superarse esta cifra se Bazán consegue que a fabricación do multiplicador e da coroa se desenvolva plenamente.

Así mesmo, a porcentaxe total do investimento que se vai realizar en Galicia (cadro 2) na que se inclúe:

Obra civil e enxeñería, infraestructura eléctrica e montaxe e transporte é aproximadamente do 29% sobre o total do investimento que se vai realizar, que xunto á porcentaxe correspondente á fabricación dos aeroxeradores, incluíndo as pas, podería alcanzar un 83,5% do total.

Por último, a participación con empresas galegas mediante transferencias tecnolóxicas e/ou Joint Venture ou calquera outro tipo de asociación será entre Empresa Nacional Bazán Fábrica de Turbinas e Bonus A/S de Dinamarca mediante un acordo de fabricación baixo licencia.

Gronograma de actuación industrial.

Neste apartado exponse de maneira resumida o calendario de compras/producción ca Empresa Nacional Bazán, S.A. proponse desenvolver para acada-la porcentaxe de fabricación/subministración na Comunidade Autónoma de Galicia e que se indicou ante

riormente. Nas porcentaxes inclúese a fabricación das pas pola futura planta de L.M. en Galicia.

Cadro 3

Mes/ano% de

fabricación en

Galicia

% acumuladaCompoñentes nº

Fase I (*)46,546,51**, 2, 5, 6, 7, 15
Fase II (*)1157,51**, 2, 5, 6, 7, 8, 10, 12, 13, 15
Fase III (*)11,769,21** 2, 3, 5, 6, 7, 8, 10, 12, 13, 15
Total69,269,2+12(&)

(&) Se se considera o desenvolvemento máximo dos compoñentes: multiplicador e coroa o % de fabricación será 81,2%.

(*) As tres fases están asociadas cada unha ás datas de autorización dos tres primeiros parques.

(**) Ver anexo III adxunto.

ANEXO III

DATOS QUE HAI QUE TER EN CONTA RESPECTO DO RESUMO DO PLAN INDUSTRIAL

A fabricación en Galicia das pas está condicionada á instalación dunha fábrica de pas L.M. por un terceiro.

854