Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 1996 Páx. 1.381

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 51/1996, interposto por María Josefa Cedillo Pombo contra resolucións da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

Ponse en xeral coñecemento que, con esta data, se lle remite ó presidente da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o expediente recla

mado por esta en relación co recurso contencioso-administrativo nº 51/1996, interposto por María Josefa Cedillo Pombo, contra resolucións da Delegación Provincial na Coruña con datas 7-11-1995 e 27-11-1995, sobre adscrición do profesorado no colexio público de Viaño-Trazo, co fin de que poidan comparecer diante do dito tribunal, no prazo de nove días cantos aparezan como interesados nel, de conformidade co establecido no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, segundo a redacción dada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, sobre medidas urxentes de reforma procesual.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 1996.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

927