Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación da obra con expediente 401/1996.

Expediente nº: 401/1996.

Obxecto. reforma para laboratorios. E.T.S. Enxeñeiros Agrónomos.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 3.807.522 ptas. IVE incluído.

Garantía provisoria: 76.150 ptas.

Este expediente foi declarado de tramitación urxente por Resolución Rectoral do 12 de febreiro de 1996.

A capacidade de obrar acreditarase de acordo co disposto no prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica:

A solvencia técnica acreditarase por:

-Certificación expedida polo órgano da Administración correspondente, na que se faga constar que a empresa realizou, dentro dos últimos cinco anos, obras de natureza análoga á do concurso, a plena satisfacción.

Cando o licitador executase, durante os cinco últimos anos, algunha obra de natureza análoga para a Universidade de Santiago de Compostela, o certificado deberá referirse, necesariamente, ás ditas obras.

-Títulos académicos e experiencia do empresario e dos cadros da empresa e, en particular, do ou dos responsables das obras.

-Declaración na que se indique a maquinaria, material e equipo técnico do que disporá o empresario para a execución das obras.

-Declaración na que se indiquen os efectivos persoais medios anuais da empresa e a importancia dos seus equipos directivos durante os tres últimos anos.

-Declaración na que se indiquen os técnicos ou as unidades técnicas, estean ou non integradas na empresa, dos que esta dispoña para a execución das obras.

Solvencia económica e financeira:

A solvencia económica e financeira acreditarase por:

-Informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

-tratándose de sociedades, presentación de balances, no suposto de que a publicación destes sexa obrigatoria nos estados onde aquelas se encontren establecidas.

-Declaración relativa á cifra de negocios global e das obras, subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Se, por razóns que se deben xustificar, un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas, poderá acredita-la súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada como suficiente pola Universidade de Santiago de Compostela.

No suposto de persoas xurídicas dominantes dun grupo de sociedades, poderanse ter en conta as sociedades pertencentes ó grupo para os efectos de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica ou profesional, ou da correspondente clasificación, se é o caso, da persoa xurídica dominante, sempre e cando esta acredite que ten efectivamente á súa disposición os medios das ditas sociedades necesarios para a execución do contrato.

Os criterios que se utilizarán para adxudicación do contrato son:

-O 50 % da puntuación darase en función do prezo ofertado.

-O 40 % da puntuación darase en función da solvenica técnica.

-O 50 % da puntuación darase en función prazo de execución ofertado.

A documentación para participar no concurso poderá ser consultada ou retirada na copistería Copynino, Xeneral Pardiñas, 2, Galerías, Santiago de Compostela.

As propostas presentaranse nos rexistros xerais da Universidade (rectorado, praza do Obradoiro s/n, ou no rexistro do Campus Universitario de Lugo, situado no polígono de Fingoi, s/n pavillón 4 do complexo da Facultade de Veterinaria de Lugo).

O prazo de presentación das proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil, ás 12 horas da mañá, na sala de xuntas da Casa da Balconada, Rúa Nova, 6, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 1996.

P.D. (R. 14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

1138