Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

EDICTO.

En execución do acordo deste Pleno Municipal con data 28 de decembro de 1995, onde se aprobou na súa fase inicial, o expediente de modificación puntual nº 3 das normas subsidiarias de planeamento urbanístico do concello, solicitada por Tomás Odilo Menor Laso e Antonio Gómez Maceda, e o proxecto do cal foi redactado pola arquitecta Mercedes Álvarez López, e consistentes na reclasificación dun terreo de solo non urbanizable, en solo urbano, sito en Ponte Noalla; queda exposto ó público na Secretaría Municipal, durante o prazo dun mes, co obxecto de que poidan formular reclamacións as persoas ou entidades interesadas.

Igualmente, aprobouse no referido Pleno, a suspensión de licencias de parcelación de terreos, edificación de obras maiores e domolicións no terreo afectado, por prazo de dous anos, extinguíndose este prazo, en todo caso, coa aprobación definitiva desta modificación.

O que se fai público, en cumprimento do disposto no artigo 114 do texto refundido da Lei de solo vixente, e artigo 128 do Regulamento de planeamento.

San Cibrao das Viñas, 23 de xaneiro de 1996.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa

1152