Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 1996 Páx. 1.381

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0000029/1996, interposto por Julio César Cortiñas López e outra e María Olga González Rodríguez.

O 12 de xaneiro de 1996 á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000029/1996, interposto por Julio César Cortiñas López e outra María Olga González Rodríguez, contra resolución da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 20 de novembro de 1995, rexeitando recurso contra resolución da Delegación Provincial de Lugo, sobre non admisión para o C.P. San Antonio de Monforte de Lemos, ás fillas dos recorrentes.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e, emprázanse para que poidan comparecer autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1996.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

595