Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A Corporación Municipal, en sesión extraordinaria celebrada o 27 de decembro de 1995, prestou aprobación ás bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade de dúas prazas de admi

nistrativo de Administración xeral, incluídas na oferta de emprego público para 1995, polo sistema de promoción interna por concurso-oposición.

1ª Obxecto.

É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade, polo sistema de promoción interna por concurso oposición, de dúas prazas de administrativo de Administración xeral, incluídas na oferta de emprego público de 1995, clasificadas na escala de Administración xeral, subescala administrativa, corespondente ó grupo C, e dotada co soldo correspondente ó citado grupo C, nivel 18, trienios, pagas extraordinarias e retribucións complementarias, fixadas de acordo coa lexislación vixente, e de conformidade co disposto no Real decreto 364/1995, do 19 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de posto de traballo e promoción profesional.

A convocatoria publicarase integramente no BOP, e anunciarase un extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos, inseriranse soamente no primeiro dos boletíns citados.

2ª Requisitos.

Os aspirantes para tomar parte no concurso oposición, ademais de seren funcionarios deste concello, deberán reuni-los requisitos seguintes, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes:

a) Pertenecer á escala de Administración xeral, subescala de auxiliares deste concello.

b) Ter unha antigüidade de, polo menos, dez anos na mencionada subescala, tal como determina o Real decreto 364/1995, do 19 de marzo, ou de cinco anos e a superación dun curso específico de formación ó que se accederá por criterios obxectivos.

c) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función.

d) Non estar incurso en causa de incapacidade, segundo o disposto no artigo 36 do Regulamento de funcionarios de Administración local.

e) Non estar arredado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, comunidades autónomas ou entidades locais, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

3ª Solicitudes.

As instancias solicitando formar parte nas probas selectivas dirixiranse ó alcalde e presentaranse no rexistro xeral da corporación durante o prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ó de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, ou na forma establecida no artigo 66 da Lei de procedemento administrativo.

4ª Admisión de aspirantes.

Para seren admitidos á selección, bastará con que os aspirantes manifesten nas súas instancias que reúnen todas e cada una das condicións esixidas na base 2ª.

Finalizado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía presidencia aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos, que se fará pública no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e no BOP, concedendo un prazo de quince días para efectos de reclamacións. Se as houbese, serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que se publicará na forma indicada.

5ª Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgará as probas de que conste o concurso-oposición, estará constituído do seguinte xeito:

-Presidente: o da corporación ou membro dela en quen delegue.

-Secretario: o da corporación ou funcionario no que delegue.

-Vocais:

Un representante da Xunta de Galicia.

Un funcionario de carreira desginado pola corporación.

O xefe do servicio ó que está adscrita a praza.

Un delegado de persoal.

A designación dos membros do tribunal incluirá a dos respectivos suplentes e farase pública no BOP e no taboleiro de edictos da Casa do Concello, para efectos de recusacións.

O tribunal non poderá constituírse sen a asistencia, polo menos, de tres dos seus membros titulares ou suplentes. En todo caso, requírese a asistencia do presidente e do secretario, ou persoas nas que deleguen.

6ª Comezo e desenvolvemento das probas selectivas.

As probas selectivas non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data de publicación do extracto da convocatoria Boletín Oficial del Estado. Quince días antes da práctica do primeiro exercicio, anunciarase no BOP o día, hora e local no que terán lugar as probas e, poderánselles comunicar persoalmente ós aspirantes. A publicación dos sucesivos anuncios da celebración do segundo e seguintes exercicios faraá o tribunal cualificador no taboleiro de anuncios e celebración en único chamamento.

As probas selectivas consistirán nas seguintes:

* Fase de concurso:

-Por servicios prestados á Administración local na categoría de auxiliar administrativo do Concello de Fene: 0,5 puntos por ano, ata un máximo de 10 puntos.

-Por servicios prestados noutras administracións públicas, nas mesmas condicións sinaladas no apartado anterior: 0,2 puntos por ano, ata un máximo de 5 puntos.

-Curso de iniciación da lingua galega: 0,75 puntos.

-Curso de perfeccionamento da lingua galega: 1,50 puntos.

A acreditación dos servicios prestados efectuarase mediante certificación expedida polo ente público no que se prestasen os servicios.

A acreditación da realización dos cursos farase mediante certificado expedido ou homologado pola Dirección Xeral de Política Lingüística ou Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A valoración dos méritos, que se publicará dous días antes, como mínimo, do comezo da fase de oposición, farase de conformidade coa documentación que acheguen os aspirantes ó presentaren a solicitude de admisión ás probas, e os aspirantes deberán acadar unha puntuación mínima de 5 puntos para acceder á fase de oposición.

En ningún caso a puntuación obtida na fase de concurso poderá aplicarse para supera-los exercicios da fase de oposición.

* Fase de oposición:

-Primeiro exercicio: de carácter obrigatorio.

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de preguntas baseado no contido dos programas, durante o período máximo dunha hora.

-Segundo exercicio: de carácter obrigatorio.

Constará de tres supostos de carácter práctico desagregados en preguntas, entre as que haberá que escoller un. Estarán dirixidos a aprecia-la capacidade dos aspirantes para levar a cabo as tarefas administrativas relacionadas cos contidos das materias de dereito administrativo xeral, xestión de persoal e xestión financeira á que fai referencia o programa, e durante un período máximo de dúas horas.

