Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a contratación da redacción do proxecto e execución das obra de electrificación e tracción da liña de tranvía do Paseo Marítimo de Orillamar e a 1ª fase do museo-cocheiras do tranvía, vía de enlace, así como subministración e instalación de subestación e liña aérea eléctrica correspondente á explotación do devandito tranvía.

Obxecto: redacción do proxecto e execución das obras de electrificación e tracción da liña de tranvía do Paseo Marítimo de Orillamar e a 1ª fase do museo-cocheiras do tranvía. Vías de enlace, así como subministración e instalación de subestación e liña aérea eléctrica correspondente á explotación do devandito tranvía. (Ref. 096/4).

Orzamento: 445.000.000 de pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional, 8.900.000 ptas.; definitiva, 4% do orzamento.

Clasificación esixida: grupo A, subgrupo 1, categoría f. Grupo C, subgrupos 2, 4, 6, 9, categoría f. Grupo D, subgrupos 1, 3, 4, categoría f. Grupo I, subgrupos 1, 4, 5, 6 categoría f.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«Don/Dona..., veciño/a de..., con enderezo en..., provisto/a de DNI nº..., en representación de..., con enderezo en... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso para a contratación da redac

ción do proxecto e execución das obras de instalación de liña aérea no traxecto do tranvía polo Paseo Marítimo de Orillamar, cocheiras e vía de enlace, así como subministración e instalación de subestación eléctrica e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que xunto.

Data e sinatura do/a propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en catro sobres pechados en horas de 9 a 13 horas no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso previo o cumprimento dos requisitos sinalados no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, rematando ás trece horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Nos anversos dos sobres consignarase: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación da redacción do proxecto e execución das obras de electrificación e tracción da liña de tranvía do Paseo Marítimo de Orillamar e a 1ª fase do museo-cocheiras do tranvía, vías de enlace, así como subministración e instalación de subestación e liña aérea eléctrica correspondente á explotación do devandito tranvía».

Prego de condicións e documentación técnica: poderán ser examinados e retirada copia na Unidade de Obras e Concesións, 2ª planta do Pazo Municipal, Praza de María Pita, nº 1, 15001 A Coruña. Teléfono 18 42 19, ou na copistería que se indique nesta oficina municipal.

Apertura de plicas: a apertura das proposicións económicas será realizada pola mesa de contratación en acto público e terá lugar nas casas consistoriais ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación, que, no caso de resultar sábado, se entenderá prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

A Coruña, 6 de febreiro de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

387