Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 1996 Páx. 1.380

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 57/1996, do 8 de febreiro, polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola obra de acondicionamento da estrada C-531. Treito: Celanova-Cortegada (1ª fase). Celanova-Vilavidal. Clave: N/OU/90.6.

Con data do 30 de xaneiro do 1996 o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto da obra: acondicionamento da

estrada C-531. Treito: Celanova-Cortegada (1ª fase). Celanova-Vilavidal. Clave: N/OU/90.6.

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración por estar incluída nas actuacións programadas dentro do itinerario con fondos da C.E. (INTERREG-II) e a súa incidencia na seguridade vial.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 8 da Lei 25/1988 do 29 de xullo, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de febreiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación no proxecto da obra: acondicionamento da estrada C-531. Treito: Celanova-Cortegada (1ª fase). Celanova-Vilavidal. Clave: N/OU/90.6.

Santiago de Compostela, oito de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

926