Valoraranse especialmente neste exercicio a facultade de redacción e o nivel de formación xeral.

7ª Cualificación.

Tódolos exercicios obrigatorios cualificaranse ata un máximo de 10 puntos, e serán eliminados os que obteñan unha puntuación media inferior a 5 puntos.

A puntuación final será dada pola suma da puntuación obtida na fase de oposición e na do concurso, sempre e cando os aspirantes superen a fase de oposición coa puntuación mínima de cinco puntos, que é a puntuación mínima necesaria para superar cada un dos exercicios da fase de oposición.

O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó das prazas convocadas.

8ª Relación de aprobados. Presentación de documentos e nomeamento.

Rematadas as probas e e efectuadas as cualificacións, o tribunal publicará a lista de aprobados que non poderá ser superior ó número de prazas convocadas e elevará a dita relación á Presidencia

da Corporación para que se formule a correspondente proposta de nomeamento.

Os opositores propostos presentarán na secretaría do concello, dentro do prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación da lista de aprobados, os documentos acreditativos das condicións que, para tomar parte no concurso-oposición, se esixen na base segunda, e que son:

8.1. Fotocopia do DNI (que se presentará acompañado do orixinal para a súa compulsa).

8.2. Certificación acreditada de reuni-los requisitos esixidos nos apartados a) e b) da base 9ª.

8.3. Declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incapacidade ou inhabilitación para o exercicio de funcións públicas.

8.4. Certificado de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio da función.

8.5. Os que tivesen a condición de funcionarios estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, e deberán presentar certificación da corporación local á que pertenzan.

8.6. Dentro do prazo indicado e agás nos casos de forza maior, os opositores propostos que non presenten a súa documentación ou non reunisen os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que incorresen por falsidade na instancia solicitanto tomar parte na oposición.

8.7. No prazo dun mes, contado desde a notificación do nomeamento, os aspirantes nomeados deberán tomar posesión do seu cargo, prestando xuramento ou promesa de conformidade co disposto no Real decreto 707/1979, do 5 de abril, e quedarán en situación de cesante cando, sen causa de xustificada, non o fixesen dentro do prazo sinalado.

9ª Resolución de dúbidas.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para a boa orde da oposición. En todo o non previsto nestas bases, rexerá como supletorio o Regulamento xeral do ingreso de persoal ó servicio da Administración do Estado de 1984; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e demais normas aplicables.

10ª Impugnación da convocatoria e dos seus actos.

A presente convocatoria e as súas bases poderán ser recorridas mediante a interposición do oportuno recurso. Os actos administrativos derivados da convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Fene, 16 de xaneiro de 1996.

O alcalde

Rubricado

ANEXO

Grupo I

Tema 1. O Estado. Concepto. Elementos. Formas do Estado.

Tema 2. A división de poderes. Relación entre os poderes do Estado.

Tema 3. Principios xerais do procedemento administrativo. Normas reguladoras. Dimensión temporal do procedemento administrativo; días e horas hábiles; cómputo de prazos. Recepción e rexistro de documentos.

Tema 4. Fases do procedemento administrativo xeral. O silencio administrativo.

Tema 5. A teoría da invalidez do acto administrativo. Actos nulos e anulables. Validación. Revisión de oficio.

Tema 6. Os recursos administrativos. Clases. Recurso de alzada. Recursos de reposición. Reclamacións económico-administrativas.

Tema 7. Principios xerais e clases de contratos administrativos. A selección do contratista. Dereitos e deberes do contratista e da Administración.

Tema 8. Os dereitos reales administrativos. O dominio público. O patrimonio privado da Administración.

Tema 9. A intervención administrativa na propiedade privada. A expropiación forzosa.

Tema 10. O servicio público. Nocións xerais. Os modos de xestión dos servicios públicos.

Grupo II

Tema 11. Consideración económica da actividade financeira. Dereito financeiro. Os suxeitos da actividade financeira.

Tema 12. O gasto público e as súas clases. Control do gasto público. Idea xeral do gasto público en España.

Tema 13. Os ingresos públicos. Concepto e clases. O imposto. As taxas fiscais.

Tema 14. Principios inspiradores da Lei xeral tributaria.

Tema 15. O orzamento. Doutrina clásica e concepcións modernas acerca do orzamento. Idea xeral

do orzamento español.

Tema 16. A Lei xeral orzamentaria.

Grupo III

Tema 17. As formas de actividades das entidades locais. A intervención administrativa na actividade privada. Procedemento de outorgamento de licencias.

Tema 18. O servicio público na esfera local. Os modos de xestión dos servicios públicos. Consideración especial da concesión.

Tema 19. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída. Requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 20. Lexislación sobre réxime do solo e ordenación urbana. Os seus principios inspiradores. Competencia urbanística municipal.

Tema 21. Instrumentos de planeamento. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 22. Execución dos plans de ordenación. Sistemas de actuación urbanística. A clasificación do solo.

Tema 23. Intervención na edificación e uso do solo.

Tema 24. Facendas locais: clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais.

Tema 25. Réxime xurídico do gasto público local.

Tema 26. Os orzamentos locais. Contabilidade e contas.

0859