Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO da aprobación inicial da delimitación e do estudio de detalle dunha unidade de actuación en San Martín de Laraño.

O Pleno do Concello, en sesión do 29 de decembro de 1995, acordou aprobar inicialmente a delimitación e o estudio de detalle dunha unidade de actuación en San Martín de Laraño, promovidos por Castelar de Gestión, S.L., fixando como sistema de actuación o de compensación.

O ámbito da unidade é a parte da parcela nº 51 da concentración parcelaria de San Martín de Laraño, propiedade de Carmen Codesido Quintáns, afectado pola ordenanza 12.

Os expedientes expóñense ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo de 15 días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

O acordo de aprobación inicial do estudio de detalle comporta a suspensión, por un prazo máximo de dous anos do outorgamento de licencias para parcelacións, edificacións e derrubas no ámbito da unidade, ó abeiro do previsto no artigo 102.2º do texto refundido da Lei do solo.

Contra o acordo de suspensión de licencias pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir da data de publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1996.

O alcalde

Rubricado

517